«A fei­ra e ca­da vez maior»

O re­xe­dor di que pen­san en au­men­tar o es­pa­zo pa­ra os ex­po­si­to­res po­lo ex­ce­so de de­man­da

La Voz de Galicia (Viveiro) - Especial1 - - Feira do queixo do cebreiro - X. R. PENOUCOS

AFei­ra do Queixo do Ce­brei­ro su­pe­rará es­te ano os 140 ex­po­si­to­res, e al­gúns que so­li­ci­ta­ron acu­dir non pui­de­ron por fal­ta de es­pa­zo. O al­cal­de, Jo­sé Luis Ra­po­so, di que xa es­tán pen­san­do en au­men­ta ro es­pa­zo pa­ra po­ñer postos pa­ra aten­der a de­man­da dun cer­ta­me de­cla­ra­do Fei­ra de In­tere­se Tu­rís­ti­co den­de o 2015.

— ¿Có­mo se pre­sen­ta a fei­ra?

—A reali­da­de é que se nos sae do si­tio. Xa non te­mos on­de co­lo­car os postos que pi­den vir e po­lo tan­to an­da­mos bus­can­do a ma­nei­ra de ha­bi­li­tar mais es­pa­zo pa­ra aten­der a de­man­da.

— ¿A qué se de­be un­ha de­man­da tan al­ta de ven­de­do­res?

—To­dos os que ve­ñen ven­den e moi­to. Por iso coida­mos ao má­xi­mo to­dos os de­ta­lles pa­ra que se man­te­ña es­ta ten­den­cia da que es­ta­mos moi sa­tis­fei­tos.

— ¿Fa­ce­la sem­pre en Ven­res San­to é un­ha das cla­ves

—Efec­ti­va­men­te. Can­do bus­ca­mos a da­ta eu sem­pre de­fen­dín es­ta op­ción e man­tí­ve­na fron­te a ou­tros aos que non lles agra- da­ba. Ten moi­tas van­ta­xes, pe­ro as máis im­por­tan­tes son que se tra­ta dun­ha da­ta na que hai moi­ta xen­te de va­ca­cións po­la zo­na e que se po­de acer­car, ade­mais da que acu­de dos po- bos dos arre­do­res. Ta­mén re­sul­ta moi po­si­ti­vo que nes­te mes o lei­te es­tá no mo­men­to per­fec­to pa­ra fa­cer o queixo. É o que se cha­ma o lei­te da na­bi­za, que lle da o queixo un sa­bor ex­ce­len­te.

— ¿Re­cor­da co­mo fo­ron os co­me­zos?

—Por su­pos­to, non es­que­zo a pri­mei­ra edi­ción can­do es­ta­ban ca­tro se­ño­ras con ces­tas ex­po­ñen­do os seus quei­xos cer­ca do Con­ce­llo. En aquel mo­men­to de­ci­di­mos que ha­bía que apos­tar for­te po­la fei­ra e ho­xe ve­mos o re­sul­ta­do.

— ¿Es­te ano se­rá especial pa­ra vos­te­de?

—Así é xa que va­mos a ter un re­co­ñe­ce­men­to moi especial pa­ra En­car­na­ción Va­lín, a mu­ller que fai moi­tos anos can­do vi­si­tei a súa ca­sa en Fo­xos nun­ha cam­pa­ña elec­to­ral me di­xo que ti­ña­mos que fa­cer un­ha fei­ra pa­ra dar a co­ñe­cer o queixo do Ce­brei­ro. Foi a que me deu a idea que can­do pui­den con­ver­tín en reali­da­de. Por des­gra­za fa­le­ceu fai pou­co máis dun ano e ago­ra que­ré­mos­lle re­co­ñe­cer a súa pro­pos­ta e a de­fen­sa do no­so pro­du­to.

— ¿Qué nos po­de con­tar da pre­goei­ra?

—O máis im­por­tan­te é que se tra­ta dun­ha mu­ller do no­so Con­ce­llo que aca­dou un ex­pe­dien­te bri­llan­te nos seus es­tu­dos de Me­di­ci­na. Va­lo­ra­mos moi­to que se­xa ve­ci­ña no­sa e ta­mén cree­mos que non hai nin­guén me­llor que al­guén da pro­pia te­rra pa­ra fa­lar­lle a xen­te do no­so pro­du­to es­tre­la.

FO­TO ÓSCAR CELA

Jo­sé Luis ra­po­so en uno de los vehícu­los del par­que mó­vil de Pe­dra­fi­ta

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.