«Un re­cla­mo idó­neo pa­ra nós»

O re­xe­dor de Ta­boa­da con­si­de­ra o cal­do de ósos co­mo a me­llor pro­mo­ción pa­ra o mu­ni­ci­pio

La Voz de Galicia (Viveiro) - Especial1 - - Entrevista - LUIS CON­DE

Oal­cal­de de Ta­boa­da, Ramiro Mou­re, des­ta­ca a im­por­tan­cia que ten a Fes­ta do Cal­do de Ósos pa­ra a pro­mo­ción da Ri­bei­ra Sa­cra. Con­si­de­ra que es­te pra­to é o me­llor em­bai­xa­dor pa­ra Ta­boa­da. O re­xe­dor in­sis­te que a ubi­ca­ción do cer­ta­me en pleno en­troi­do foi un­ha de­ci­sión moi acer­ta­da, o que pro­vo­ca ca­da ano un­ha maior afluen­cia de pú­bli­co.

—¿Co­mo se pre­sen­ta a fes­ta?

—Moi ani­ma­da, por­que es­pe­ra­mos con­tar con bo tem­po. Po­lo que co­ñe­ce­mos te­mos que di­cir que hai moi­tas re­ser­vas nos res­tau­ran­tes de Ta­boa­da pa­ra de­gus­tar o me­nú da fes­ta, que ten un pre­zo de de­zaoi­to eu­ros.

—¿Cal é a fi­lo­so­fía do cer­ta­me gas­tro­nó­mi­co?

—A fi­lo­so­fía da Fes­ta do Cal­do de Ósos é pro­mo­cio­nar un pra­to ex­qui­si­to con moi­ta tra­di­ción no no­so mu­ni­ci­pio. Con es­te pro­du­to axu­da­mos a pro­xec­tar Ta­boa­da e a Ri­bei­ra Sa­cra no res­to de España e do mun­do. Hai que ter en con­ta que moi­ta xen­te que nos vi­si­ta es­ta fin de se- ma­na apro­vei­ta pa­ra go­zar das no­sas po­ten­cia­li­da­des pai­sa­xís­ti­cas, his­tó­ri­cas e mo­nu­men­tais.

—Acer­ta­ron ubi­can­do a fes­ta en pleno en­troi­do.

—Acer­ta­mos to­tal­men­te, por­que fa­ci­li­tou un­ha maior afluen­cia de pú­bli­co. Ago­ra, to­da a xen­te que que­re vir xa pla­ni­fi­ca o seu ca­len­da­rio, e pon un­ha xis o do­min­go de en­troi­do pa­ra vir á Fes­ta do Cal­do de Ósos. Te­ño que di­cir que es­ta­mos á al­tu­ra dos me­llo­res cer­ta­mes gas­tro­nó­mi­cos de Ga­li­cia.

—¿Que no­vi­da­des pre­sen­ta es­ta edi­ción?

—Man­te­mos a es­tru­tu­ra de an­te­rio­res edi­cións. En­ten­do que non te­mos que cam­biar o que fun­cio­na.

—¿Que os le­vou a eli­xir a Pá­ra­mo Pic­tu­res co­mo pre­goei­ros?

—Nós sem­pre apos­ta­mos pa­ra o pre­gón por per­soei­ros que te­ñan re­la­ción con Ta­boa­da. Nes­te ca­so, e a ins­tan­cia dos hos­ta­lei­ros do mu­ni­ci­pio eli­xi­mos a Da­ni Mo­rei­ras e a Iván Ca­pón, com­po­ñen­tes do gru­po Pá­ra­mo Pic­tu­res. Po­lo que me co­men­ta­ron, o pre­gón le­va­rá un­ha par­te se­ria e ou­tra máis sim­pá­ti­ca.

—¿On­de po­de­rá mer­car o pú­bli­co pro­du­tos da zo­na?.

—Na ex­po­si­ción de po­du­tos do agro e de­ri­va­dos do por­co, que se ce­le­bra ma­ñá du­ran­te to­do o día na Pra­za de Ria­zón. Aí po­de­rán ato­par car­ne de por­co, pan ar­te­sán, tar­tas de amén­doa, ga­lle­tas de Xián, au­gar­den­te de Ta­boa­da e vi­ños da Ri­bei­ra Sa­cra. Ade­mais, te­rán a oportunidade de de­gus­tar o cal­do de ósos ma­ñá a un­ha e me­dia do me­dio­día por xen­ti­le­za do gre­mio de hos­ta­le­ría de Ta­boa­da.

—¿Re­cor­da co­mo co­me­zou o cer­ta­me?

—A idea xes­tou­se no in­tre no que co­me­za­ron a to­mar pro­ta­go­nis­mo as fei­ras mo­no­grá­fi­cas de pro­du­tos tí­pi­cos de ca­da mu­ni­ci­pio e co­mar­ca. Da­que­la con­si­de­ra­mos que era un bo ca­mi­ño pa­ra pro­mo­cio­nar Ta­boa­da, e por iso apos­ta­mos po­lo cal­do de ósos, que sem­pre foi o no­so pra­to es­tre­la. Non nos equi­vo­ca­mos, por­que ho­xe es­ta fes­ta gas­tro­nó­mi­ca é o no­so me­llor re­cla­mo.

—¿Que ac­tua­cións es­tán le­van­do a ca­bo na ac­tua­li­da­de?

—Es­ta­mos tra­ba­llan­do na pos­ta en mar­cha do po­lí­gono in­dus­trial. Afron­ta­mos a pri­mei­ra fa­se, da que saí­ron quin­ce par­ce­las. In­ves­tí­ron­se uns 146.000 eu­ros, e ago­ra mes­mo es­ta­se a tra­ba­llar na elec­tri­fi­ca­ción.

—¿Co­mo es­tán as in­fraes­tru­tu­ras do mu­ni­ci­pio?

—Den­tro do Plan de Obras e Ser­vi­zos da Depu­tación aco­me­te­mos o acon­di­cio­na­men­to e o as­fal­ta­do de va­rias es­tra­das e pis­tas. Con­cre­ta­men­te, tra­ba­lla­mos nas de Mo­re­da de Abai­xo, Xián, Vi­le­la e Mou­re. Es­ta­mos ne­go­cian­do con va­rias con­se­lle­rías o reacon­di­cio­na­men­to da rúa Prin­ci­pal de Ta­boa­da, que es­tá bas­tan­te de­te­rio­ra­da. Nuns días pro­ce­de­ra­se a as­fal­ta­la de no­vo.

—¿Co­mo so­lu­cio­na­rán o pro­ble­ma de fa­lla de ins­ta­la­cións pa­ra que poi­dan ades­trar e xo­gar to­dos os equi­pos de Ta­boa­da?

—Te­mos o com­pro­mi­so do pre­si­den­te da Depu­tación, Darío Cam­pos, de con­tar con fon­dos pa­ra cons­truír un cam­po de her­ba ar­ti­fi­cial na Me­de­la. Se­ría no ac­tual te­rreo de xo­go, e ba­ra­lla­mos un or­za­men­to que es­tá en torno aos 300.000 eu­ros. Hai que es­pe­rar a que se apro­ben as con­tas da Depu­tación, e es­pe­ro que se man­te­ña o com­pro­mi­so.

—¿Que men­sa­xe lle tras­la­da aos lec­to­res?

—Con­ví­doos a que se ache­guen es­ta fin de se­ma­na a Ta­boa­da, por­que go­za­rán dun pra­to úni­co na pro­vin­cia de Lu­go. Ao mes­mo tem­po po­de­rán vi­si­tar dis­tin­tos lu­ga­res do no­so mu­ni­ci­pio, en­cra­va­do no co­ra­zón da Ri­bei­ra Sa­cra. Se ve­ñen non se arre­pen­ti­rán.

El al­cal­de, Ramiro Mou­re

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.