«Ce­le­bra­mos a fes­ta do vi­ño»

O al­cal­de de­fi­ne a fei­ra co­mo o au­tén­ti­co cer­ta­me dos cal­dos ar­te­sáns da Ri­bei­ra Sa­cra

La Voz de Galicia (Viveiro) - Especial1 - - Feira do viño de quiroga - LUIS CON­DE

Ju­lio Ál­va­rez Nú­ñez de­fi­ne a fei­ra de Qui­ro­ga co­mo a «au­tén­ti­ca fes­ta do vi­ño». Con­si­de­ra es­te pro­du­to co­mo un ele­men­to di­na­mi­za­dor cla­ve pa­ra a eco­no­mía da co­mar­ca. No to­can­te aos pro­xec­tos nos que tra­ba­llan ac­tual­men­te des­ta­ca o in­tere­se de Qui­ro­ga, Ri­bas de Sil e O Cou­rel en con­se­guir a de­cla­ra­ción da co­mar­ca co­mo par­que xeo­ló­xi­co.

—¿Co­mo se pre­sen­ta a fei­ra?

—Pre­sén­ta­se con moi­ta ani­ma­ción, por­que as pre­vi­sións me­teo­ro­ló­xi­cas apun­tan a que te­re­mos bo tem­po. Po­las no­vas que te­ño, a ocu­pa­ción é do 100% nos alo­xa­men­tos.

—¿Que fi­lo­so­fía ten o cer­ta­me?

—Máis que un­ha fei­ra, xa se po­de con­si­de­rar co­mo un­ha fes­ta. Es­tes cer­ta­mes fo­ron o xer­me da pos­ta en mar­cha da de­no­mi­na­ción de ori­xe Ri­bei­ra Sa­cra, que es­tá moi ben di­ri­xi­da e que ade­mais per­mi­tiu pro­xec­tar os no­sos vi­ños en to­do o mun­do. A no­sa fei­ra ten co­mo fi­na­li­da­de re­sal­tar o vi­ño ar­te­sán. Hai que ter en con­ta que es­te pro­du­to é o prin­ci­pal re­cur­so non só da co­mar­ca, se­nón de to­da a Ri­bei­ra Sa­cra.

—Pre­sén­te­nos o vi­ño de Qui­ro­ga.

—O no­so vi­ño é sin­gu­lar, é o Qui­ro­ga de to­da a vi­da. O no­so in­tere­se por po­ten­ciar ese ca­rác­ter ar­te­sán fi­xo que pu­xe­ra­mos en mar­cha a Con­fra­ría. Ten co­mo ca­rac­te­rís­ti­ca prin­ci­pal que a uva des­ta zo­na ma­du­ra an­tes que as de­mais, de­bi­do ao no­so mi­cro­cli­ma. Ten me­nos aci­dez e máis gra­dua­ción. Os no­sos vi­ños son plu­ri­va­rie­tais, e aquí hai que di­fe­ren­ciar dúas zo­nas, a de Mon­te­fu­ra­do e o res­to.

—¿Pó­de­se di­cir que os cal­dos de Qui­ro­ga son maio­res de ida­de?

—O no­so vi­ño co­mer­cia­lí­za­se no mer­ca­do au­to­nó­mi­co, na­cio­nal e in­ter­na­cio­nal. O 90% da uva que se pro­du­ce en Qui­ro­ga vén­de­se a ou­tras ade­gas da Ri­bei­ra Sa­cra.

—¿Que ob­xec­ti­vo pre­ten­den coa ce­le­bra­ción do cer­ta­me cel­ti­bé­ri­co de ban­das?

—Man­ter os cos­tu­mes e a tra- di­ción, por­que is­to for­ma par­te da iden­ti­da­de dun po­bo. Que­ro des­ta­car o tra­ba­llo ar­duo e in­tere­san­te de Xo­sé Lois Fo­xo, que sem­pre se im­pli­cou coa no­sa co­mar­ca, tra­tan­do de man­ter vi­vo o es­pí­ri­to des­te xé­ne­ro mu­si­cal. De fei­to, ma­ñá se­rá o en­car­ga­do de inau­gu­rar ofi­cial­men­te a fei­ra do vi­ño.

—¿En que ac­tua­cións tra­ba­llan nes­tes in­tres no mu­ni­ci­pio?

—Ago­ra mes­mo, a no­sa obra máis em­ble­má­ti­ca é a pos­ta en mar­cha do cen­tro mul­ti­fun­cio­nal da Ri­bei­ra. Con­fia­mos en que non xur­dan máis atran­cos e que o poi­da­mos por en mar­cha no mes de maio. In­ves­ti­mos un to­tal de 350.000 eu­ros e con­ta­rá con va­rias plan­tas, di­ri­xi­das a aten­ción á per­soas con ris­co de ex­clu­sión so­cial, un­ha es­pe­cie de cen­tro de día pa­ra per- soas que se adap­ten a es­te per­fil, e un lo­cal cul­tu­ral e so­cial pa­ra os ve­ci­ños da pa­rro­quia.

—¿Con­fía en que o xeo­par­que co­mar­cal se­xa reali­da­de?

—É o que desexa­mos. Os tres mu­ni­ci­pios que for­ma­mos a co­mar­ca Qui­ro­ga, Ri­bas de Sil e O Cou­rel es­ta­mos tra­ba­llan­do na ela­bo­ra­ción do pro­xec­to dis­te xeo­par­que, co fin de que can­do se abra o pra­zo, pre­sen­tar a no­sa can­di­da­tu­ra. Te­mos to­dos os ele­men­tos que nos con­ver­ten en se­rios can­di­da­tos pa­ra que o xeo­par­que na­tu­ral se­xa un­ha reali­da­de. Se­ría be­ne­fi­cio­so non so pa­ra a Ri­bei­ra Sa­cra, se­nón pa­ra to­da Ga­li­cia, por­que atrae­ría a nu­me­ro­so pú­bli­co.

—¿Que men­sa­xe lle tras­la­da aos lec­to­res?

—Con­ví­doos pa­ra que ve­ñan go­zar de Qui­ro­ga, un mu­ni­ci­pio de in­tere­se tu­rís­ti­co. Te­mos un gran po­ten­cial pai­sa­xís­ti­co, na­tu­ral, ar­tís­ti­co e his­tó­ri­co im­por­tan­te, apar­te de con­tar en­tre ou­tros, cun mu­seo xeo­ló­xi­co úni­co no no­roes­te es­pa­ñol. Es­pe­rá­mo­los a to­dos es­ta fin de se­ma­na.

«Que­re­mos man­ter as cos­tu­mes e as tra­di­cións, por­que for­man par­te da iden­ti­da­de dun po­bo»

FO­TO BEA DEL PONT

Ju­lio Ál­va­rez é o al­cal­de de Qui­ro­ga

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.