Carlos Ca­sa­res: a ar­te de con­tar

Félix Vi­lla­res Mou­tei­ra

La Voz de Galicia (Viveiro) - Especial1 - - Dumio -

No ple­na­rio da Real Aca­de­mia Ga­le­ga ce­le­bra­do o día no­ve de xu­llo de 2016, foi ele­xi­do, na pri­mei­ra vo­ta­ción, Carlos Ca­sa­res Mou­ri­ño co­ma o au­tor a quen se lle de­di­ca­ría o Días das Le­tras Ga­le­gas de 2017. O es­cri­tor ou­ren­sán im­pú­xo­se ós ou­tros can­di­da­tos: Ri­car­do Car­vah­lo Ca­le­ro, Plá­ci­do Ra­món Cas­tro del Río e An­to­nio Fer­nán­dez Mo­ra­les. A Aca­de­mia si­na­la que Carlos «é un­ha das fi­gu­ras máis sen­llei­ras e re­no­va­do­ras da li­te­ra­tu­ra ga­le­ga das úl­ti­mas dé­ca­das do sécu­lo XX». Su­bli­ña ade­mais a súa im­pli­ca­ción na vi­da do país e o seu com­pro­mi­so coa lin­gua: «Alén do seu ta­len­to li­te­ra­rio, Ca­sa­res foi un in­te­lec­tual de re­le­vo ex­tra­or­di­na­rio que des­ta­cou ta­mén po­la súa im­pli­ca­ción na vi­da cul­tu­ral, so­cial e ins­ti­tu­cio­nal do país e por un­ha la­bo­rio­si­da­de in­can­sa­ble, ao tem­po in­te­li­xen­te e re­fle­xi­va, e sem­pre cun com­pro­mi­so inequí­vo­co coa lin­gua ga­le­ga».

A Real Aca­de­mia Ga­le­ga con­si­de­ra a Carlos Ca­sa­res co­ma un es­cri­tor es­pe­cial­men­te idó­neo pa­ra o Día das Le­tras Ga­le­gas po­la «ca­li­da­de, a vo­ca­ción aber­ta­men­te co­mu­ni­ca­ti­va e o ca­rác­ter va­ria­do da súa obra, que in­cluíu a li­te­ra­tu­ra in­fan­til, o xor­na­lis­mo e o en­saio».

Coi­do que, es­ta vez, a Real Aca­de­mia Ga­le­ga non se equi­vo­cou ó ele­xir a Carlos Ca­sa­res pa­ra o Día das Le­tras Ga­le­gas de 2017 xa que é au­tor de ca­se me­dio­cen­to de li­bros en­tre os que hai en­saios, obras tea­trais, obras de li­te­ra­tu­ra in­fan­til, obras de xor­na­lis­mo, obras de in­ves­ti­ga­ción, tra­du­cións á no­sa lin­gua, pe­ro, so­bre to­do, o seu la­bor li­te­ra­ra­rio desen­vol­veu­se no ei­do da na­rra­ti­va e ne­se ei­do aca­dou a má­xi­ma al­tu­ra. To­das as súas obras na­rra­ti­vas son obras moi tra­ba­lla­das tec­ni­ca­men­te e es­tán es­cri­tas cun­ha lin­gua­xe coa que pre­ten­de che­gar e, po­de­mos di­cir, man­ter fieis ó maior nú­me­ro de lec­to­res. El mes­mo ten di­to: “a téc­ni­ca ten que es­tar ao ser­vi­zo da ima­xi­na­ción, ao ser­vi­zo do mun­do no­ve­les­co, dun­ha his­to­ria que co­lla da man ao lec­tor e turre por el pa­ra adian­te”.

Do­lo­res Vi­la­ve­dra es­cri­be en Amen­cer: “A sin­gu­la­ri­da­de da vi­da e obra de Carlos Ca­sa­res lé­va­nos de xei­to reite­ra­do a ga­bar co­mo ex­cep­cio­nal a súa pro­du­ción (...) Na mi­ña opinión, un­ha aná­li­se con­xun­ta do cor­pus li­te­ra­rio de Ca­sa­res, es­pe­cial­men­te da súa obra na­rra­ti­va, per­mi­te afir­mar, por un­ha ban­da, que o es­cri­tor re­pro­du­ce e in­terio­ri­za moi­tos dos com­por­ta­men­tos au­to­riais e edi­to­riais das xe­ra­cións coas que con­vi­ve e, por ou­tra, que den­de un­ha pers­pec­ti­va es­té­ti­ca inau­gu­ra va­rias li­ñas crea­ti­vas que aca­ba­rían non só por ca­llar se­nón por con­ver­ter­se nal­gun­has máis vi­zo­sas e ca­rac­te­ri­za­do­ras do dis­cur­so na­rra­ti­vo ga­le­go das dé­ca­das dos 70 e 80”.

Hen­ri­que Mon­tea­gu­do si­na­la que Carlos Ca­sa­res é “un pro­sis­ta ex­tra­or­di­na­rio: a cla­re­za, a su­ti­le­za e a fi­na iro­nía no tra­ta­men­to dos te­mas do no­so tem­po e o seu afán re­no­va­dor das téc­ni­cas na­rra­ti­vas cons­ti­túen as mar­cas máis ca­rac­te­rís­ti­cas do seu es­ti­lo”. O xor­na­lis­ta Ra­món Lou­rei­ro, que foi ami­go per­soal de Carlos Ca­sa­res, di que na súa opinión per­soal “o me­llor Ca­sa­res, li­te­ra­ria­men­te, é o da súa co­lum­na dia­ria no pe­rió­di­co. Esa co­lum­na dia­ria que en reali­da­de é un die­ta­rio non que vai que­dan­do re­flec­ti­da a vi­da e to­do can­to ver­da­dei­ra­men­te va­lio­so hai ne­la. As co­lum­nas de Carlos da sei­re Á mar­xe son un in­men­so pa­tri­mo­nio xa non só de cul­tu­ra, se­nón de Ga­li­cia en­tei­ra”.

Carlos Ca­sa­res é pa­ra moi­tos crí­ti­cos e es­tu­dio­sos un­ha das fi­gu­ras sen­llei­ras das Le­tras Ga­le­gas. Así An­xo Ta­rrío di que “foi (é) un dos pun­tais in­dis­cu­ti- bles da na­rra­ti­va ga­le­ga mo­der­na”. Po­la súa ban­da Ca­mino Noia si­na­la que “per­vi­vi­rá na his­to­ria do país co­mo un dos na­rra­do­res máis im­por­tan­tes da mo­der­ni­da­de”.

Pen­so que o Día das Le­tras Ga­le­gas de 2017 vai ser –de­be ser- un­ha boa opor­tu­ni­da­de pa­ra ache­gar­nos a es­ta im­por­tan­te fi­gu­ra das le­tras do no­so país.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.