«O bu­te­lo é o no­so re­cla­mo»

O re­xe­dor des­ta­ca a fa­ma da que go­za es­te pro­du­to en Ga­li­cia e no nor­te de Es­pa­ña

La Voz de Galicia (Viveiro) - Especial1 - - Festa do butelo - LUIS CON­DE

Ar­ge­lio Fer­nán­dez, al­cal­de da Fon­sa­gra­da, con­vi­da aos lu­cen­ses a go­zar un ano máis da Fei­ra do Bu­te­lo, que se ce­le­bra es­ta fin de se­ma­na nes­ta lo­ca­li­da­de. O re­xe­dor des­ta­ca o even­to co­mo ex­ce­len­te car­ta de pre­sen­ta­ción pa­ra o mu­ni­ci­pio. Ata A Fon­sa­gra­da che­ga­rá pú­bli­co de Ga­li­cia, As­tu­rias, Cas­te­la e León e Can­ta­bria.

—¿Co­mo se pre­sen­ta a Fei­ra do Bu­te­lo diste ano?

—Pre­sén­ta­se con moi­ta ilu­sión, por­que se tra­ta dun cer­ta­me que es­tá to­tal­men­te con­so­li­da­do. É un gran re­cla­mo pa­ra o no­so mu­ni­ci­pio, por­que nos vi­si­ta­rá xen­te de to­da Ga­li­cia, As­tu­rias, Cas­te­la e León e Can­ta­bria. A Fon­sa­gra­da re­ben­ta­rá por to­dos os la­dos. Es­ta­mos fa­lan­do dun­ha fei­ra re­co­ñe­ci­da e con pres­ti­xio

—¿Por que aín­da non es­tá re­co­ñe­ci­da ofi­cial­men­te co­mo Festa de In­tere­se Tu­rís­ti­co?

—Non o sa­be­mos. Xa fi­xe­mos a so­li­ci­tu­de no seu in­tre, coa co­rres­pon­den­te do­cu­men­ta­ción, pe­ro na Xun­ta di­xé­ron­nos que non reunía os re­qui­si­tos. A is­to hai que en­ga­dir a xu­bi­la­ción de Jo­sé Mou­ri­ño Cuba, que era quen es­ta­ba le­van­do es­te te­ma, e po­la súa mar­cha pa­re­ce que es­tá apar­ca­do. Eu non sei se exis- ten mo­ti­vos pa­ra non acep­tar o que lle en­via­mos, pe­ro po­do di­cir que vol­ta­re­mos in­ten­ta­lo nas vin­dei­ras da­tas. A Fei­ra do Bu­te­lo da Fon­sa­gra­da me­re­ce es­te re­co­ñe­ce­men­to.

—¿Co­mo de­fi­ni­ría o bu­te­lo da Fon­sa­gra­da?

—É un pro­du­to que le­va cos­te­la e pe­les do co­cho, to­do ade­re­za­do con pe­men­to, allo e sal. Ten un pro­ce­so de ma­ce­ra­ción de dous a tres días. Hai que ama­sa­lo un­ha vez ao día. Lo­go, em­bú­te­se nos ca­be­ros do co­cho, e o bu­te­lo fai­se no seu es­tó­ma­go. Es­ta­mos fa­lan­do dun pro­ce­so de ela­bo­ra­ción to­tal­men­te tra­di­cio­nal. En to­das as ca­sas da Fon­sa­gra­da se fai o bu­te­lo.

—¿Que ob­xec­ti­vo per­se­gue a fei­ra?

—É un mer­ca­do pro­mo­cio­nal, no que da­mos a co­ñe­cer o no­so pro­du­to es­tre­la. Ade­mais, ten un com­po­ñen­te de ven­da, por­que es­ta fin de se­ma­na van­se co­mer­cia­li­zar moi­tos bu­te­los, que irán pa­rar a dis­tin­tas par­tes de Ga­li­cia e do nor­te de Es­pa­ña.

—¿Pó­de­se con­su­mir bu­te­lo nos res­tau­ran­tes da Fon­sa­gra­da ho­xe e ma­ñá?

—Por su­pos­to. En to­dos os res­tau­ran­tes ofré­ce­se un pla­to com­ple­to de co­ci­do, que le­va ca­chu­cha, chou­ri­zo, bu­te­lo, la­cón, ver­du­ra, pa­ta­cas e gar­ban­zos. To­do ade­re­za­do con bo vi­ño, pan e pos­tre. O pre­zo do prato as­cen­de a vin­te­cin­co eu­ros. O bu­te­lo ten o seu ca­ché na gastronomía ga­le­ga.

—¿A quen lle en­tre­ga­rán es­te ano o bu­te­lo de ou­ro?

—Nes­ta edi­ción fa­re­mos en­tre­ga do bu­te­lo de ou­ro a oi­to gai­tei­ros, que re­co­lle­ron pe­zas tra­di­cio­nais de dan­za e can­tos da Fon­sa­gra­da. É un agra­de­ce­men­to a to­dos eles por man­ter vi­vo o es­pí­ri­to da mú­si­ca po­pu­lar. En­tre­ga­ré­mos­lle un di­plo­ma e un pin de ou­ro a ca­da un.

—¿Can­tos anos le­van fa­cen­do en­tre­ga des­te ga­lar­dón?

—Es­te é o ter­cei­ro ano. Sem­pre bus­ca­mos xen­te que es­tea re­la­cio­na­da coa Fon­sa­gra­da e que le­ve tra­ba­lla­do po­la zo­na.

—¿Que lle di aos lu­cen­ses?

—Que nos vi­si­ten. Van go­zar de dous días fan­tás­ti­cos, por­que ade­mais de pro­bar es­te bu­te­lo, ta­mén po­de­rán vi­si­tar e go­zar do no­so pa­tri­mo­nio cul­tu­ral e na­tu­ral.

«O ob­xec­ti­vo da fei­ra é pro­mo­cio­nar e co­mer­cia­li­zar un pro­du­to es­tre­la»

FO­TO ÓSCAR CE­LA

El al­cal­de pro­mo­cio­na el bu­te­lo

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.