«O quei­xo su­pón un­ha gran axu­da á ‘Mar­ca Vi­lal­ba’»

Sa­lien­ta que o pro­du­to xe­ra va­lor en­ga­di­do po­los em­pre­gos, po­las ex­plo­ta­cións que ven­den lei­te e po­los trans­por­tis­tas que o re­co­llen

La Voz de Galicia (Viveiro) - Especial1 - - Queixo de san simón - X.M.PA­LA­CIOS

Ra­mil ten am­pla ex­pe­rien­cia no seu tra­ba­llo no Con­se­llo Re­gu­la­dor, e non du­bi­da en su­bli­ñar o va­lor, non só eco­nó­mi­co, do quei­xo de San Si­món da Cos­ta no te­ci­do so­cio­eco­nó­mi­co de Vi­lal­ba.

—Se se fa­la­se dun­ha «Mar­ca Vi­lal­ba», can­to con­tri­bui­ría o quei­xo de San Si­món da Cos­ta a esa mar­ca?

—Se­ría un­ha par­te moi im­por­tan­te, co­mo o ca­pón. Es­tá cla­ro que o quei­xo su­pón un­ha gran axu­da.

— O quei­xo dá­lle va­lor en­ga­di­do ao lei­te de ex­plo­ta­cións da co­mar­ca. Fa­lan­do da ima­xe de Vi­lal­ba e de Vi­la­ba en xe­ral, can­to va­lor en­ga­di­do, na súa opi­nión, lle dá o quei­xo?

—É un­ha fon­te de ri­que­za, non só pa­ra o quei­xo se­nón pa­ra ta­mén pa­ra a con­tor­na: son postos de tra­ba­llos, ex­plo­ta­cións gan­dei­ras ás que se lles re­co­lle o lei­te, trans­por­tis­tas que o re­co­llen... O círcu­lo é máis am­plo do que pa­re­ce, po­lo que o va­lor en­ga­di­do do quei­xo é gran­de.

—Imos 20 anos atrás: a fei­ra es­tá a co­me­zar, as quei­xe­rías co­me­zan a ac­ti­vi­da­de cun­ha no­va pers­pec­ti­va, dan­se pa­sos pa­ra con­se­guir re­co­ñe­ce­men­to ofi­cial do pro­du­to... Pen­sá­ba­se real­men­te que se po­de­ría ob­ter o ni­vel que se ten aca­da­do?

—Non. Can­do es­coi­tas fa­lar aos que na­que­les tem­pos co­me­za­ron o tra­ba­llo, din que se em­bar­ca­ban nun pro­xec­to sen sa­ber moi ben ca­ra on­de ían. Era un pro­xec­to de moi­to es­for­zo pa­ra a su­per­vi­ven­cia do pro­du­to, na­da máis. Ao in­cor­po­rar­se xen­te no­va, que ten ou­tra pers­pec­ti­va das cou­sas, aca­dá­ron­se uns ni­veis que non se pre­vían. E aín­da que pa­sa­ron 20 anos, es­ta­mos no co­me­zo do ca­mi­ño: can­to a pro­du­ción, o quei­xo ten aín­da moi­to ca­ra on­de me­drar, por­que o vo­lu­me de fa­bri­ca­ción é pe­queno.

—As quei­xe­rías xa son ho­xe, nal­gúns ca­sos, pe­que­nas ou me­dia­nas em­pre­sas. Es­tán máis ex­pos­tas a ris­cos ven­ce­lla­dos co mun­do em­pre­sa­rial que po­den ser pre­xu­di­ciais pa­ra o quei­xo?

—Creo que as quei­xe­rías es­tán a tra­ba­llar con sen­sa­tez. É xen­te que va­lo­ra o que ten e que non co­rre ris­cos in­ne­ce­sa­rios; ac­túa­se con sen­ti­do co­mún, pe­ro sen dei­xar de me­drar.

—Nun sec­tor co­mo o agroa­li­men­ta­rio, tan com­pe­ti­ti­vo e con anun­cios que van aso­cia­dos con gran­des ci­fras, ca­les son as po­si­bi­li­da­des de futuro das pe­que­nas quei­xe­rías?

—Se ofre­ces ca­li­da­de, sem­pre tes un oco no mer­ca­do; pe­ro se que­res pro­du­cir pa­ra gran­des em­pre­sas, é com­ple­xo.

De to­dos os xei­tos, hai mer­ca­do pa­ra to­dos por­que o pe­queno e o gran­de son mo­de­los dis­tin- tos e ca­da un ten o seu es­pa­zo. O que se de­be ten­tar é saír ca­ra fó­ra o máis po­si­ble, por­que se po­de ato­par un­ha mar­xe máis am­pla.

—O sal­to ao ex­te­rior é un­ha cues­tión da que se es­tá a fa­lar nos úl­ti­mos tem­pos. Es­tán as quei­xe­rías pre­pa­ra­das?

—O que hai que fa­cer é con­se­guir as cer­ti­fi­ca­cións que se esi­xen nou­tros paí­ses; asi po­de­ría­se res­pon­der a ese re­to. Pe­ro vol­ven­do ao que di­cía an­tes, hai que ir con sen­ti­do co­mún: non se po­de en­trar en mer­ca­dos que pi­den máis do que se po­de pro­du­cir; non se po­de abar­car máis do que se ten, por­que se­ría un fra­ca­so ao non res­pon­der ás ex­pec­ta­ti­vas que se po- ñen en ti.

—A fei­ra es­ta­se a con­ver­ter nun­ha ci­ta so­bre to­do lú­di­ca. Con­vén dar­lle máis for­za á par­te fes­ti­va?

—Ho­xe é un­ha fes­ta de exal­ta­ción. Se se pro­fe­sio­na­li­za­se máis, non sei cal se­ría a res­pos­ta; pe­ro qui­zais se de­be­ría en­saiar al­go por aí, or­ga­ni­zan­do xor­na­das téc­ni­cas. Ese é un mun­do moi gran­de. E can­do fa­lo de pro­fe­sio­na­li­zar a fei­ra, non me re­fi­ro a re­du­ci­la só a pro­fe­sio­nais­se­nón a traer xen­te que ex­po­ña ex­pe­rien­cias e ache­gue in­for­ma­ción, sen es­que­cer esa par­te lú­di­ca e fes­ti­va.

«Ao in­cor­po­rar­se xen­te no­va, aca­dá­ron­se ni­veis que non se pre­vían»

«Hai aín­da moi­to ca­ra on­de me­drar por­que a fa­bri­ca­ción é pe­que­na»

«Os quei­xei­ros va­lo­ran o que te­ñen e non co­rren ris­cos in­ne­ce­sa­rios»

«Non se po­de en­trar en mer­ca­dos que pi­den máis do que se pro­du­ce»

FO­TO PA­LA­CIOS

Ra­mil cre que a pro­du­ción aín­da po­de me­drar

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.