Pa­sos pa­ra que Ave­lino Díaz te­ña glo­ria un 17 de maio

A aso­cia­ción que le­va o no­me do poe­ta loi­ta pa­ra que se lle de­di­que un Día das Le­tras Ga­le­gas

La Voz de Galicia (Viveiro) - Especial1 - - Autores lucenses - X.M.PALACIOS

To­man­do co­mo re­fe­ren­cia Ga­li­cia, on­de na­ceu, e Amé­ri­ca, on­de vi­viu gran par­te da súa vi­da e mo­rreu, a tra­xec­to­ria de Ave­lino Díaz (18971971) foi un ca­mi­ño de ida, de vol­ta e de ida de no­vo. Na­ceu na pa­rro­quia de Órrea (Rio­tor­to), on­de vi­viu par­te da ne­nez, ata tras­la­dar­se a Mei­ra. Sen­do un ra­paz, mar­chou a Ar­xen­ti­na, on­de pa­sou seis anos. Vol­veu a Mei­ra, pe­ro ca­tro anos des­pois co­lleu de no­vo o ca­mi­ño do Atlán­ti­co: un­ha bre­ve es­ta­día en Cu­ba pre­ce­deu a súa se­gun­da che­ga­da a Ar­xen­ti­na, on­de xa vi­viu ata a mor­te.

O es­cri­to no an­te­rior pa­rá­gra­fo po­de va­ler co­mo bre­ví­si­mo re­su­me de­sa di­men­sión emi­gran­te de Ave­lino Díaz, que ma­lia ter pa­sa­do moi­to máis tem­po en Amé­ri­ca ca en Ga­li­cia non caeu no es­que­ce­men­to na te­rra na­tal. De fei­to, un­ha ac­ti­va aso­cia­ción que le­va o seu no­me tra­ba­lla den­de hai anos pa­ra que ao poe­ta se lle con­ce­da un re­co­ñe­ce­men­to ao que só as­pi­ra, po­lo xe­ral, un no­me ca­da ano, o de ser pro­ta­go­nis­ta do Día das Le­tras Ga­le­gas.

2017 era un ano po­lo que a aso­cia­ción sen­tía un cer­ta ilu­sión, pois cúm­pren­se 120 do na­ce­men­to do poe­ta. Car­los Ca­sa­res foi o au­tor es­co­llei­to po­la Real Aca­de­mia Ga­le­ga, o cal non xe­rou desáni­mo no de­van­di­to co­lec­ti­vo, es­pe­ran­za­do en que no 2018 se dea aca­da­do ese ob­xec­ti­vo.

Se se con­se­gue, po­de­ra­se di­cir que se che­gou ao re­ma­te dun ca­mi­ño no que a aso­cia­ción foi dan­do pe­que­nos pe­ro fir­mes pa­sos, con­ven­ci­da de que ese re­co­ñe­ce­men­to era un­ha con­di­ción ne­ce­sa­ria pa­ra que a fi­gu­ra do poe­ta ti­ve­se máis so­na. A con­di­ción de emi­gran­te si­túa a Ave­lino Díaz, por un­ha ban­da, en con­di­cións de ser com­pren­di­do po­la so­cie­da­de ga­le­ga; pe­ro ase­ma­de o tem­po vi­vi­do fó­ra de Ga­li­cia, moi su­pe­rior ao que pa­sou na te­rra de ori­xe, con­vér­teo nu­na fi­gu­ra pou­co co­ñe­ci­da.

A pro­du­ción li­te­ra­ria de Díaz in­clúe tres obras pu­bli­ca­das en vi­da. Flor de re­ta­ma, De­be­zos e Pa­lla­re­gas son os tres tí­tu­los que deu ao pre­lo e que se pu­bli­ca­ron can­do o au­tor xa le­va­ba tem­po ins­ta­la­do en Ar­xen­ti­na por se­gun­da vez: os dous pri­mei­ros son dos anos co­ren­ta, e o ter­cei­ro, dos se­sen­ta.

O la­bor da Aso­cia­ción Ave­lino Díaz non se li­mi­ta a ten­tar re­co­ñe­ce­men­to pa­ra esa obra li­te­ra­ria. Hai xa va­rios anos, creou un­ha uni­da­de di­dác­ti­ca pa­ra ache­gar a fi­gu­ra do poe­ta a alum­nos dos cen­tros de en­sino de Ga­li­cia. Por ou­tra ban­da, edi­tou­se un deu­ve­dé, co apoio da Fun­da­ción TIC, que es­pa­lla a tra­xec­to­ria do au­tor.

Ade­mais, nos úl­ti­mos tem­pos fai­se máis vi­si­ble a pe­ga­da de Díaz nos lu­ga­res ven­ce­lla­dos coa súa ne­nez, xa que a de­van­di­ta aso­cia­ción ce­le­bra, con ca­rác­ter anual, un per­co­rri­do con saí­da na pa­rro­quia de Órrea e che­ga­da en Mei­ra. O ro­tei­ro ten ade­mais si­na­li­za­ción, co­lo­ca­da re­cen­te­men­te, de xei­to que re­sul­ta doa­do de per­co­rrer pa­ra quen desexe co­ñe­cer esa zo­na da Ga­li­cia orien­tal na que Díaz pa­sou os pri­mei­ros anos.

Por ou­tra ban­da, a aso­cia­ción, co apoio dos con­ce­llos de Rio­tor­to e de Mei­ra, creou un pre­mio de poe­sía co no­me de Ave­lino Díaz. Hai dous anos, des­cen­den­tes do poe­ta vi­si­ta­ron Ga­li­cia e fo­ron re­ci­bi­dos por au­to­ri­da­des de Mei­ra e de Rio­tor­to.

O es­cri­tor pu­bli­cou en vi­da tres li­bros, que se edi­ta­ron en Amé­ri­ca

Un ro­tei­ro, xa si­na­li­za­do, per­co­rre Rio­tor­to e Mei­ra

FO­TO ARQUIVO ASO­CIA­CIÓN A. DÍAZ

Díaz (sen­ta­do, no me­dio),xun­to a Cas­te­lao (de pé), nun ac­to en Ar­xen­ti­na, on­de mo­rre­ron os dous

FO­TO ASO­CIA­CIÓN A. DÍAZ

Car­tel in­di­ca­dor do ro­tei­ro Ave­lino Díaz

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.