In memoriam, don José Gea Es­co­lano

Fé­lix Vi­lla­res Mou­tei­ra, Vi­ca­rio xe­ral des­de 1999 ata 2005

La Voz de Galicia (Viveiro) - Especial1 - - Portada -

Don José Gea Es­co­lano, Bis­po Emé­ri­to de Mon­do­ñe­do-Fe­rrol aca­ba de dei­xar­nos, aca­ba de ser cha­ma­do por Deus Pai pa­ra esa mo­ra­da que lle ti­ña pre­pa­ra­da –co­mo di­xo Xe­sús- des­de o co­me­zo do mun­do. O seu pa­sa­men­to aca­ba de ter lu­gar na ci­da­de de Va­len­cia.

Don José che­ga­ba á dio­ce­se de Mon­do­ñe­do-Fe­rrol na tar­de do ca­tor­ce de xu­ño de 1987, des­pois de ter si­do pri­mei­ro bis­po au­xi­liar na súa Va­len­cia na­tal e máis tar­de, bis­po ti­tu­lar de Ibi­za. Foi bis­po da no­sa dio­ce­se du­ran­te de­zaoi­to anos, ata 2005.

Nes­te mo­men­to, non vou fa­cer –non son quen pa­ra iso- un­ha va­lo­ra­ción do seu pon­ti­fi­ca­do, no que hai lu­ces e som­bras co­ma en to­da obra hu­ma­na. Vou li­mi­tar­me a dar uns da­tos ob­xec­ti­vos do seu pon­ti­fi­ca­do. A va­lo­ra­ción xa o pa­so do tem­po e a his­to­ria se en­car­ga­rán de fa­ce­la.

Vou ten­tar de sin­te­ti­zar nun­ha du­cia de pun­tos o seu la­bor á fron­te da se­de de san Ro­sen­do. Sei que non é doa­do sin­te­ti­zar en pou­cas li­ñas to­do o la­bor dun pas­tor á fron­te dun­ha dio­ce­se du­ran­te un pe­río­do tan lon­go de tem­po. Pe­ro hai que in­ten­tar fa­ce­lo.

1) Foi un­ha cons­tan­te do seu pon­ti­fi­ca­do a súa preo­cu­pa­ción po­las vocacións sacerdotais e po­las vocacións á vi­da con­sa­gra­da. Nun­ca re­ga­teou os me­dios ne­ce­sa­rios nin ó Se­mi­na­rio Me­nor nin ó Maior. Nos de­zaoi­to anos or­de­nou trin­ta no­vos sa­cer­do­tes.

2) Ou­tra preo­cu­pa­ción foi a aten­ción ós sa­cer­do­tes maio­res e en­fer­mos. Vi­si­tá­baos con fre­cuen­cia tan­to nas súas ca­sas co­ma can­do es­ta­ban in­gre­sa­dos nos hos­pi­tais. Nes­te as­pec­to hai que su­bli­ñar a re­mo­de­la­ción dun­ha par­te do Se­mi­na­rio Me­nor de Mon­do­ñe­do pa­ra fa­cer un­ha re­si­den­cia sa­cer­do­tal na que se ato­pa­sen có­mo­dos, aten­di­dos e aco­lli­dos nos de­rra­dei­ros anos da súa vi­da. Ta­mén hai que des­ta­car o con­cer­to coa Clí­ni­ca Uni­ver­si­ta­ria de Na­va­rra pa­ra a aten­ción es­pe­cia­li­za­da ós sa­cer­do­tes. 3) A res­tau­ra­ción do pa­tri­mo­nio ar­qui­tec­tó­ni­co e cultural da dio­ce­se foi un­ha das súas tei­mas: Así fi­xé­ron­se tres­cen­tas vin­te e cin­co in­ter­ven­cións das que duas­cen­tas se­sen­ta e tres fo­ron en igre­xas, se­sen­ta e dúas en ca­sas reito­rais e com­ple­xos pa­rro­quiais. A es­tas obras hai que en­ga­dir as do Teo­lo­ga­do dio­ce­sano en San­tia­go de Com­pos­te­la, as obras de res­tau­ra­ción e re­mo­de­la­ción do Se­mi­na­rio Me­nor de Mon­do­ñe­do, as do Ar­qui­vo Dio­ce­sano, as das ofi­ci­nas da cu­ria e as da re­si­den­cia epis­co­pal en Mon­do­ñe­do e as obras le­va­das a ca­bo na Do­mus Ec­cle­siae de Fe­rrol.

4) Ou­tros dos as­pec­tos im­por­tan­tes do seu la­bor pas­to­ral fo­ron as dúas Vi­si­tas Pas­to­rais nas que per­co­rreu, un­ha por un­ha, as ca­tro­cen­tas vin­te e ca­tro pa­rro­quias que na­quel mo­men­to con­fi­gu­ra­ban a dio­ce­se de Mon­do­ñe­do-Fe­rrol. 5) A preo­cu­pa­ción po­la ca­te­que­se, que o le­vou a pu­bli­car va­rios ca­te­cis­mos, di­ver­sos li­bros e fo­lle­tos, foi ou­tra das súas gran­des tei­mas.

6) Pro­mo­veu a ad­qui­si­ción do Asi­lo “Mi Ca­sa” de Fe­rrol pa­ra aten­der ás per­soas maio­res máis ne­ce­si­ta­das e con me­nos re­cur­sos eco­nó­mi­cos.

7) Fi­xo pre­sen­te a voz da Igre­xa nos me­dios de co­mu­ni­ca­ción so­cial: ra­dio, te­le­vi­sión e pren­sa es­cri­ta. Nes­te sen­so, hai que di­cir que foi o im­pul­sor da fo­lla dio­ce­sa­na Dumio que aín­da es­tá a ver a luz ca­da úl­ti­mo xo­ves do mes, co­mo o fo­ra an­tes de Cru­cei­ro. 8) In­sis­tiu na re­no­va­ción li­túr­xi­ca e na dig­na ce­le­bra­ción dos sacramentos, so­bre to­do, do da Eu­ca­ris­tía.

9) Co­la­bo­rou a ani­mou ó re­lan­za­men­to da Se­ma­na San­ta de Fe­rrol des­de o punto de vis­ta pas­to­ral e de aten­ción ós con­fra­des.

10) A don José ta­mén se lle de­be a in­tro­du­ción na dio­ce­se da Or­de das Vir­xes Con­sa­gra­das e do Dia­co­na­do Per­ma­nen­te.

11) Ou­tro ei­do im­por­tan­te da súa ac­ti­vi­da­de son os seus múl­ti­ples es­cri­tos en­tre os que es­tán va­rios li­bros e duas­cen­tas cin­cuen­ta e oi­to Cartas Pas­to­rais nas que se mos­trou co­ma de­fen­sor da vi­da e dos va­lo­res do Evan­xeo e da tra­di­ción da Igre­xa.

12) Por úl­ti­mo, cóm­pre si­na­lar os seus es­for­zos pa­ra le­var adian­te a cons­tru­ción do Com­ple­xo Pa­rro­quial de Ca­ran­za que ho­xe en día e xa un­ha reali­da­de. Ago­ra a don José tó­ca­lle des­can­sar de to­dos os tra­ba­llos e re­ci­bir de par­te de Deus o pre­mio ó seu la­bor a prol dos de­mais. Des­can­se na paz do Se­ñor.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.