Mi­ran­da, en­tre o Eo e o Eve­rest

Rio­tor­to e A Pas­to­ri­za son te­rri­to­rios moi pre­sen­tes na obra li­te­ra­ria de Álvaro Cun­quei­ro

La Voz de Galicia (Viveiro) - Especial1 - - Autores lucenses - X.M.PALACIOS

Den­de Mi­ran­da hai vis­tas que se su­po­ñen in­tere­san­tes. Ve­se «Es­me­lle to­do arre­dor, o cas­te­lo de Bel­vís, a fra­ga da Ser­pe, a la­goa dos Ca­bos, e de día, a seu ca­rón, o fu­me das fe­rrei­rías do Vi­lar»; pe­ro ta­mén «to­do o chan de Quin­tás dei­ca o Cas­tro, i as cen­teei­ras dar­se en on­das, co­ma o mar, ao amor da bri­sa...». Mi­ran­da era «a pou­sa­da de don Mer­lín».

Os que te­ñan li­do

co­ñe­ce­rán o an­tes es­cri­to, de xei­to que se sen­ti­rán fa­mi­lia­ri­za­dos con esa Mi­ran­da. Se ca­dra, xa non se­ría tan doa­da a res­pos­ta se a al­guén que le­se a obra se lle pre­gun­ta­se on­de se ato­pa ese lu­gar. Pe­ro ta­mén en Álvaro Cun­quei­ro —a quen, por cer­to, se lle de­di­cou o Día das Le­tras Ga­le­gas hai 26 anos— ato­pa­rá ma­nei­ra de con­tes­tar.

Nun dos ar­ti­gos de

re­com­pi­la­ción das súas co­la­bo­ra­cións na re­vis­ta bar­ce­lo­ne­sa dá­nos un­ha des­crip­ción con ache­gas xeo­grá­fi­cas. No ar­ti­go, ti­tu­la­do «Una no­che­bue­na en Mi­ran­da», es­cri­be: «Mi­ran­da es una tie­rra mon­ta­ño­sa, que na­ce don­de ter­mi­nan los pas­ti­za­les de la an­ti­gua Bre­to­ña, y va a mo­rir en es­tre­chas va­lli­nas en el río Eo, que es la fron­te­ra en­tre ga­lai­cos y as­tu­res».

O que co­ñe­za un pou­co esa zo­na da Ga­li­cia do les­te, que bai­xa da Te­rra Chá ca­ra á con­ca do Eo, xa se sen­te orien­ta­do. Hai anos, an­tes de que se in­tro­du­ci­se a ac­tual di­vi­sión te­rri­to­rial, no Bis­pa­do de Mon­do­ñe- do-Fe­rrol exis­tía o ar­ci­pres­ta­do de Mi­ran­da, com­pos­to por pa­rro­quias ho­xe per­ten­cen­tes aos con­ce­llos de Rio­tor­to, da Pon­te­no­va e de Tra­ba­da e in­te­gra­do no de Ri­ba­deo-Mi­ran­da.

Un dos cu­mes de­sa zo­na é o mon­te de Ca­rra­ce­do, a ca­ba­lo en­tre A Pas­to­ri­za e Mon­do­ñe­do, pre­to da Cruz da Can­ce­la. Por ese al­to, si­tua­do no con­ce­llo min­do­nien­se pe­ro pre­to do pas­to­ri­cen­se e máis do rio­tor­ten­se, pa­san ho­xe dúas es­tra­das. Nas pri­mei­ras dé­ca­das do sécu­lo pa­sa­do, po­rén, a si­tua­ción era ou­tra, e Cun­quei­ro, no de­van­di­to ar­ti­go de des­crí­bea de xei­to grá­fi­co: «Des­de el pa­so más al­to del ca­mino de he­rra­du­ra se veía, le­jano y ver­de, el Can­tá­bri­co».

Pre­to es­tá o mon­te de Ca­rra­ce­do, que po­lo les­te da Pas­to­ri­za se­me­lla aso­mar­se pa­ra ver o mar e que deu lu­gar a un re­frán, «O Ca­rra­ce­do, que a to­dos os mon­tes pon me­do», ta­mén re­co­lli­do po­lo o au­tor de

ne­se tra­ba­llo xor­na­lís­ti­co. Son al­go máis de 800 me­tros de al­ti­tu­de, aín­da que a im­pre­sión se­me­lla maior pa­ra al­guén co­mo Cun­quei­ro, na­do nun val en­tre mon­ta­ñas co­mo é o de Mon­do­ñe­do. O es­cri­tor dei­xou ou­tra fra­se ben ex­pre­si­va pa­ra amo­sar esa im­pre­sión: pa­ra un de Mon­do­ñe­do, afir­mou, o Ca­rra­ce­do é com­pa­ra­ble ao Eve­rest.

De to­dos os xei­tos, ne­se te­rri­to­rio non só hou­bo un­ha ba­se fí­si­ca. A Mi­ran­da, co­mo se nos con­ta en che­gou o ma­go po­la her­dan­za «dun­ha tía se­gun­da por par­te de nai», e alí ha­bi­tou nun­ha ca­sa «gran­de e ben ta­lla­da, con un bal­cón so­ber do ca­mi­ño de Mei­ra e so­la­na á ca­ra do sol». Pe­ro ade­mais po­la te­rra de Mi­ran­da an­dou Pe­rrón de Bra­ña, un dos per­so­na­xes de que apren­deu a axu­dar á mi­sa no ora­to­rio da ca­sa dos Moi­rón, en Ca­chán (Rio­tor­to).

O au­tor de­sa obra ta­mén con­ta que en Es­pa­san­de de Arri­ba —per­ten­cen­te a Rio­tor­to e ta­mén, xa que lo­go, a Mi­ran­da— viu a Bo­rra­llo de La­goa, ou­tro dos men­ci­ñei­ros. Es­te, en­tre ou­tros tra­zos do seu tra­ba­llo, ci­ta­ba aos doen­tes «nos si­tios máis ra­ros», en­tre os ca­les es­ta­ba o adro de Rei­go­sa, no sol­por.

Ao sur de Ca­rra­ce­do, no les­te da Cor­da, que di­vi­de Aba­dín e A Pas­to­ri­za, es­tá Lo­bo­so, un de cu­xos ve­ci­ños, Me­lle, apren­deu a ler a e es­cri­bir en me­nos dun mes can­do xa fi­xe­ra os se­ten­ta anos. Ao mo­rrer, en­te­rrá­rono con pa­pel, so­bre e la­pis tin­ta pa­ra es­cri­bir, pois el, en vi­da, dei­xa­ra di­to que así po­día man­dar al­gún re­ca­do den­de o ou­tro mun­do...

De Lo­bo­so era ta­mén o «in­te­li­xen­te, ver­bo­so, tru­cu­len­to» Ma­tías Ani­do Re­guei­ro, que era máis co­ñe­ci­do co­mo Ma­tías Ve­llo e que aca­bou mar­chan­do a Bra­sil e ten­do un­ha pa­ra­da de ca­ba­los en Belo Ho­ri­zon­te. Co­mo Me­lle, apa­re­ce en

apén­di­ce de

To­pó­ni­mos de li­bros seus es­tán ti­ra­dos de lu­ga­res da zo­na

Moi­tos dos per­so­na­xes mó­ven­se por lu­ga­res que exis­ten real­men­te

FO­TO ARQUIVO ARRINCADEIRA

Álvaro Cun­quei­ro, con pa­ren­tes de Rio­tor­to, on­de ti­ña raí­ces fa­mi­lia­res

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.