DIO­CE­SE DE OU­REN­SE

La Voz de Galicia (Viveiro) - Especial1 - - Dumio -

FESTIVAIS DA CAN­CIÓN MISIONEIRA

Os Festivais da Can­ción Misioneira son un acon­te­ce­men­to na dio­ce­se de Ou­ren­se des­de hai 48 anos e un­ha pla­ta­for­ma de Evanxelización, por iso ani­man a par­ti­ci­par. É “máis que mú­si­ca”por­que aquí cán­ta­se un ideal... Es­te ano con­ví­dan­nos a po­ñer­nos en ca­mi­ño pa­ra se­guir a Xesús.

XOR­NA­DA DE FOR­MA­CIÓN PA­RA EDU­CA­DO­RES NA FE

O pa­sa­do mér­co­res 8 de mar­zo hou­bo un­ha xor­na­da de for­ma­ción ti­tu­la­da “In and out. Dou­che a Pa­la­bra” or­ga­ni­za­da po­la Vi­gai­ría da No­va Evanxelización e po­la editorial Edel­vi­ves.

Foi im­par­ti­da por Ri­car­do Gr­zo­na, dou­tor en Teo­lo­xía Ca­te­qué­ti­ca, con­sul­tor ca­tó­li­co das So­cie­da­des Bí­bli­cas Uni­das e di­ri­xiu pro­xec­tos pa­ra pro­mo­ver o uso da Bi­blia en­tre os mo­zos.

25 ANOS DA FUN­DA­CIÓN SAN RO­SEN­DO

A Fun­da­ción San Ro­sen­do ce­le­brou o xo­ves 2 de mar­zo o día do seu pa­trón, cun­ha xor­na­da moi es­pe­cial nes­te ano do seu 25 aniver­sa­rio. Ás 12:00 ho­ras co­me­za­ba a Ce­le­bra­ción Eu­ca­rís­ti­ca na Ca­te­dral, pre­si­di­da po­lo Bis­po de Ou­ren­se, Mon­se­ñor Lemos Mon­ta­net, con­tan­do coa asis­ten­cia dos bis­pos das ou­tras dio­ce­se ga­le­gas e o Car­de­nal Ar­ce­bis­po de Ma­drid, Mons. D. Carlos Oso­ro. A xor­na­da con­ti­nua­ba po­la tar­de cun con­cer­to de ór­gano na Ca­te­dral e cun­ha con­fe­ren­cia no Tea­tro Prin­ci­pal a car­go do Car­deal Ar­ce­bis­po de Ma­drid.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.