“Os ne­nos apren­de­ron moi­tas cou­sas so­bre os amiei­ros e os zo­quei­ros”

Ado­ra­ción Fer­nán­dez Gon­zá­lez e a di­rec­to­ra do co­le­xio pú­bli­co da Po­bra do Bro­llón, que le­va moi­to tem­po par­ti­ci­pan­do anual­men­te nas ac­ti­vi­da­des do Día da Au­ga e da Ár­bo­re

La Voz de Galicia (Viveiro) - Especial1 - - Portada -

¿Que ac­ti­vi­da­des or­ga­ni­za­ron es­te ano cos alum­nos?

Por un la­do, or­ga­ni­za­mos lecturas e tra­ba­llos de in­ves­ti­ga­ción cos alum­nos de pri­ma­ria so­bre dous con­tos que nos pro­por­cio­nou a Depu­tación, acom­pa­ña­dos de uni­da­des di­dác­ti­cas. Un de­les tra­ta so­bre os amiei­ros e a súa re­la­ción cos zo­quei­ros. Is­to axu­dou a que os ne­nos apren­de­sen moi­tas cou­sas so­bre es­te ofi­cio tra­di­cio­nal, que era des­co­ñe­ci­do pa­ra eles. To­dos os seus avós e moi­tos dos seus pais usa­ron zo­cas, e apro­vei­ta­ron pa­ra fa­lar con eles so­bre o uso des­te ti­po de cal­za­do e so­bre co­mo o fa­bri­ca­ban con ma­dei­ra de amiei­ro. A ac­ti­vi­da­de re­sul­tou en­tra­ña­ble pa­ra eles e ta­mén pa­ra as súas fa­mi­lias. Ta­mén pui­de­ron ad­qui­rir co­ñe­ce­men­tos so­bre as ca­rac­te­rís­ti­cas das ár-

bo­res des­ta es­pe­cie e so­bre a im­por­tan­cia que ten axu­dar á súa con­ser­va­ción.

¿Plan­ta­ron al­gun­ha ár­bo­re?

Tí­ña­mos pen­sa­do plan­tar un amiei­ro o mér­co­res, pe­ro non pui­do ser por­que co tem­po­ral de ne­ve se sus­pen­de­ron as ac­ti­vi­da­des ao ai­re li­bre, así que o dei­xa­mos pa­ra o ver­nes. Pa­ra iso de­ci­di­mos es­co­ller al­gún lu­gar pró­xi­mo ao río, que é o hábitat na­tu­ral des­tas ár­bo­res. Nou­tras edi­cións plan­ta­mos car­ba­llos e cas­ti­ñei­ros no re­cin­to es­co­lar. An­tes da plan­ta­ción, os ne­nos es­co­llen un no­me pro­pio pa­ra a ár­bo­re me­dian­te vo­ta­ción.

¿E con res­pec­to á au­ga?

Le­mos e co­men­ta­mos ou­tro con­to, pro­ta­go­ni­za­do por un gru­po de ne­nos —cha­ma­do a Eco­pan­da— que fan un­ha vi­si­ta ao encoro de Be­le­sar en Por­to­ma­rín. Ta­mén le­mos en cla­se un ar­ti­go de La Voz de la Es­cue­la que fa­la so­bre a im­por­tan­cia da au­ga e co­men­tá­mo­lo to­man­do co­mo exem­plo o uso con­cre­to que lle da­mos nas nas no­sas pro­pias vi­ven­das e no no­so mu­ni­ci­pio. Os alum­nos pre­sen­ta­ron ade­mais as súas pro­pias pro­pos­tas pa­ra afo­rrar e pa­ra re­ci­clar a au­ga.

Os ne­nos que­da­ron asom­bra­dos ao sa­ber que coa cons­tru­ción da pre­sa o ve­llo Por­to­ma­rín que­dou aso­la­ga­do e que hai an­ti­gas ca­sas de­bai­xo da au­ga

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.