A Bi­blio­te­ca do Se­mi­na­rio de Mon­do­ñe­do (e 2)

La Voz de Galicia (Viveiro) - Especial1 - - Portada -

Po­de­mos di­cir que é a xoia da Bi­blio­te­ca do Se­mi­na­rio de Mon­do­ñe­do é un Có­di­ce ma­nus­cri­so­bre per­gameo. Ten as se­guin­tes me­di­das 15x11x2,5 cm. Es­tá da­ta­do, se­gun­do os téc­ni­cos, a fi­nais do sécu­lo XIII e le­va por tí­tu­lo Le­gen­da Maior. Trá­ta­se da vi­da de San Fran­cis­co de Asís, com­pos­ta ca­ra a 1263 po­lo mes­tre xe­ral dos fran­cis­ca­nos San Bue­na­ven­tu­ra, por en­car­go da pro­pia or­de. Ao tex­to da Le­gen­da acom­pá­ñao un­ha com­pi­la­ción de milagres do san­to. Des­ta obra, só se con­ser­van tres exem­pla­res en Es­pa­ña: en To­le­do, Se­vi­lla e Mon­do­ñe­do. Des­ta­ca non só a coida­da ela­bo­ra­ción se­nón as le­tras ca­pi­tais ilu­mi­na­das. Es­ta obra es­ti­vo nos úl­ti­mos anos en tres ex­po­si­cións: no ano 2012, na ci­da­de da Cul­tu­ra de San­tia­go de Com­pos­te­la, na tí­tu­la­da “Có­di­ces”. No ano 2014 es­ti­vo en Asís (Ita­lia) e no Pa­zo de Fon­se­ca en San­tia­go den­tro das ex­po­si­cións or­ga­ni­za­das co ga­llo dos oi­to­cen­tos anos da pe­re­gri­na­ción de San Fran­cis­co de Asís a San­tia­go. A Bi­blio­te­ca do Se­mi­na­rio con­ta con máis de vin­te in­cu­na­bles. Son en con­cre­to, vin­te e un e tres du­bi­do­sos. Co­mo to­do o mun­do sa­be son in­cu­na­bles os li­bros edi­ta­dos des­de a in­ven­ción da im­pren­ta por Gu­ten­ber (1440) ata o ano 1.500. Ata a in­ven­ción da im­pren­ta os li­bros eran co­pia­dos ma­nual­men­te fun­da­men­tal­men­te nos mos­tei­ros. Al­gúns dos in­cu­na­bles da bi­blio­te­ca do Se­mi­na­rio min­do­nien­se te­ñen as le­tras ca­pi­tais de­bu­xa­das e ilu­mi­na­das a man en va­rias co­res, ou­tros té­ñe­nas gra­va­das e ou­tros, te­ñen oco pa­ra as ini­ciais, pe­ro, ó fi­nal, que­da­ron sen fa­cer. O in­cu­na­ble máis an­ti­go da­ta de 1477: trá­ta­se da

de San­to Tho­mas de Aquino, im­pre­so en Ve­ne­cia. Un­ha obra im­por­tan­te que hai nes­ta Bi­blio­te­ca é un­ha Bi­blia políglota en seis gran­des to­mos que foi im­pre­sa en Lon­dres nos ta­lle­res de Bria­nus Wal­to­nus, no ano 1657. Son uns volumes gran­des (46 x 30 x 10) Cons­ta dos tex­tos ori­xi­nais he­brai­cos, sa­ma­ri­ta­nos, cal­deos e gre­gos, coas ver­sións an­ti­gas se­guin­tes: sa­ma­ri­ta­na, cal­dea, Vul­ga­ta La­ti­na, etió­pi­ca, si­ria­ca, gre­ga dos se­ten­ta, ará­bi­ca, pér­si­ca Do sécu­lo XVI hai nes­ta bi­blio­te­ca do Se­mi­na­rio min­do­nien­se mil cen­to quin­ce volumes e dez mil volumes dos sécu­los XVII e XVIII. O res­to son a maio­ría do sécu­lo XIX. No ano 2014 fo­ron di­xi­ta­li­za­das de­za­seis obras do sécu­lo XV cun to­tal de oi­to mil oi­to­cen­tas vin­te e cin­co pá­xi­nas e cen­to no­ven­ta e se­te de sécu­lo XVI con cen­to cin­co mil cen­to se­sen­ta pá­xi­nas. O que fai un to­tal de cen­to tre­ce mil no­ve­cen­tas oi­ten­ta e cin­co pá­xi­nas di­xi­ta­li­za­das ás que po­de ac­ce­der no re­po­si­to­rio ins­ti­tu­cio­nal da Bi­blio­te­ca Di­xi­tal de Ga­li­cia, Ga­li­cia­na. Es­ta di­xi­ta­li­za­ción foi po­si­ble gra­cias a un­has sub­ven­cións do Mi­nis­te­rio de Cul­tu­ra e da Depu­tación Pro­vin­cial de Lugo.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.