Ar­tu­ro Re­gue­ra, cer­van­tis­ta

La Voz de Galicia (Vigo) - - Opinión - XESÚS ALONSO MON­TE­RO Pre­si­den­te da Real Aca­de­mia Ga­le­ga

Ar­tu­ro Re­gue­ra Ló­pez (Lu­go, 1945) é co­ñe­ci­do nos ce­nácu­los ga­le­gos po­lo seu tra­ba­llo como un dos se­cre­ta­rios máis cul­tos da Gran En­ci­clo­pe­dia Ga­le­ga. Des­de a súa xu­bi­la­ción como pro­fe­sor de In­for­má­ti­ca nun Ins­ti­tu­to de Santiago, vi­ve en Por­tu­gal, en Grân­do­la, na Grân­do­la do can­tau­tor Jo­sé Afon­so, de quen foi gran ami­go. Os máis ache­ga­dos co­ñe­cen ben as in­que­dan­zas, como lec­tor, de Ar­tu­ro Re­gue­ra, que van, por exem­plo, da lí­ri­ca ga­le­go-por­tu­gue­sa a Va­lle-In­clán ou de Cer­van­tes a Cas­te­lao (el foi o pri­mei­ro en des­cu­brir un xe­run­dio con­xu­ga­do nun re­la­to do es­cri­tor de Rian­xo). En can­to a Va­lle, cóns­ta­me que, en 1969, pre­so po­lí­ti­co en Fe­rrol, ini­ciou a tra­du­ción ga­le­ga de Di­vi­nas pa­la­bras. O ano pa­sa­do, Re­gue­ra pu­bli­cou un­ha do­cu­men­ta­da mo­no­gra­fía so­bre o con­fli­to po­lí­ti­co do en­co­ro de Cas­tre­lo de Mi­ño.

Des­de hai dous me­ses, o Ins­ti­tu­to Cer­van­tes de Lis­boa ofre­ce un­ha Mos­tra bi­blio­grá­fi­ca na que se amo­san do­ce das ca­tor­ce tra­du­cións por­tu­gue­sas (de Por­tu­gal) que exis­ten do Qui­xo­te. A pri­mei­ra das ex­pos­tas (Por­to, 1876-1878), obra dos vis­con­des de Cas­til­ho e Aze­ve­do e de Pin­hei­ro Cha­gas, con­ta­ba coas ilus­tra­cións de Gus­ta­ve Do­ré. Ar­tu­ro Re­gue­ra, o co­lec­cio­nis­ta e res­pon­sa­ble da Mos­tra, non dis­pu­xo de nin­gún exem­plar da pri­mei­ra edi­ción, un­ha anó­ni­ma apa­re­ci- da en Lis­boa no ano 1794.

Nun díp­ti­co in­for­ma­ti­vo moi pe­da­gó­xi­co Re­gue­ra con­fe­sa que o que o le­vou a con­ver­ter­se en co­lec­cio­nis­ta cer­van­tino foi a súa cu­rio­si­da­de por un­ha ex­pre­sión que apa­re­ce na pri­mei­ra pá­xi­na da no­ve­la, «due­los y que­bran­tos», que era o que o ca­ba­lei­ro xan­ta­ba nos sá­ba­dos. So­bre es­ta ex­pre­sión, tan pre­sen­te nos ano­ta­do­res de Cer­van­tes, pu­bli­cou Re­gue­ra hai dous anos un ar­ti­go no que ex­pli­ca por que os ovos con to­rres­mos re­ci­bían un no­me tan críp­ti­co ( Ho­me­na­xe a Mo­des­to Her­mi­da, Vi­go, Ir In­do, 2015). Ta­mén nos in­for­ma de que a súa cer­van­to­fi­lia na­ceu en Lu­go, no cur­so 1960-1961, nas cla­ses de Li­te­ra­tu­ra es­pa­ño­la do ca­te­drá­ti­co da­quel cen­tro.

No díp­ti­co ci­ta­do, Ar­tu­ro Re­gue­ra fai ob­ser­va­cións moi ati­na­das so­bre os tra­du­to­res por­tu­gue­ses do Qui­xo­te, no­mea­da­men­te so­bre a do gran no­ve­lis­ta Aqui­lino Ri­bei­ro (Lis­boa, 1954), tra­du­ción moi li­bre, tan­to que tra­du­ce «En un lu­gar de la Man­cha, de cu­yo nom­bre no quie­ro acor­dar­me» por «Em cer­to lu­gar da Man­cha, o no­me aman­hã o di­rei». A tra­du­ción de Aqui­lino sus­ci­tou tal po­lé­mi­ca que na edi­ción de 1959 de­fí­nea como «ver­são». É nes­ta ver­sión on­de re­xei­ta, pa­ra «due­los y que­bran­tos», «uma fri­ta­da de car­ne fu­ma­da» por «uma fri­ta­da de ovos con toi­cin­ho», «ver­sión mu­cho más pró­xi­ma del ori­gi­nal».

Con es­ta Mos­tra so­bre os Qui­xo­tes por­tu­gue­ses no Ins­ti­tu­to Cer­van­tes de Lis­boa, Ar­tu­ro Re­gue­ra, ga­le­go in par­ti­bus non in­fi­de­lium, en­tra de cheo na his­to­ria do cer­van­tis­mo lu­si­ta­nis­ta.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.