Non se aca­bou

La Voz de Galicia (Vigo) - - Opinión - MA­RÍA CANOSA

Vé­xoo. É un fil­me per­fec­to. Co­me­za cun mo­zo agar­dan­do na por­ta do cár­ce­re. Sae un an­cián de moi bo as­pec­to, bron­cea­do po­lo sol, so­rrin­do. Ca­mi­ña tran­qui­lo, len­to, só, co as­pec­to de ser un ho­me res­pec­ta­ble que vi­ve coa con­cien­cia tran­qui­la, cun­ha calma que lle in­va­de o cor­po e a men­te.

Non apu­ra o pa­so, co­ma se non pre­ci­sa­se de­sa li­ber­da­de que aca­ba de aca­dar. Os dous ho­mes dan­se un­ha aper­ta, forte. Nin moi lon­ga, nin de­ma­sia­do cur­ta. A xus­ta. De­sas aper­tas que te­ñen a lon­xi­tu­de exac­ta por­que en­tre as per­soas que a con­for­man es­tá to­do di­to, en­tén­den­se, non pre­ci­san máis.

Son avó e ne­to. So­ben ao co­che. Quen aban­do­na o cár­ce­re des­pois dun­ha pro­lon­ga­da es­tan­cia é o pri­mei­ro. Quen con­du­ce, o ou­tro. Non lles re­bor­da a ale­gría. Un ric­to de se­rie­da­de in­va­de a es­ce­na.

De sú­pe­to, o an­cián ten un te­lé­fono. Non que­da cla­ro se llo aca­ban de dar ou o traía de den­tro do cár­ce­re. Ma­né­xao con sol­tu­ra. A con­ver­sa que man­tén é cur­ta, con­ci­sa, con­cre­ta. Cor­ta a co­mu­ni­ca­ción axi­ña. E os dous ocu­pan­tes do vehícu­lo mí­ran­se cóm­pli­ces. O ve­llo asen­te, o mo­zo fai o mes­mo. E, por fin, so­rrín, co­ma se a adre­na­li­na os do­mi­na­se, co­ma se es­ti­ve­sen a pi­ques de dar ou­tro gol­pe. Así é. Por­que to­do oco­rre, mais fó­ra da pe­lí­cu­la, na realidade. Vi­vi­mos a au­xe do re­la­to do rei­na­do dos nar­cos ga­le­gos que do­mi­na­ron o país nos anos 90 e to­do re­xor­de. Si­to Mi­ñan­co hai uns me­ses, Ma­nuel Char­lín hai un­has ho­ras.

Non se aca­bou. Se­guen aí, desafian­do tem­po e pa­cien­cia. Mi­nan­do vi­das. Sal­tan­do con­cien­cias.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.