O fac­tor re­li­xio­so na so­lu­ción de con­fli­tos. O ca­so dos cop­tos

La Voz de Galicia (Viveiro) - Especial1 - - Dumio - Be­ni­to Mén­dez Fer­nán­dez, de­le­ga­do de Ecu­me­nis­mo

Os cris­tiáns cop­tos fo­ron fai pou­cas da­tas ví­ti­mas de ata­ques te­rro­ris­tas por par­te do cha­ma­do ‘Es­ta­do Is­lá­mi­co’. Un­ha vez máis, e xa van moi­tas, ta­mén pui­de­mos es­coi­tar vo­ces que ma­ni­fes­ta­ban a so­li­da­rie­da­de coa súa dor. Es­pe­cial­men­te por par­te do ‘mun­do cris­tián’, pe­ro, o que é máis re­cha­man­te, ta­mén por par­te do mes­mo go­berno exip­cio. Is­to é es­pe­cial­men­te im­por­tan­te por­que non só cons­ti­túe un­ha ex­cep­ción den­tro dos Es­ta­dos nos que a re­li­xión mu­sul­má é maio­ría, se­nón por­que Exip­to re­sis­te á pro­pa­gan­da te­rro­ris­ta e per­mi­te al­bis­car un­ha so­lu­ción ra­cio­nal á con­vi­ven­cia en­tre as dis­tin­tas re­li­xións. Por iso é un inimi­go de­cla­ra­do pa­ra o Es­ta­do Is­lá­mi­co, tan­to co­mo oé “o po­bo da cruz”, re­pre­sen­ta­do por tó­da­las mi­no­rías cris­tiás no Orien­te Me­dio, e ta­mén po­lo mes­mo pa­pa Fran­cis­co co­mo sím­bo­lo. Pe­ro, te­mos que en­ga­dir, é es­pe­cial­men­te es­pe­ran­za­dor que a uni­ver­si­da­de de El Cai­ro se­xa es­pe­cial­men­te crí­ti­ca coa in­ter­pre­ta­ción do Co­rán que fan os is­la­mi­tas ra­di­cais, por­que iso per­mi­te que poi­da de­fen­der­se den­de o mes­mo Li­bro a con­vi­ven­cia pa­cí­fi­ca en­tre cre­dos di­fe­ren­tes. Que Exip­to non se­xa un es­ta­do fa­li­do co­mo os do seu en­torno, que o ac­tual pre­si­den­te de­fen­da ás mino- rías, que o reitor da uni­ver­si­da­de máis im­por­tan­te do is­lam maio­ri­ta­rio no mun­do – o sun­ni­ta- , o gran imán de Al-Az­har te­ña in­vi­ta­do ó pa­pa Fran­cis­co , xun­to co má­xi­mo res­pon­sa­ble da mi­no­ría cop­ta or­to­do­xa, Ta­wa­dros II, to­do iso fai que nos ato­pe­mos fron­te a un acon­te­ce­men­to his­tó­ri­co de gran re­le­van­cia pa­ra a paz no mun­do, pois des­te mo­de­lo de so­lu­ción do con­fli­to in­ter­cul­tu­ral e in­ter­re­li­xio­so en­tre cris­tiáns e mu­sul­máns pó­den­se sa­car con­clu­sións po­si­ti­vas, que per­mi­tan ir máis alá das so­lu­cións sim­ples que de- fen­den os par­ti­da­rios do “cho­que de ci­vi­li­za­cións”. Por ou­tra ban­da, nes­tes mo­men­tos a via­xe de Fran­cis­co ser­ve pa­ra dar apoio e es­pe­ran­za á co­mu­ni­da­de cop­ta, que tan­to le­va su­fri­do ó lon­go de 1300 anos. ¿Quen son os cop­tos? Son os her­dei­ros da cul­tu­ra exip­cia, un­ha das máis an­ti­gas da te­rra. Son cris­tiáns den­de o sécu­lo I, pe­ro xa an­tes se cha­ma­ban cop­tos, por­que es­te no­me, de­ri­va­do de ‘gypt’, que ven do gre­go ‘aigy­ptos’, sig­ni­fi­ca sim­ple­men­te ‘exip­cio’. De fei­to con­ser­van o idio­ma cop­to na Li­tur- xia, aín­da que na vi­da co­mún fa­lan o ára­be co­mo o res­to da po­boa­ción. Non se sa­be moi ben can­tos son, por­que ás au­to­ri­da­des po­lí­ti­cas non lles in­tere­sou nun­ca fa­cer es­ta­dís­ti­cas ó res­pec­to. De fei­to es­ti­ve­ron so­cial­men­te mar­xi­na­dos den­de que o Is­lam se fi­xe­ra con to­do o te­rri­to­rio do Nor­te de Áfri­ca. Aín­da ho­xe moi­tos sén­ten­se ci­da­dáns de se­gun­da cla­se; non po­den ape­nas cons­truír no­vas igre­xas e pó­ñen­lles di­fi­cul­ta­des pa­ra re­no­va­las exis­ten­tes. Ac­tual­men­te re­pre­sen­tan máis ou me­nos o 10% dos ha­bi­tan­tes de Exip­to, en­tre 8 e 10 mi­llóns, e cons­ti­túen así a co­mu­ni­da­de cris­tiá máis nu­me­ro­sa do Orien­te Me­dio . Ta­mén hai cop­tos ca­tó­li­co ro­ma­nos, pe­ro es­tes non su­pe­ran os 200.000. A Igre­xa cop­ta con­si­dé­ra­se a si mes­ma co­mo es­pe­cial­men­te ben­di­ta por Xe­su­cris­to, por ter pa­sa­do alí, en Exip­to, par­te da súa in­fan­cia (Mt 2, 15). Se­gun­do a tra­di­ción, foi San Mar­cos o que evan­xe­li­zou esa te­rra; en Ale­xan­dría mo­rre­ría már­tir no ano 68 e da­ría ori­xe á ex­pan­sión do cris­tia­nis­mo no Al­to Ni­lo e no Nor­te de Áfri­ca. De fei­to, po­lo que sa­be­mos, a Igre­xa cop­ta xo­gou un pa­pel moi im­por­tan­te nos co­me­zos, por me­dio da Es­co­la de Ale­xan­dría, á que per­ten­ce­ron fa­mo­sos teó­lo­gos co­mo Clemente ( 150-215), Ata­na­sio (296-373) e Ci­ri­lo (376-444). Ta­mén aquí , en Exip­to, te­ría a súa ori­xe a vi­da mo­nás­ti­ca, que tan­ta in­fluen­cia ha­bía de exer­cer na Ida­de Me­dia eu­ro­pea (Juan Ca­siano...). A pe­sa­res de ser un­ha co­mu­ni­da­de que ten a ga­la non ter cam­bia­do a súa dou­tri­na e ri­tuais den­de os pri­mei­ros sécu­los, par­ti­ci­pou den­de o co­me­zo no Mo­ve­men­to ecu­mé­ni­co, sen­do un dos mem­bros fun­da­do­res do Con­se­llo Mun­dial de Igre­xas no ano 1948. O que si­na­la a di­fe­ren­za prin­ci­pal tan­to con ca­tó­li­co-ro­ma­nos co­mo or­to­do­xo­bi­zan­ti­nos e pro­tes­tan­tes en xe­ral é que a Igre­xa cop­ta per­ten­ce ás cha­ma­das an­ti­gas Igre­xas Orien­tais, aque­las que non acep­ta­ron as de­ci­sións do Con­ci­lio de Cal­ce­do­nia (451) so­bre a do­bre na­tu­re­za de Cris­to, ver­da­dei­ro Deus e ver­da­dei­ro ho­me. Ho­xe, sen em­bar­go, exis­te acor­do con Ro­ma - ano 1988- por me­dio dun­ha fór­mu­la cris­to-ló­xi­ca co­mún que re­flic­te a fe apos­tó­li­ca. As re­la­cións ecu­mé­ni­cas son ca­da vez máis es­trei­tas den­de que o pa­pa Pau­lo VI lle de­vol­veu ó pa­triar­ca de Ale­xan­dría – eles ta­mén lle cha­man pa­pa- par­te das re­li­quias de San Mar­cos, que fo­ran sa­ca­das de Exip­to no sécu­lo IX e le­va­das a Ve­ne­cia.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.