Fa­ra­gu­llas

La Voz de Galicia (Viveiro) - Especial1 - - Dumio - Fé­lix Vi­lla­res Mou­tei­ra

PAS­CUA DIO­CE­SA­NA

O Real Se­mi­na­rio Con­ci­liar de San­ta Ca­ta­li­na de Mon­do­ñe­do vai aco­ller, do día do­ce, Mér­co­res Santo, ó de­za­seis de abril, Do­min­go de Pas­cua, a ce­le­bra­ción da Pas­cua Dio­ce­sa­na, bai­xo o le­ma “Cha­ma­dos á mi­sión”. Es­ta Pas­cua Dio­ce­sa­na es­tá aber­ta a to­das as ida­des e á po­si­bi­li­da­de de ir en fa­mi­lia. Nes­ta Pas­cua ha­be­rá di­ná­mi­cas e ce­le­bra­cións adap­ta­das a adul­tos, ra­pa­ces e ne­nos. As ce­le­bra­cións se­rán na San­ta Igre­xa Ca­te­dral Ba­sí­li­ca e al­gun­has se­rán pre­si­di­das po­lo bis­po da dio­ce­se, mon­se­ñor de las He­ras Ber­zal. Pa­ra apun­tar­se hai que man­dar a fi­cha de ins­crip­ción ó co­rreo pas­cua­dio­ce­sa­na­mon­do­ne­do­fe­rrol@gmail.com ou cha­man­do ós te­lé­fo­nos 670 548 021 ou 619 019 622. O pra­zo pa­ra apun­tar­se re­ma­ta o día quin­ce de abril. Or­ga­ni­zan a Se­cre­ta­ría Dio­ce­sa­na de Pas­to­ral e a De­le­ga­ción Epis­co­pal de Pas­to­ral Xu­ve­nil.

EN­CON­TRO DIO­CE­SANO E EN­CON­TRO FES­TI­VO-VO­CA­CIO­NAL

O sá­ba­do vin­te e no­ve de abril vai ter lu­gar no Real Se­mi­na­rio Con­ci­liar de San­ta Ca­ta­li­na de Mon­do­ñe­do o En­con­tro Dio­ce­sano de Pas­cua, que or­ga­ni­za a Se­cre­ta­ría Dio­ce­sa­na de Pas­to­ral e que es­tá aber­to a to­dos os que quei­ran par­ti­ci­par e ta­mén a XXII edi­ción do En­con­tro Fes­ti­vo-Vo­ca­cio­nal, que or­ga­ni­za a De­le­ga­ción de Pas­to­ral Vo­ca­cio­nal co le­ma “Cha­ma­dos a ser Dis­cí­pu­los e Mi­sio­nei­ros”. Am­bos En­con­tros se­rán si­mul­tá­neos e te­rán al­gun­has ac­ti­vi­da­des co­múns e ou­tras pro­pias. Se­gun­do as Ba­ses do En­con­troFes­ti­val as can­cións de­ben ter un­ha men­sa­xe vo­ca­cio­nal re­la­cio­na­da co le­ma e po­den ser en ga­le­go ou en cas­te­lán con ins­tru­men­ta­ción li­bre. To­dos os gru­pos que quei­ran par­ti­ci­par de­ben co­mu­ni­car por es­cri­to ou por e-mail a súa par­ti­ci­pa­ción ache­gan­do: no­me do gru­po, nú­me­ro de com­po­ñen­tes, lu­gar de pro­ce­den­cia, no­me e en­de­re­zo do res­pon­sa­ble do gru­po, tí­tu­lo da can­ción, co­pia da le­tra cos acor­des da mes­ma e gra­va­ción da mes­ma en for­ma­to di­xi­tal mp3 (is­to último non é obri­ga­to­rio). Ta­mén se po­de pre­sen­tar un Po­we­rPoint, un ví­deo ou un­ha re­pre­sen­ta­ción re­la­cio­na­dos co le­ma do en­con­tro-fes­ti­val. To­do is­to hai que en­via­lo, an­tes do quin­ce de abril, a: XXII Fes­ti­val da Can­ción Vo­ca­cio­nal. Rúa da Igre­xa, 5 – 15320 As Pon­tes (A Coruña) ou ó se­guin­te en­de­re­zo elec­tró­ni­co: fes­ti­val­can­cion­vo­ca­cio­nal.pvmf@gmail. com. Am­bos En­con­tros re­ma­ta­rá po­la tar­de cun­ha Eu­ca­ris­tía que pre­si­di­rá o bis­po da dio­ce­se, don Luís An­gel de las He­ras Ber­zal.

CURSIÑO DA HOAC

Os equi­pos da HOAC das dio­ce­ses de Mon­do­ñe­do-Fe­rrol e de Tui-Vi­go or­ga­ni­zan un cursiño sobre a Historia do Tra­ba­llo e do Mo­ve­men­to Obrei­ro que vai ter lu­gar des­de as dez ho­ras do sá­ba­do, día un de abril ata as ca­tor­ce ho­ras do dous de abril, do­min­go, na Ci­da­de dos Mu­cha­chos “Aga­ri­mo” de Ar­tei­xo. Os des­ti­na­ta­rios des­te cursiño son aque­les e aque­las que loi­tan po­la dig­ni­da­de das per­soas e o ben co­mún en dis­tin­tas or­ga­ni­za­cións so­ciais, sin­di­cais e po­lí­ti­cas, as per­soas en for­ma­ción ini­cial e os mi­li­tan­tes e sim­pa­ti­zan­tes da HOAC. O po­nen­te vai ser Fran­cis­co Por­car, mem­bro do Gru­po de Tra­ba­llo de For­ma­ción da HOAC. En­tre os ob­xec­ti­vos do cursiño es­tán: axu­dar a com­pren­der que ocu­rriu co tra­ba­llo hu­mano des­de as ori­xes do ca­pi­ta­lis­mo ata o día de ho­xe e va­lo­rar o tra­ba­llo co­ma un­ha ne­ce­si­da­de da per­soa e non co­ma un ins­tru­men­to da economía e axu­dar a com­pren­der co­mo o Mo­ve­men­to Obrei­ro res­pon­deu á des­hu­ma­ni­za­ción e ó em­po­bre­ce­men­to que o xei­to ca­pi­ta­lis­ta de en­ten­der e organizar o tra­ba­llo pro­vo­cou.

PU­BLI­CA­CIÓN DA RE­VIS­TA EC­CE HO­MO

Aca­ba de ver a luz Ec­ce Ho­mo, a re­vis­ta ofi­cial da Se­ma­na San­ta de Fe­rrol, co­rres­pon­den­te ó ano 2017, que edi­ta a Jun­ta Ge­ne­ral de Co­fra­días y Her­man­da­des de la Se­ma­na San­ta de Fe­rrol. Trá­ta­se dun­ha re­vis­ta de se­ten­ta e seis pá­xi­nas nas que, des­pois dos saú­das do bis­po da dio­ce­se de Mon­do­ñe­do-Fe­rrol, don Luís Án­gel de las He­ras Ber­zal, e Cé­sar Ca­rre­ño Yá­ñez, presidente da Jun­ta Ge­ne­ral de Co­fra­días, apa­re­ce o tex­to do pre­gón que Emilio Fer­nán­dez Díaz pro­nun­ciou o ano pa­sa­do 2016 e a pre­sen­ta­ción do pre­goei­ro de 2017, Fr. Jo­sé Anido Ro­drí­guez, O. de M.. A con­ti­nua­ción apa­re­cen os se­guin­tes tra­ba­llos: Fe­rrol, Se­ma­na San­ta y To­rren­te Ba­lles­ter do que é au­tor Jo­sé A. Pon­te Far; Abrien­do ca­mi­nos, de Pe­dro Ro­drí­guez Paz;

Ban­da Fe­rro­lá de Mú­si­ca, de Nar­ci­so Pi­llo Gue­rrei­ro; Se­ma­na San­ta de 1864

en Fe­rrol, de An­to­nio de la Igle­sia. Re­ma­ta a re­vis­ta cun re­su­mo fo­to­grá­fi­co das ac­ti­vi­da­des le­va­das adian­te no último ano e coas ima­xes do con­cur­so do car­tel de 2017.

PRE­GÓNS DE SE­MA­NA SAN­TA

Nas prin­ci­pais ci­da­des e vi­las da dio­ce­se, co ga­llo da Se­ma­na San­ta, te­rán lu­gar un­ha se­rie de pre­góns. Así o sá­ba­do pri­mei­ro de abril, en Fe­rrol, na Con­ca­te­dral de San Xiao, ás 20,30 ho­ras, pro­nun­cia­rá o pre­gón Fr. Jo­sé Anido Ro­drí­guez, O. de M.

O xo­ves 6 de abril, en Bu­re­la, na Igre­xa pa­rro­quial, ás 20 ho­ras te­rá lu­gar o pre­gón a car­go de Mons. Luís Án­gel de las He­ras Ber­zal cmf, bis­po da Dio­ce­se.

O sá­ba­do 8 de abril ha­be­rá os se­guin­tes pre­góns: en Or­ti­guei­ra, na Igre­xa pa­rro­quial, ás 20 ho­ras, fa­la­rá To­más Cau­la Villar, pin­tor y pro­fe­sor, na­tu­ral de Or­ti­guei­ra.

En Vi­vei­ro, no Tea­tro “Pas­tor Díaz”, ás 20,30 ho­ras pro­nun­cia­rá o pre­gón Per­fec­to Án­gel Pa­ra­par Tra­san­cos, director pro­du­ción Cer­dei­mar.

En San Mar­ti­ño – Foz, na Ba­sí­li­ca, ás 20 ho­ras, Mons. Luís Án­gel de las He­ras Ber­zal cmf, bis­po da Dio­ce­se, se­rá o en­car­ga­do de pre­goar a Se­ma­na San­ta.

En Fe­rrei­ra do Va­la­dou­ro, na Igre­xa pa­rro­quial, ás 19 ho­ras, pre­gón a car­go de An­to­nio Ro­drí­guez Ba­san­ta, vi­ca­rio xe­ral.

En Mon­do­ñe­do, na Ca­sa da Xu­ven­tu­de, ás 21 ho­ras, ta­mén o im­par­ti­rá o vi­ca­rio xe­ral, An­to­nio Ro­drí­guez Ba­san­ta.

En Ribadeo, na Pa­rro­quia San­ta Ma­ría do Cam­po, ás 21 ho­ras, Óscar San­tia­go San­mar­tín, sa­cer­do­te dio­ce­sano e de­le­ga­do epis­co­pal do cle­ro.

COMINICADO DA HOAC E DA JOC

O pa­sa­do día oi­to de mar­zo ce­le­brou­se o Día In­ter­na­cio­nal da Mu­ller Tra­ba­lla­do­ra co le­ma “Te­cen­do igual­da­de. ¡Non máis pre­ca­rie­da­de laboral!” Con es­te mo­ti­vo a HOAC e a JOC emi­ti­ron un co­mu­ni­ca­do no que din que non po­den ca­lar an­te a in­xus­ti­za so­cial, an­te a vio­la­ción dos de­rei­tos dos tra­ba­lla­do­res e tra­ba­lla­do­ras; que non po­den per­ma­ne­cer á mar­xe an­te a reali­da­de da vio­len­cia con­tra as mu­lle­res, e que non po­den con­ti­nuar uti­li­zan­do lin­gua­xes e prác­ti­cas ex­cluín­tes que xus­ti­fi­quen o em­po­bre­ce­men­to e a vio­len­cia con­tras as mu­lle­res. In­vi­tan ta­mén á so­cie­da­de a im­pli­car­se na de­fen­sa dun tra­ba­llo digno e esi­xen a go­ber­nos, ins­ti­tu­cións e or­ga­ni­za­cións so­ciais o in­cre­men­to de po­lí­ti­cas de igual­da­de.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.