Cha­pu­zas de Ren­fe

La Voz de Galicia (Vigo) - - Opinión - MA­RI­NA MA­YO­RAL

Ren­fe anun­ciou que os trens des­de Ma­drid a Galicia fa­rían par­te da via­xe en au­to­bús des­de o 3 ao 6 de agos­to por obras do AVE. Eu cam­biei o meu bi­lle­te pa­ra o día 7, con­fir­mei a vés­pe­ra que non ha­bía in­ci­den­cias e dis­pú­xen­me a go­zar do ve­rán ga­le­go. Non foi fá­cil. Na es­ta­ción de Cha­mar­tín, os es­ca­sos mem­bros do ser­vi­zo de Aten­do fo­ron des­bor­da­dos no con­trol de equi­pa­xes por pa­sa­xei­ros apre­su­ra­dos, que non res­pec­ta­ban a prio­ri­da­de que te­ñen as per­soas con mi­nus­va­lías. Moi­tos via­xei­ros co­rrían pa­ra co­ller un bo si­tio pa­ra a súa equi­pa­xe, co­mo nos tem­pos da pos­gue­rra. Era só o co­me­zo.

Aos dous mi­nu­tos de par­tir, o re­vi­sor anun­ciou: des­de Za­mo­ra se­gui­rán en au­to­bús ata o pun­to de des­tino. Máis que cha­pu­za, aqui­lo era un en­gano ma­ni­fes­to. Os via­xei­ros, aba­ti­dos, pre­gun­ta­ban: «Ta­mén os de Lu­go?» Si, to­dos. Na mo­der­na es­ta­ción de Za­mo­ra, de­ce­nas de per­soas con equi­pa­xes pe­sa­das co­lap­sa­ron un es­trei­to as­cen­sor que de­bía ache­gar­nos aos au­to­bu­ses. Un mem­bro de Aten­do aban­do­nou o ca­rro das equi­pa­xes di­cin­do: «Te­ñen que em­pu­xar vos­te­des». Alí que­dá­mo­nos un se­ñor de 95 anos con in­su­fi­cien­cia res­pi­ra­to­ria, a es­po­sa dou­tro en ca­dei­ra de ro­das, eu cun om­brei­ro le­sio­na­do, e a mi­ña ami­ga Adria­na, ta­mén en reha­bi­li­ta­ción, pe­ro que, cun en­tu­sias­mo a pro­ba de Ren­fe, em­pu­xou e ma­no­brou un ca­rri­ño con seis ma­le­tas e tres mo­chi­las pa­ra che­gar ao au­to­bús. A via­xe, me­llor non lles con­to. Me­nos mal que ao che­gar a Lu­go es­pe­rá­ba­nos Mau­ro, co seu ta­xi im­pe­ca­ble, a súa con­du­ción tran­qui­la e a súa ama­bi­li­da­de. Por fin em­pe­za­mos a go­zar, a pe­sar de Ren­fe, do ve­rán ga­le­go.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.