«Son vi­ños con­so­li­da­dos»

O re­xe­dor de Chan­ta­da des­ta­ca a acep­ta­ción na­cio­nal e in­ter­na­cio­nal dos cal­dos da sub­zo­na

La Voz de Galicia (Viveiro) - Especial1 - - Feira do viño de chantada - LUIS CON­DE

Oal­cal­de de Chan­ta­da, Ma­nuel Va­re­la, con­si­de­ra a Fei­ra do Vi­ño co­mo un im­por­tan­te ele­men­to pro­mo­cio­nal da Ri­bei­ra Sa­cra. O re­xe­dor fai fin­ca­pé nas no­vi­da­des que pre­sen­ta o cer­ta­me es­te ano.

—¿Co­mo se pre­sen­ta a fei­ra?

—Con moi­ta ani­ma­ción, ten­do en con­ta o bo tem­po que imos ter e a ca­li­da­de dos vi­ños que es­ta­rán no cer­ta­me. Que­ro des­ta­car que nes­ta oca­sión te­re­mos un­ha de­mos­tra­ción de vi­ti­cul­tu­ra ro­ma­na cun­ha das cohors de le­xio­na­rios do Ar­de Lu­cus, que lle da­rá co­lo­ri­do.

—¿Cal é a fi­na­li­da­de do cer­ta­me?

—A pro­mo­ción dun dos prin­ci­pais ele­men­tos di­na­mi­za­do­res da eco­no­mía da co­mar­ca, co­mo é o vi­ño. Na fei­ra, ade­mais de es­ta­ble­cer con­tac­tos en­tre ade­guei­ros e po­si­bles com­pra­do­res, ta­mén se ven­de un­ha par­te im­por­tan­te da co­llei­ta. Tras o sec­tor gan­dei­ro, o vi­ño é a se­gun­da fon­te de ri­que­za de Chan­ta­da. Te­ño que di­cir que a fei­ra es­tá con­so­li­da­da, tan­to po­la ca­li­da- de co­mo po­la can­ti­da­de de vi­ño que se ela­bo­ra na no­sa sub­zo­na. Ta­mén con­tri­búe que ha­xa moi­ta xen­te es­ta fin de se­ma­na a Su­bas­ta de Gan­do Fri­són e a Mos­tra dos Co­mer­cian­tes.

—¿Que des­ta­ca­ría dos vi­ños?

—Son vi­ños que te­ñen moi­ta acep­ta­ción, tan­to no ám­bi­to na­cio­nal co­mo in­ter­na­cio­nal. A fei­ra non é pa­ra ven­der o vi­ño da aña­da de ca­da ano, se­nón pa­ra da­lo a co­ñe­cer e pro­mo­cio­na­lo. O que si po­do di­cir é que os cal­dos da Ri­bei­ra Sa­cra pó­den­se equi­pa­rar cos da Rio­xa ou do Dou­ro. Pa­ra co­mer e cha­tear, os no­sos son os me­llo­res do mun­do. A súa gra­dua­ción per­mi­te be­be­los con tran­qui­li­da­de.

—Ve­ñen de pre­sen­tar un ví­deo pro­mo­cio­nal de Chan­ta­da, ¿que opinión lle me­re­ce?

—O ví­deo foi gra­va­do e edi­ta­do po­la em­pre­sa Pi­nan­cho Au­dio- vi­suais, e o seu di­rec­tor, Da­vid Váz­quez, fi­xo un gran tra­ba­llo. Can­do o es­ti­ven ven­do din­me con­ta que hai al­gun­has zo­nas do mu­ni­ci­pio que aín­da non co­ñe­zo. É un or­gu­llo ser al­cal­de de Chan­ta­da o ver es­te ti­po de ima­xes, moi­tas das ca­les son es­pec­ta­cu­la­res. Se­rá un­ha fe­rra­men­ta moi útil pa­ra con­ti­nuar pro­mo­cio­nan­do o no­so mu­ni­ci­pio.

—¿Que ac­tua­cións le­va­ron a ca­bo nos úl­ti­mos me­ses?

—Re­ma­ta­mos o ade­cen­ta­men­to da ave­ni­da de Mon­for­te, na que se in­ves­ti­ron 220.000 eu­ros. Xa es­tá lis­ta a Pra­za de Ga­li­cia, na que se fa­rá a fei­ra. En to­tal, fo­ron 76.000 eu­ros os que se gas­ta­ron ne­la, ten­do en con­ta que a man de obra saíu do obra­doi­ro de em­pre­go. Que­ro des­ta­car ta­mén que xa re­ma­ta­mos coa renovación da de­pu­ra­do­ra do po­lí­gono, un­ha ac­tua­ción que su­pu­xo un des­em­bol­so de 120.000 eu­ros.

—¿Que obras aco­me­te­rán a cur­to e me­dio pra­zo?

—Den­tro do plan de obras e ser­vi­zos (POS) in­ves­ti­ran­se 93.000 eu­ros nas bei­ra­rrúas da estrada de Mer­lán. Ta­mén ade­cen­ta­re- mos as da rúa Par­do Ba­zán. Que­re­mos le­var a ca­bo a ter­cei­ra fa­se do se­la­do do ver­que­doi­ro, no que se in­ves­ti­rán 100.000 eu­ros.

—¿Preo­cú­pa­lle o es­ta­do das obras da Au­to­vía Lu­go-Ourense?

—Moi­to. Por esa ra­zón, nas vin­dei­ras da­tas te­re­mos un­ha reunión os al­cal­des dos con­ce­llos afec­ta­dos pa­ra in­sis­tir na ne­ce­si­da­de de dar­lle un im­pul­so. É bá­si­co pa­ra con­ti­nuar di­na­mi­zan­do a eco­no­mía da co­mar­ca e pa­ra se­guir po­ten­cian­do o no­so po­lí­gono in­dus­trial. Ve­se tra­ba­llo na zo­na de San Mar­ti­ño, na Ba­rre­la, pe­ro ne­ce­si­ta­mos que is­to vaia máis rá­pi­do. Pa­ré­ce­me ben que se fa­le do Ave, pe­ro con­si­de­ro que as au­to­vías ta­mén son un­ha prio­ri­da­de.

—¿Con­tem­plan un­ha fu­tu­ra am­plia­ción do po­lí­gono?

—Es­ta­mos con­ten­tos co fun­cio­na­men­to do po­lí­gono, no que es­tán ins­ta­la­das un­has trin­ta em­pre­sas. A se­ma­na pa­sa­da fi­xé­ron­se re­ser­vas na depu­tación de tres par­ce­las máis. Po­si­ble­men­te, en dous ou tres anos te­re­mos que pen­sar ne­sa am­plia­ción.

—¿Que men­sa­xe lle tras­la­da aos lec­to­res?

—Un ano máis, con­ví­doos a que se ache­guen a Chan­ta­da a go­zar dun­ha in­ten­sa fin de se­ma­na. Me­re­ce a pe­na pro­bar es­tes ma­ra­bi­llo­sos cal­dos, ver a Su­bas­ta de Gan­do Fri­són e vi­si­tar a Mos­tra dos Co­mer­cian­tes. As xen­tes do no­so mu­ni­ci­pio son moi hos­pi­ta­la­rias, po­lo que to­dos se sen­ti­rán moi có­mo­dos ao vi­si­tar­nos.

«Ven­do o ví­deo pro­mo­cio­nal, te­ño que di­cir que é un or­gu­llo ser al­cal­de de Chan­ta­da»

Va­re­la, al­cal­de de Chan­ta­da

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.