«Pan­tón es­tá xus­to no vér­ti­ce»

O es­cri­to mon­for­tino fai unha com­pa­ra­ti­va en­tre a Ri­bei­ra Sa­cra e a an­ti­ga Me­so­po­ta­mia

La Voz de Galicia (Viveiro) - Especial1 - - Mostra dos viños da ribeira sacra - LUIS CON­DE MONFORTE

An­tón Lo­po se­rá o en­car­ga­do de ler o pre­gón da Mos­tra dos Vi­ños de Ri­bei­ra Sa­cra de Pan­tón. Os or­ga­ni­za­do­res apos­ta­ron po­lo es­cri­tor e xornalista mon­for­tino po­la súa re­la­ción coa Ri­bei­ra Sa­cra. De fei­to, na ac­tua­li­da­de es­tá tra­ba­llan­do nunha co­lec­ción de li­bros pa­ra a Ri­bei­ra Sa­cra, nos que tra­ta de trans­mi­tir a pai­sa­xe vi­ní­co­la en li­te­ra­ria. An­tón Lo­po sén­te­se moi hon­ra­do por ser eli­xi­do co­mo pre­goei­ro, al­go que, se­gún el, non é nor­mal no ei­do li­te­ra­rio.

—¿Que su­pón pa­ra vos­te­de ler o pre­gón da Mos­tra dos Vi­ños de Pan­tón?

—Unha hon­ra, unha res­pon­sa­bi­li­da­de e un ris­co que co­rren tan­to os que me es­coi­ten co­mo os que me eli­xi­ron. Re­sul­ta es­des­tes tra­ño que apos­ta­sen por min pa­ra es­te co­me­ti­do, por­que nor­mal­men­te aos poe­tas e aos es­cri­to­res non nos cha­man pa­ra ler os pre­góns.

—O fei­to de ser de Monforte pe­sou.

—Si, por­que a co­mar­ca é o máis im­por­tan­te, e to­dos for­ma­mos par­te da mes­ma pai­sa­xe. O fei­to de que ago­ra mes­mo estea tra­ba­llan­do nunha co­lec­ción de li­bros pa­ra a Ri­bei­ra Sa­cra, que con­sis­te en trans­mi­tir a pai­sa­xe vi­ní­co­la a li­te­ra­ria, ta­mén ten moi­to que ver coa mi­ña pre­sen­za ma­ñá en Pan­tón.

—¿Que des­ta­ca­ría dos vi­ños de Pan­tón?

—Hai unha es­pe­cie de Me­so­po­ta­mia cin­gui­da po­los ríos Sil e po­lo Mi­ño. É o vér­ti­ce do vér­ti­ce, por­que Pan­tón es­tá si­tua­do no pun­to de in­ter­sec­ción ríos. É o úni­co con­ce­llo dos que for­man a Ri­bei­ra Sa­cra que ten tres ri­bei­ras. Por esa ra­zón, os vi­ños de Pan­tón te­ñen un­has ca­rac­te­rís­ti­cas pe­cu­lia­res, que os di­fe­ren­zan dou­tras sub­zo­nas da co­mar­ca. Son máis den­sos no pa­dal e flo­ri­dos nos seus aro­mas.

—¿Con que nos sor­pren­de­rá no pre­gón?

—Gus­ta­ría­me in­ci­dir nunha cues­tión que pa­sa des­aper­ci­bi­da e que ago­ra mes­mo ga­ña per­so­na­li­da­de. Trá­ta­se da in­cor­po­ra­ción da mu­ller ao mun­do do vi­ño, e non me re­fi­ro só co­mo con­su­mi­do­ra, se­nón ta­mén co­mo ade­guei­ra. Son va­rias as mu­lle­res que na Ri­bei­ra Sa­cra deseñan os sa­bo­res e le­van ade­gas. An­ti­ga­men­te, non es­ta­ba ben vis­to que as mu­lle­res con­su­mi­sen vi­ños men­cía e a súa re­la­ción cos cal­dos era sem­pre sos­pei­to­sa. A mu­ller e o vi­ño apa­re­cían co­mo atri­bu­tos mas­cu­li­nos, pe­ro ago­ra esas pe­ga­das do ma­chis­mo es­tán des­apa­re­cen­do. Es­tas cues­tións te­rán ca­bi­da no pre­gón, que aín­da es­tou re­ma­tan­do.

—¿É o vi­ño un bo pro­ta­go­nis­ta nas súas obras?

—O vi­ño xa é pro­ta­go­nis­ta nas mi­ñas obras, por­que é un ele­men­to que es­tá re­la­cio­na­do coa poe­sía. Esa re­la­ción é moi pro­fun­da den­de a épo­ca de Gon­za­lo de Ber­ceo, e nas can­ti­gas Ga­le­go-Por­tu­gue­sas ta­mén es­tá pre­sen­te.

—¿Que men­sa­xe lle tras­la­da aos lec­to­res?

—Que ve­ñan a Pan­tón go­zar da Mos­tra dos Vi­ños de Ri­bei­ra Sa­cra e ao mes­mo tem­po do seu pa­tri­mo­nio his­tó­ri­co, ar­tís­ti­co e na­tu­ral. Tra­ta­rei de fa­cer un pre­gón que te­ña in­tere­se e que des­ta­que a im­por­tan­cia do vi­ño.

O es­cri­to mon­for­tino An­tón Lo­po

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.