Os cru­cei­ros e a Vir­xe das An­gus­tias

La Voz de Galicia (Viveiro) - Especial1 - - Dumio - Fé­lix Vi­lla­res Mou­tei­ra

En Ga­li­cia, se­gun­do din as cró­ni­cas, hai uns do­ce mil cru­cei­ros, que se po­de di­cir que son se­ña de iden­ti­da­de da pai­sa­xe e ta­mén ex­pre­sión da de­vo­ción po­pu­lar. O va­te da ra­za, Ra­món Ca­ba­ni­llas, ex­pli­ca dun xei­to poé­ti­co o na­ce­men­to dos cru­cei­ros en Ga­li­cia: “Can­do a pe­dra dur­mi­da e aco­cha­da / da Te­rra-Nai no ga­ri­mo­so seo / des­per­ta do seu sono mi­le­na­rio / e quer ser ora­ción e pen­sa­men­to, / fro­re­ce nun va­ral, es­ten­de os bra­zos, / e pón­do­se de pé fai­se cru­cei­ro”. Un cru­cei­ro es­tá for­ma­do por va­rias pe­zas que os can­te­iros en­cai­xa­ban un­has nou­tras pa­ra que non se de­rru­ba­sen. Nun cru­cei­ro po­de­mos dis­tin­guir as se­guin­tes par­tes:

-A Pla­ta­for­ma ou Ba­sa­men­to que nor­mal­men­te com­pon­se das Gra­das ou Es­ca­lóns e da Ba­se ou Pe­des­tal. As Gra­das ou Es­ca­lóns soen ter dous ou tres pa­sos. Po­lo xe­ral son de plan­ta cua­dran­gu­lar, an­que exis­ten al­gun­has oc­to­go­nais, trian­gu­la­res ou re­don­das. A Ba­se ou Pe­des­tal nor­mal­men­te é mo­no­lí­ti­ca con dúas par­tes: a in­fe­rior pa­ra­le­pí­pe­da e a su­pe­rior tron­co­pi­ra­midal. Na Ba­se é on­de soen es­tar as ins­cri­cións.

-A Co­lum­na ou Fus­te que ta­mén se cha­ma va­ra, va­ral, es­teo, mas­tro ou as­ta. As máis ha­bi­tuais son as oc­to­go­nais, as ci­lín­dri­cas e as ca­dra­das coas ares­tas re­bai­xa­das. Al­gun­has ve­ces o fus­te es­tá de­co­ra­do cos ins­tru­men­tos da pai­xón: cra­vos, mar­te­lo, lan­za ou es­pa­da, te­na­ces e es­ca­da.

-O Ca­pi­tel é im­po­si­ble de de­fi­nir po­la gran can­ti­da­de de for­mas. Nor­mal­men­te o ca­pi­tel é de for­ma tron­co­pi- ra­midal in­ver­ti­da, or­na­men­ta­do con vo­lu­tas nos vér­ti­ces su­pe­rio­res e con que­ru­bíns, viei­ras ou ro­se­tas nas ca­ras. Ou­tros ca­pi­teis pre­sen­tan am­plas mol­du­ras en na­ce­la e con ába­co acu­sa­do e ta­mén con ci­ma­rio e fi­le­tes. Hai­nos ta­mén de for­ma pa­ra­le­pí­pe­da con acu­sa­das mol­du­ras cón­ca­vas.

-A Cruz é a par­te prin­ci­pal do cru­cei­ro. Po­de ser de va­rios ti­pos: ca­dra­da, re­don­dea­da, ca­dra­da coas ares­tas re­bai­xa­das. Os ex­tre­mos dos bra­zos e da ca­be­cei­ra da cruz po­den ser: de ti­po de cruz flo­ren­za­da, en for­ma de ro­se­ta cua­dri­fo­lia, re­ma­tes en ro­sá­ceas, tre­voa­das, flor­li­sa­da... Al­gúns dos cru­cei­ros non te­ñen fi­gu­ras. Ou­tros te­ñen só a fi­gu­ra de Cris­to cra­va­do na cruz. Hai­nos que te­ñen na par­te pos­te­rior da cruz a Vir­xe Ma­ría ben nun­ha po­si­ción oran­te ou coa es­pa­da atra­ve­sán­do­lle o co­ra­zón. Va­rios te­ñen a Vir­xe Ma­ría con Xesús, xa mor­to, no seu co­lo. Cas­te­lao, que foi quen me­llor es­tu­diou os cru­cei­ros e as cru­ces de Ga­li­cia na súa mo­nu­men­tal obra As Cru­ces de pe­dra na Ga­li­za, es­cri­biu no li­bro Cou­sas: “A Vir­xe das An­gus­tias, en­cla­va­da no re­ver­so de moi­tas cru­ces de pe­dra, non é a Pie­dá dos es­cul­to­res; é a Pie­da­de crea­da po­los can­te­iros. Os no­sos can­te­iros, dei­xán­do­se le­var po­lo sen­ti­men­to, non po­dían ma­xi­nar un ho­me no co­lo da nai. Pa­ra os ar­tis­tas can­te­iros, Xe­su­cris­to sem­pre é pe­queno, sem­pre é o Neno, por­que é o Fi­llo, e os fi­llos sem­pre so­mos pe­que­nos nos co­los das no­sas nais”.

O ma­te­rial em­pre­ga­do nor­mal­men­te na cons­tru­ción dos cru­cei­ros é o gra­ni­to aín­da que as Gra­das ou Es­ca­lóns po­den ser de ca­cho­te­ría ou de ce­men­to. Os cru­cei­ros soen es­tar si­tua­dos nas en­cru­ci­lla­das dos ca­mi­ños, nos adros das igre­xas, nos ce­mi­te­rios, á bei­ra das ca­pe­las, nos lin­des das pa­rro­quias, nos lu­ga­res on­de hou­bo un­ha mor­te -po­lo xe­ral vio­len­ta-. Por iso, es­cri­biu Cas­te­lao “On­de hai un cru­cei­ro hou­bo sem­pre un pe­ca­do, e ca­da cru­cei­ro é un­ha ora­ción de pe­dra que fi­xo bai­xar o per­dón do Ceo, po­lo arre­pen­ti­men­to de que o pa­gou e po­lo gran sen­ti­men­to de quen o fi­xo”. Ta­mén hai cru­cei­ros e cru­ces eri­xi­dos co ga­llo dun­ha mi­sión ou por de­vo­ción dun­ha per­soa ou, nos últimos tem­pos, por mo­ti­vos de­co­ra­ti­vos e or­na­men­tais.

Os cru­cei­ros e as cru­ces son lu­ga­res de de­vo­ción e re­zo, lu­gar de en­te­rra­men­to de fe­tos ou cria­tu­ras mor­tas pre­ma­tu­ra­men­te e sen bau­ti­zar, lu­gar de pa­ra­da de en­te­rros, lu­gar pe­ni­ten­cial ou de ob­ten­ción de in­dul­xen­cias, lu­gar de prác­ti­cas ofer­to­rias.

Pa­re­cer ser que o cru­cei­ro máis an­ti­go de Ga­li­cia é o de Me­li­de que é do sécu­lo XV e o máis es­pec­ta­cu­lar é o do Hío (Can­gas do Mo­rra­zo), pre­to da igre­xa de Santo An­dré. Pó­de­se di­cir que es­te cru­cei­ro é un­ha xoia da ar­te ba­rro­ca que per­co­rre a His­to­dia da Sal­va­ción des­de Adán e Eva ata o Des­cen­de­men­to de Xesús da Cruz, que vén sen­do a es­ce­na prin­ci­pal. Na dio­ce­se de Mon­do­ñe­do-Fe­rrol hai moi­tos cru­cei­ros sobre to­do na Te­rra Chá, fei­tos, un­ha gran par­te, po­la sa­ga dos Car­boei­ras da pa­rro­quia de Román (Vilalba). Coi­do que o máis com­ple­to é o cru­cei­ro de Lan­zán, si­to na pa­rro­quia vi­lal­be­sa de San­ta Ma­ría de Tar­da­de. Co­mo di Cas­te­lao “re­pa­ra­de nos cru­cei­ros al­deáns e des­cu­bri­re­des moi­tos te­sou­ros”

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.