Mai­nas vo­ces

La Voz de Galicia (Vigo) - - Cultura - Luís G. To­sar

Non hai como su­pe­rar un bai­xón de saú­de —en ga­le­go exis­te un­ha ex­pre­sión que xa nin­guén usa: pa­sar de amor­tu­xa­do a vi­ven­te— pa­ra re­pa­rar con maior aten­ción nas pe­que­nas e gran­des cou­sas que es­tán aí, á no­sa bei­ra, ó pé no­sa, sen que ape­nas lle pres­te­mos aten­ción. O 19 de de­cem­bro de 1997, La Voz de Ga­li­cia aga­sa­llou ós seus lectores cun abies. É di­cir, cun­ha co­ní­fe­ra, fa­mi­lia das pi­na­ceae, non cal­que­ra pi­ñei­ro, o que vén sen­do un abe­to, abe­te, on­da nós. Pe­que­rre­chi­ño, non máis de cin­co cen­tí­me­tros de lon­go, me­ti­do nun tes­to, ta­mén di­mi­nu­to. Lem­brei ho­xe quen mo de­ra, Car­los Varela, xor­na­lis­ta ami­go, e cha­meino pa­ra fa­lar e re­fres­car o acor­do. Como que si, can­do re­ma­te es­te 2017, o abe­to da Voz —como eu lle cha­mo— fa­rá vin­te anos. Pú­xeno con aga­ri­mo e ti­ven an­sia dil ata que me­drou por ri­ba da mi­ña ca­be­za, lo­go, fun­me dei­xan­do... Ár­bo­re fei­ta e de­rei­ta, to­po con ela so­bre to­do can­do es­cri­bo, ó er­guer a vis­ta. Tan afei­to es­ta­ba a ve­la tras a fies­tra trans­mi­tín­do­me, tan­to po­la frou­ma co­ma po­las pi­nas, un­ha sen­sa­ción man­se­li­ña e des­can­sa­da, que ca­se es­que­ce­ra a súa his­to­ria. Así nos pa­sa cos li­bros máis que­ri­dos, man­té­mo­los vi­vos na me­mo­ria, pe­ro só re­cu­pe­ra­mos o re­gus­to fí­si­co, no pa­dal, no cor­po en­tei­ro, coa re­lec­tu­ra.

Vol­vín, nas in­ter­mi­na­bles ho­ras de hos­pi­tal, a No­va­lis e a Höl­der­lin, a Dic­kens, a Ma­cha­do de As­sis e Horacio Qui­ro­ga, a Pay­ró e Bor­ges, a Igle­sia Al­va­ri­ño, Cun­quei­ro e Ca­sa­res. Ven­to fe­ri­do e Oli­ver Twist, O alie­nis­ta, El al­moha­dón de plu­mas e Pa­go chi­co, los Him­nos a la no­che, Fer­vor de Bue­nos Ai­res e Có­ma­ros ver­des… E ta­mén ti­ven va­gar pa­ra ti­rar da car­tei­ra uns can­tos pa­pe­li­ños on­de vou ris­can­do pa­la­bras: abru­ñei­ro, ma­ca­reu, es­ta­fer­mo, frun­cias… No me­dio di­les, apa­re­ceu­me un ras­cu­ño fei­to o pri­mei­ro de de­cem­bro pa­sa­do du­ran­te un ac­to poé­ti­co no IES Blan­co-Amor de Ou­ren­se. Ali­cia no país da poe­sía, lu­mi­no­so agro­mar de vo­ces con en­can­to, sa­bor da te­rra es­tre­me­ci­da na Cos­mo­go­nía de Ia­go Gon­zá­lez Gar­cía que me con­mo­veu en­tei­ro, fó­ra e den­tro. Dei­xo ei­quí os meus ollos des­can­sa­dos no can­to de Nu­ria Gon­zá­lez Ro­ble­do, Inés Ou­to­mu­ro, Da­niel Alonso Lo­ren­zo, Ro­ber­to Ron… Mai­nas tras a tem­pes­ta­de. Gra­ci­ñas, Ol­ga No­vo, dé­bo­che un ca­ra­vel ver­me­llo.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.