“In­cul­ca­mos nos ra­pa­ces a im­por­tan­cia, nas no­sas vi­das, da agua e as ár­bo­res”

Lour­des Mar­qués Es­pi­na. Di­rec­to­ra do co­le­xio Gregorio Sanz de Ri­ba­deo

La Voz de Galicia (Viveiro) - Especial1 - - Portada -

Lour­des Mar­qués Es­pi­na é a di­rec­to­ra do co­le­xio Gregorio Sanz de Ri­ba­deo, con ca­se 400 alum­nos, cen­tro que ce­le­bra a Se­ma­na Es­co­lar da Ár­bo­re e da Au­ga den­de fai anos, e que des­ta­ca po­la súa sen­si­bi­li­za­ción po­lo me­dio am­bien­te.

¿Que ac­ti­vi­da­des or­ga­ni­zan es­te ano?

Ini­cia­mos a se­ma­na fa­cen­do re­fe­ren­cia a dous pro­xec­tos que coor­dino: un de Voz Na­tu­ra e ou­tro co Plan Pro­xec­ta, no que fa­re­mos, can­do o tem­po o per­mi­ta, un­ha ac­ti­vi­da­de de lim­pe­za de praias.

¿E con Voz Na­tu­ra?

A par­tir do le­ma que pro­pu­xen es­te ano: coide­mos a te­rra, pen­sa­mos en pin­ta­lo no mu­ro da en­tra­da prin­ci­pal do co­le­xio, pa­ra que os alum­nos o te­ñan pre­sen­te pa­ra o fu­tu­ro, e ta­mén en ade­cen­tar es­pa­zos den­tro e fó­ra do re­cin­to es­co­lar. Den­tro, plan­te­xa­mos fa­cer plan­ta­cións de es­pe­cies de tem­po­ra­da e de ame­nei­ros, que un ano máis nos ce­deu a Depu­tación, e pa­ra o que con­ta­mos coa co­la­bo­ra­ción do Con­ce­llo. Ta­mén pen­sa­mos en de­co­rar as ár­bo­res que xa hai e dis­fra­za­las, cun sen­ti­do di­dác­ti­co pa­ra os ca­ti­vos. Fó­ra do co­le­xio,a ac­ti­vi­da­de pro­xec­ta­da con­sis­tía en le­var aos alum­nos á zo­na da Vi­la­ve­lla, na área de ri­bei­ra de Ri­ba­deo, pa­ra fa­cer un­ha plan­ta­ción de ame­nei­ros.

Ta­mén le­van es­te tra­ba­llo di­dác­ti­co ao lon­go do cur­so ás au­las.

Cer­to. In­ci­di­mos na ne­ce­si­da­de de coidar a te­rra con uni­da­des di­dác­ti­cas adap­ta­das a ca­da ni­vel. Dis­tri­buí­mos con­tos de lec­tu­ra que nos en­tre­ga a Depu­tación, que nos ser­ven de so­por­te di­dác­ti­co pa­ra in­cul­car nos ra­pa­ces a im­por­tan­cia que te­ñen nas no­sas vi­das a au­ga e as ár­bo­res. Ade­mais, co aga­sa­llo des­te li­bro pro­pí­cia­se a par­ti­ci­pa­ción di­rec­ta dos maio­res, dos pais e nais, tra­tan­do de fa­ce­los cóm­pli­ces na mi­sión co­mún da ta­re­fa edu­ca­ti­va e de sen­si­bi­li­zar á po­boa­ción es­co­lar no cui­da­do e res­pe­to da na­tu­re­za.

¿E ta­mén im­pár­ten­se char­las?

Téc­ni­cos en me­dio am­bien­te de­ron un­ha so­bre re­ci­cla­xe e con­ti­nua­re­mos na se­ma­na cul­tu­ral, en maio, con ou­tra so­bre as dis­tin­tas es­pe­cies ar­bo­reas, apor­tan­do a no­men­cla­tu­ra dos que te­mos plan­ta­dos no re­cin­to es­co­lar. Foi al­go que ini­cia­mos nou­tros cur­sos e no que imos re­in­ci­dir.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.