Por que lles cha­man re­fu­xia­dos?

La Voz de Galicia (Vigo) - - Opinión - MERCEDES SAN­TIA­GO SOUTULLO. SAN­TIA­GO.

Se non lles dan re­fu­xio. Os se­ño­res da guerra de­ci­di­ron que a uns can­tos paí­ses ha­bía que lles cam­biar o go­berno. Era o me­llor pre­tex­to pa­ra fa­cer­se con eles: co gas na­tu­ral e o ou­ro de Li­bia (o país máis po­bre do mun­do an­tes de Ga­da­fi e que che­gou a ser o máis ri­co de Áfri­ca). Ob­se­sio­ná­ron­se coa si­tua­ción in­me­llo­ra­ble da fer­mo­sa Si­ria, con Iraq, ri­co en pe­tró­leo, o ber­ce da ci­vi­li­za­ción, o país en­tre ríos (Me­so­po­ta­mia). Co­bi­za­ron os te­sou­ros ocul­tos de Af­ga­nis­tán, con xa­ce­men­tos de co­bre, ou­ro, fe­rro, pe­dras pre­cio­sas... Es­tes paí­ses ri­cos en re­cur­sos non ti­ñan, po­rén, o po­der dos in­va­so­res, que os des­truí­ron ma­lia a re­sis­ten­cia he­roi­ca que ofre­ce­ron ata o fi­nal. As per­soas que fu­xi­ron des­ta bar­ba­rie bus­ca­ron re­fu­xio en Oc­ci­den­te e ato­pa­ron pro­me­sas de que­da­bén, fal­sas es­pe­ran­zas e un to­tal aban­dono. Cun ci­nis­mo per­ver­so, fi­xe­ron crer que a ve­lla Eu­ro­pa, so­li­da­ria e bon­da­do­sa, abri­ría­lles as por­tas, des­pois de sa­quea­los e des­truí­los. Moi­tos e moi­tas in­dig­ná­mo­nos dian­te de­sas rin­glei­ras de xen­te que non pa­re­cen ir a nin­gu­res, pe­ro can­tas pro­tes­ta­mos can­do os in­va­dían e bom­bar­dea­ban? Moi­tos ce­le­bra­ban a che­ga­da da pri­ma­ve­ra da man dal­gún per­so­na­xe in­fluín­te da so­cie­da­de, pe­chan­do os ollos dian­te de tal bar­ba­rie. Eu­ro­pa es­que­ce as ma­sas in­xen­tes que non hai tan­to es­ca­pa­ban dos na­zis, de­rro­ta­dos, por cer­to, po­lo glo­rio­so exér­ci­to da Unión So­vié­ti­ca na batalla de Sta­lin­gra­do, no ano 1943. Basta xa de in­xe­ren­cias e ma­sa­cres dos po­bos so­be­ra­nos!

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.