O es­pa­zo e o es­pec­tro ra­dio­eléc­tri­co

La Voz de Galicia (Vigo) - - Opinión - XA­VIER AL­CA­LÁ

Un pre­si­den­te do Go­berno es­pa­ñol (Jo­sé Ma­ría Az­nar) creou un con­fli­to in­for­ma­ti­vo: tei­ma­ba co «es­pa­cio ra­dio­eléc­tri­co». Con­fun­día Az­nar o es­pa­zo fí­si­co con es­pec­tro ra­dio­eléc­tri­co, dous con­cep­tos ata hai pou­co ben se­pa­ra­dos e di­fe­ren­cia­dos, sen co­li­sións en­tre eles.

Un pre­si­den­te de Go­berno (e xe­fe de Es­ta­do) su­r­ame­ri­cano (Ni­co­lás Ma­du­ro) veu en­ga­dir con­fu­sión por un su­pos­to aten­ta­do con­tra a súa per­soa con «abe­llóns me­cá­ni­cos» car­ga­dos de ex­plo­si­vos, o cal dá pa­ra fa­lar­mos de al­go gra­ve.

Fó­ra de in­ten­cións mag­ni­ci­das, os «dro­nes» po­den pro­vo­car desas­tres ao co­li­di­ren con ae­ro­na­ves tri­pu­la­das: as súas ba­te­rías es­tou­ran den­tro das tur­bi­nas dos avións pro­vo­can­do que­bras de ála­bes.

Sen tan­to dra­ma­tis­mo, po­den ter ac­ci­den­tes sin­xe­los co­ma, por exem­plo, os de­ri­va­dos de ba­te­ren con­tra un­ha re­de eléc­tri­ca.

O que ho­xe preo­cu­pa a pi­lo­tos e en­xe­ñei­ros de te­le­co­mu­ni­ca­ción é que os drons se­xan ma­ne­xa­dos con sis­te­mas de ra­dio nun­ha zo­na «li­be­ra­da» do es­pec­tro ra­dio­eléc­tri­co: a das vul­ga­res re­des de área lo­cal (Wi­Fi).

Co­me­za­ran co­ma xo­gue­tes com­par­tin­do esas fre­cuen­cias, o que dá lu­gar a in­ter­fe­ren­cias e po­si­bles des­víos de ru­ta que po­den re­sul­tar moi pe­ri­go­sos.

Se­gun­do se pro­fe­sio­na­li­zan, ur­xe asig­nar «fre­cuen­cias pa­ra drons» que per­mi­tan re­gu­lar o tráfico aé­reo, ten­do en con­ta to­do o que voa —con per­soas ou sen elas— e as re­la­cións en­tre pi­lo­tos a bor­do e pi­lo­tos (de drons) en te­rra.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.