«Ven­de­mos Pan­tón ao ex­te­rior»

O re­xe­dor con­si­de­ra que a mos­tra dos vi­ños é a me­llor carta de pre­sen­ta­ción do mu­ni­ci­pio

La Voz de Galicia (Viveiro) - Especial1 - - Mostra dos viños da ribeira sacra - LUIS CON­DE

Oal­cal­de de Pan­tón, Jo­sé Luis Ál­va­rez, con­si­de­ra acer­ta­do o cam­bio de da­tas da mos­tra dos vi­ños. O fei­to de ce­le­bra­la na se­gun­da fin de se­ma­na de maio ga­ran­te unha maior afluen­cia de pú­bli­co. O re­xe­dor de­fi­ne o cer­ta­me co­mo unha ex­ce­len­te carta de pre­sen­ta­ción do mu­ni­ci­pio no ex­te­rior.

—¿Co­mo se pre­sen­ta a mos­tra de vi­ños?

—Pre­sén­ta­se moi ani­ma­da, por­que de fei­to es­te é o ano no que máis de­man­da de postos de ar­te­sa­nía e de pro­du­tos gas­tro­nó­mi­cos te­mos. Ade­mais, a ca­li­da­de dos vi­ños da úl­ti­ma co­llei­ta é ex­ce­len­te, o que uni­do á festa da empanada, ga­ran­ti­za unha maior afluen­cia de pú­bli­co. Es­te pro­du­to e o vi­ño fan unha per­fec­ta ma­ri­da­xe.

—¿Con­si­de­ra que acer­ta­ron cam­bián­doa de da­ta?

—To­tal­men­te, por­que en xu­ño vai moi­ta máis ca­lor, e os uni­ver­si­ta­rios es­tán nos exa­mes. Ade­mais, es­te ano coin­ci­de ben, por­que o mér­co­res te­mos o Día das Le­tras Ga­le­gas.

—¿Cal é a fi­lo­so­fía do cer­ta­me de Pan­tón?

—Pro­mo­cio­nar os vi­ños das ri­bei­ras do Ca­be, Mi­ño e Sil. É ver­da­de que os ade­guei­ros xa co­mer­cia­li­zan du­ran­te o ano o seu pro­du­to, pe­ro es­te cer­ta­me ser­ve pa­ra que es­ta­ble­zan con­tac­tos con res­tau­ra­do­res, ex­por­ta­do­res e ou­tros po­si­bles clien­tes. A tra­vés des­te cer­ta­me, nós ven­de­mos Pan­tón ao ex­te­rior. A xen­te que ven á fei­ra apro­vei­ta pa­ra vi­si­tar o no­so pa­tri­mo­nio his­tó­ri­co, ar­tís­ti­co e na­tu­ral.

—¿Que ca­rac­te­rís­ti­cas de­fi­nen os vi­ños das ri­bei­ras de Pan­tón?

—O que nos di­fe­ren­za dou­tras sub­zo­nas da Ri­bei­ra Sa­cra é que os no­sos vi­ños ela­bó­ran­se con uva que pro­ce­de de tres ri­bei­ras: Ca­be, Mi­ño e Sil. Te­mos di­ver­si­da­de de gus­tos. Os cal­dos do Ca­be son máis sua­ves; os do Mi­ño máis du­ros e os do Sil son os máis ca­rac­te­rís­ti­cos da Ri­bei­ra Sa­cra.

—¿Que pre­zos te­rán nes­ta oca­sión os vi­ños?

—O pre­zo da bo­te­lla as­cen­de­rá a seis eu­ros, men­tres que o cus­te do va­so se­rá de un. Lo­go, os vi­ños de ba­rri­ca xa te­rán ou­tros pre­zos, que nes­te ca­so po­rán os ade­guei­ros.

—¿Es­tá ase­gu­ra­do o re­le­vo xe­ne­ra­cio­nal no sec­tor?

—Hai que des­ta­car que a xu­ven­tu­de foi­se mar­chan­do en bus­ca dun por­ve­nir me­llor, pe­ro al­gun­has ade­gas te­ñen xen­te no­va tra­ba­llan­do. Eu con­si­de­ro que hai con­ti­nui­da­de, e nós den­de o Con­ce­llo tra­ta­mos de se­guir me­llo­ran­do as in­fraes­tru­tu­ras nas tres ri­bei­ras. Pó­de­se di­cir que ac­tual­men­te os ac­ce­sos es­tán ben, pe­ro cando ve­mos que hai unha ne­ce­si­da­de alí es­ta­mos.

—¿Por que eli­xi­ron a An­tón Lo­po co­mo pre­goei­ro?

—Den­de fai uns anos tra­ta­mos de dar­lle pro­ta­go­nis­mo a per­soei­ros do no­so mu­ni­ci­pio. Se o ano pa­sa­do eli­xi­mos a Sa­le­ta Fer­nán­dez, nes­ta oca­sión de­ci- dí­mo­nos por An­tón Lo­po, que é un xornalista e es­cri­tor que sem­pre es­cri­biu so­bre Pan­tón. Por esa ra­zón pen­sa­mos nel, e a súa pre­sen­za ma­ñán da­ra­lle un maior real­ce á mos­tra.

—¿Que ac­tua­cións es­tán le­van­do a ca­bo no mu­ni­ci­pio?

—Ago­ra mes­mo, as prin­ci­pais ac­tua­cións cén­tran­se no acon­di­cio­na­men­to de pis­tas do mu­ni­ci­pio e de ac­ce­sos as pa­rro­quias de Atán e Ri­bei­ras de Mi­ño. Asi­mes­mo, tra­ba­lla­mos na es­tra­da que con­du­ce ás Saí­ñas e a Vi­la­xil­de. Nes­tas obras in­ves­ti­mos un to­tal de 40.000 eu­ros. Ta­mén cons­trui­re­mos dous mi­ra­do­res en Pe­na Pom­bei­ra e na zo­na da Cruz. Nes­tas ac­tua­cións, o des­em­bol­so que fa­re­mos as­cen­de a 80.000 Eu­ros. E de in­me­dia­to co­me­za­re­mos as obras de entrada a Fe­rrei­ra, coas súas co­rres­pon­den­tes bei­ra­rrúas, nas que in­ves­ti­re­mos un to­tal de 229.000 eu­ros.

—¿Que gran­des obras lle gus­ta­ría aco­me­ter no que lle que­da de man­da­to?

—Que­re­mos dar­lle un im­pul­so a cons­tru­ción do po­lí­gono in­dus­trial, que nos axu­da­ría a fi- xar po­boa­ción xo­ven en Pan­tón. Pe­ro a no­sa prio­ri­da­de é a cons­tru­ción dun­ha re­si­den­cia da ter­cei­ra ida­de, con ca­pa­ci­da­de pa­ra cin­cuen­ta pra­zas. Que­re­mos ubi­ca­la no cen­tro de Fe­rrei­ra, e es­ta­mos es­tu­dan­do a po­si­ble com­pra duns te­rreos nes­ta zo­na. Se non fo­se po­si­ble iría na área do Ba­li­ño. Es­ta­mos tra­ba­llan­do na cues­tión. Con­si­de­ro que es­tas dúas ac­tua­cións su­po­rían un im­pul­so im­por­tan­te pa­ra a crea­ción de em­pre­go no mu­ni­ci­pio.

O al­cal­de Jo­sé Luis Ál­va­rez

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.