Do «Qui­xo­te» aos di­tos po­pu­la­res

O quei­xo es­tá pre­sen­te na li­te­ra­tu­ra den­de hai moi­tos sécu­los, pe­ro ta­mén en moi­tos re­fráns

La Voz de Galicia (Viveiro) - Especial1 - - Queixo de san simón - XO­SÉ A. POMBO

Se á li­te­ra­tu­ra nos imos e bus­ca­mos o quei­xo co­mo ali­men­to que man­tén a pro­ta­go­nis­tas e a xen­te de va­ria­da con­di­ción, re­cor­da­mos que hai máis de tres mil anos o na­ve­gan­te Uli­ses e os seus com­pa­ñei­ros fo­ron pre­sos po­lo ci­clo­pe Po­li­fe­mo, que ti­ña por ofi­cio o fa­cer quei­xos co lei­te das ove­llas xi­gan­tes que alin­da­ba.

Sig­ni­fi­ca­ti­vo é o epi­so­dio no que San­cho Pan­za re­ci­be de Dul­ci­nea un pou­co de pan e quei­xo co­mo re­com­pen­sa por le­var­lle re­ca­do de don Qui­xo­te; cla­ro que ta­mén os ca­brei­ros ofre­ce­ron por cea aos ilus­tres per­soei­ros un­has lan­dras de so­bre­ira e quei­xo du­ro. En to­do ca­so San­cho, ho­me prác­ti­co on­de os ha­xa, pro­cu­ra­ba ir pro­vis­to de pan e de quei­xo pa­ra os ca­mi­ños e afir­ma­ba que a for­tu­na dos es­cu­dei­ros dos ca­ba­lei­ros an­dan­tes es­ta­ba su­xei­ta a moi­ta fa­me e ma­la ven­tu­ra. Se­guin­do o sa­ber do re­fra­nei­ro de San­cho, re­cor­da­mos os di­tos do quei­xo na li­te­ra­tu­ra tra­di­cio­nal: «Do quei­xo non me quei­xo, que me quei­xo do que dei­xo». «O quei­xo, sen ollos; o pan, con ollos; e o vi­ño, que sal­te aos ollos». «No mes de abril, fai quei­xos mil; no de maio tres ou ca­tro». Ata on­de che­ga a me­mo­ria, o quei­xo es­ti­vo pre­sen­te nas no­sas me­sas, des­de as co­mi­das dia­rias ata as ce­le­bra­cións de oca­sións si­na­la­das. Po­de ser máis fres­co ou máis cu­ra­do, po­de ser­vir­se ao ini­cio ou ao fi­nal do xan­tar ou da me­ren­da, pe­ro sem­pre ali­men­ta e re­pón as for­zas que es­ca­pa­ron no tra­ba- llo dia­rio.

Non é ne­ce­sa­rio, ben se sa­be, re­fe­rir­nos aos dis­tin­tos pro­ce­sos ou ás dis­tin­tas for­mas nas que se pre­sen­ta o quei­xo. Pe­ro ho­xe, aquí, que­re­mos loar o de San Si­món, que cos seus aro­mas e tex­tu­ras re­sul­ta ga­ña­dor de pre­mios aló on­de vai. O lei­te pa­ra fa­bri­ca­lo, a ma­te­ria pri­ma, pro­ce­de das va­cas que pas­tan por va­les e ou­tei­ros da Car­ba e do Xis­tral.

Xa ca­lla­do re­ci­be for­ma nuns mol­des que nou­tro­ra fa­cían os zo­quei­ros coas abi­duei­ras que me­dra­ban non lon­xe dos pra­dos e que ho­xe se fa­bri­can dou­tros ma­te­riais. Re­ci­bi­da a for­ma có­ni­ca, pro­ce­de o se­ca­do. E ve­laí un dos seus se­gre­dos por to­dos co­ñe­ci­dos: as la­bras de car­pin­tei­ros e de zo­quei­ros pa­san ás la­rei­ras, on­de as bra­sas pro­vo­can un fu­mear as­cen­den­te que che­ga ás cam­bo­tas e im­preg­na de arre­cen­dos os có­ni­cos quei­xos, alí pou­sa­dos en va­ras de sal­guei­ro.

E alí, día a día, co fu­me es­ca­pan­do ao ceo, aca­ri­ña­dos por ai­re morno e aro­mas da ma­dei­ra, re­ma­ta un pro­ce­so que per­mi­te ofre­cer ao vi­si­tan­te ou ao ve­ci­ño un man­xar digno de ci­clo­pes e de deu­ses. Por­que pou­cas cou­sas hai que máis se agra­de­zan que che­gar a un­ha ca­sa, sen­tar na me­sa e ser ob­se­quia­do con quei­xo, con ese quei­xo que, se ca­dra, fai lem­brar ou­tros lu­ga­res e tem­pos idos.

FO­TO PA­LA­CIOS

O quei­xo de San Si­món da Cos­ta man­ten­se fiel ao pro­ce­so tra­di­cio­nal de ela­bo­ra­ción

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.