Ga­li­cia

La Voz de Galicia (Viveiro) - Especial1 - - Dumio - C. Quin­te­la

XXIX XOR­NA­DAS DE PAS­TO­RAL DA SAÚ­DE

O Se­cre­ta­ria­do in­ter­dio­ce­sano de Pas­to­ral da Saú­de de Ga­li­cia con­vo­ca as XXIX Xor­na­das de Pas­to­ral da Saú­de en Ou­ren­se, que te­rán lu­gar o 6 e 7 de maio. As xor­na­das di­rí­xen­se es­pe­cial­men­te ás fa­mi­lias dos en­fer­mos, pro­fe­sio­nais da saú­de, vo­lun­ta­ria­do e gru­pos pa­rro­quiais, co­mu­ni­da­des re­li­xio­sas, sa­cer­do­tes, se­mi­na­ris­tas.

Os te­mas dos que se fa­la­rá: “Saú­de e eco­lo­xía in­te­gral á luz de Lau­da­to si”. Mons. Je­sús Fer­nán­dez Gon­zá­lez. Bis­po Au­xi­liar de Santiago de Com­pos­te­la e res­pon­sa­ble do de­par­ta­men­to de Pas­to­ral da Saú­de da CEE. “Hu­ma­ni­zan­do a asis­ten­cia. Es­pa­zos de si­len­cio”, por Elisa Ra­mí­rez, tra­ba­lla­do­ra so­cial e D. Ga­briel Mu­rias­te, pro­fe­sor. “Por que son on­có­lo­ga e creo en Deus”, po­la Dra. Eva Pérez, on­có­lo­ga e psi­có­lo­ga clí­ni­ca do CHUO “Psi­quia­tría e fe”, po­lo Dr. Jo­sé An­to­nio Cam­pos, psi­quia­tra do CHUO. “Un­ha Igre­xa só é Sa­ma­ri­ta­na se re­flic­te a Xe­sús”. D. Je­sús Martínez Ca­rra­ce­do. Director do De­par­ta­men­to de Pas­to­ral da saú­de da CEE. E “Cla­ves pa­ra un­ha éti­ca da res­pon­sa­bi­li­da­de eco­ló­xi­ca na Lau­da­to si” Dr. Ar­tu­ro Fuen­tes Varela. PROSAC.

O CAR­DEAL TA­GLE, PRE­SI­DEN­TE DE CÁ­RI­TAS IN­TER­NA­CIO­NAL, PAR­TI­CI­POU EN SANTIAGO NAS “XOR­NA­DAS DE TEO­LO­XÍA DA CA­RI­DA­DE”

A Con­fe­de­ra­ción Cá­ri­tas Es­pa­ño­la con­vo­ca ca­da ca­tro anos as Xor­na­das de Teo­lo­xía da Ca­ri­da­de. Es­te ano, con­tan­do coa aco­lli­da de Cá­ri­tas Dio­ce­sa­na de Santiago, ce­le­brou­se en Com­pos­te­la. O en­con­tro desen­vol­veu­se os días 21, 22 e 23 de abril, ten­do co­mo mar­co o sa­lón de ac­tos do Co­le­xio La Sa­lle. Hai que lem­brar que ca­da dous anos Cá­ri­tas Es­pa­ño­la pro­mo­ve un even­to de re­fle­xión teo­ló­xi­ca, al­ter­nan­do un­ha edi­ción de Xor­na­das de Teo­lo­xía e ou­tra do Con­gre­so His­pano-La­ti­noa­me­ri­cano e do Caribe so­bre Teo­lo­xía da Ca­ri­da­de. En 1976 ce­le­brá­ron­se as I Xor­na­das de Teo­lo­xía da Ca­ri­da­de.

O te­ma eli­xi­do pa­ra es­te ano é “Abrin­do ca­mi­ños a un­ha eco­no­mía máis so­li­da­ria e in­clu­si­va”

O CA­MI­ÑO ROM­PE O SEU TEI­TO HIS­TÓ­RI­CO DE SE­MA­NA SAN­TA CON 10.000 COMPOSTELAS

O Ca­mi­ño de Santiago vol­ve rom­per récords e pon o lis­tón ca­da vez máis al­to. A pri­mei­ra vis­ta xa pa­re­cía que es­ta se­ma­na San­ta ía ser un­ha das me­llo­res, e os da­tos ofre­ci­dos po­la Ofi­ci­na do Pe­re­grino con­fir­man a evi­den­cia. O 2017 pa­sa­rá ás es­ta­tís­ti­cas co­mo un no­vo ano ré­cord en pe­re­gri­na­cións du­ran­te a Se­ma­na San­ta. Nos se­te días en­tre­gá­ron­se 10.018 compostelas, e en mo­men­tos pun­tuais re­xis­trá­ron­se co­las an­te a ofi­ci­na pa­ra re­ci­bir o di­plo­ma, es­pe­cial­men­te o ven­res e o sá­ba­do. Os xar­díns da ofi­ci­na ser­vi­ron de agra­da­ble re­fu­xio du­ran­te a es­pe­ra.

Os máis de dez mil pe­re­gri­nos des­te ano su­pe­raron en ca­tro mil aos que o fi­xe­ron no mes­mo pe­río­do do pa­sa­do ano. Ade­mais, ta­mén pul­ve­ri­za­ron o tei­to dos úl­ti­mos anos, que es­ta­ba fi­xa­do nos 8.256 da Se­ma­na San­ta do úl­ti­mo xa­co­beo, o do 2010. Aín­da que non se co­ñe­cen os da­tos exac­tos das ru­tas con maior nú­me­ro de pe­re­gri­nos, o fran­cés se­gue sen­do o máis atrac­ti­vo e o máis sa­tu­ra­do, se­gui­do do por­tu­gués, que es­tá a cre­cer con­si­de­ra­ble­men­te en ac­ti­vi­da­de. Ta­mén a ru­ta in­gle­sa em­pe­za a co­brar for­za, aín­da que aín­da lon­xe das dúas con máis mo­ve­men­to. En can­to á pro­ce­den­cia dos ro­meus, os na­cio­nais son maio­ría du­ran­te es­tas da­tas, por­que se tra­ta dun pe­río­do va­ca­cio­nal en Es­pa­ña.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.