Te­rra que fa­la na voz dos poe­tas

A co­mar­ca chai­re­ga apa­re­ce, de ma­nei­ra máis ou me­nos ex­plí­ci­ta, en moi­tos au­to­res

La Voz de Galicia (Viveiro) - Especial1 - - Autores lucenses - XO­SÉ A. POM­BO

Mi­rar a con­tor­na pa­ra re­vi­sar o pa­sa­do, en­ten­der o pre­sen­te o afron­tar o fu­tu­ro. Ve­laí a fi­lo­so­fía de quen se ache­ga á pai­sa­xe en­vol­ve­do­ra da tra­di­ción, do pre­sen­te e do que ha che­gar. Cal­que­ra que mi­re as al­tas se­rras, os fon­dos va­les ou es­ten­da a vis­ta por lei­ras sen lin­des, a pou­co que sin­ta a pai­sa­xe, sem­pre te­rá pre­sen­te a voz an­ti­ga da te­rra que lle fa­la a tra­vés dos ver­sos dos poe­tas.

O car­ba­llo de Lu­grís, o frei­xo que cam­pa en­tre a igre­xa e a es­co­la, as abi­duei­ras da Te­rra Chá que fa­rían zo­cas chi­ne­las,... fan mi­rar ao al­to pa­ra ver se son cer­tos aque­les ceos chum­bos e trá­xi­cos que avan­zan den­de o sol­por. E da­que­la apa­re­cen os ver­sos co­ñe­ci­dos de Cre­cen­te Ve­ga e de Ma­nuel Ma­ría. O ob­ser­va­dor re­pa­ra nos ca­mi­ños, al­gúns en uso, ou­tros re­fu­xio de mer­los can­to­res, que se di­ri­xen ca­ra pon­te­llas, pa­sos e por­tos mal­fe­ri­dos po­las cheas do in­verno. E as idas e vol­tas van den­de Ba­ron­ce­lle ao san Cos­mi­ño de Gal­gao e po­lo me­dio aquel poe­ta que so­ña­ba con mo­zas bran­cas, vi­ños tin­tos e xan­ta­res de fes­ta, can­do se ache­ga­ban as lon­gas e frías noi­tes de in­verno, can­do acin­zan coa xea­da as po­las núas das abi­duei­ras.

Xa o ob­ser­va­dor, no seu co­ñe­ce­men­to, que­da coa car­ga da pai­sa­xe chea de tra­di­cións do ru­ral tan­to nos te­mas co­ma nas for­mas. Pe­ro ho­xe no­ta a au­sen­cia do ca­rro can­tor, das me­das nas ai­ras, da ma­lla tro­nan­te ou dos fon­dos ca­mi­ños ro­dea­dos de ri­ba­zos on­de sen­tar agar­dan­do por es­pí­ri­tos an­dan­tes que tam­pou­co che­gan.

As pré­sas da cir­cu­la­ción le­van os ver­sos por ca­mi­ños on­de os ritmos, de tan bu­li­dei­ros, non pa­ran en nin­gu­res e xa non exis­ten, on­de a ri­ma, de tan min­gua­da, dei­xou de exis­tir e non se bus­ca, e on­de a me­di­da re­sul­ta es­que­ci­da e hai quen pen­sa que é cou­sa de tem­pos pre­té­ri­tos. E en to­do, a au­sen­cia da har­mo­nía do pra­cer es­té­ti­co nos ver­sos da pai­sa­xe. Lo­go che­ga a re­fle­xión: os tem­pos e a con­tor­na na­tu­ral ao poe­ta per­ma­ne­cen e cam­bian. Par­mé­ni­des fron­te a He­rá­cli­to. Per­ci­bir e sa­ber do mun­do ex­te­rior ao in­di­vi­duo. Ve­laí a fi­lo­so­fía do co­ñe­ce­men­to da reali­da­de que se ache­ga con di­le­mas ao ver­si­fi­ca­dor e ao lec­tor.

E aín­da sen es­tar re­sol­to o fon­do da cues­tión se­ría ho­ra de ocu­par­se dos ver­sos fu­tu­ros, do que vi­rá na poé­ti­ca. Es­ta que nos ocu­pa é gra­ve re­fle­xión que ten preo­cu­pa­do a moi­tas das per­soas cul­ti­va­do­ras da li­te­ra­tu­ra que non mun­do son e fo­ron.

Pe­ro quen ou­sa­ría au­gu­rar de cer­to o que aín­da de­be che­gar? Per­mi­ti­rá vos­te­de, es­toi­co lec­tor, re­gre­sar ao pre­té­ri­to pa­ra es­tu­dar os mo­de­los a se­guir mi­ran­do as pai­sa­xes da Te­rra Chá, aos seus ha­bi­tan­tes, aos seus cos­tu­mes... «Tar­da­de, ni­ño de amo­res,/on­da a pom­ba des­can­sa/do­ce e man­sa/co ra­ma­lli­ño da paz/en­tre es­cu­ras car­ba­llei­ras,/ca­bo das le­das ri­bei­ras/que lam­be o fon­do Tri­maz», co­mo es­cri­biu o vi­lal­bés Xo­sé Ma­ría Chao Le­do. E se do ca­mi­ño fa­la­mos: «De­sor­ba­llan­do os pra­dos co­mo sono/o tem­po vai de Par­ga a Pas­to­ri­za./Vai­se en­te­rran­do, su­co a su­co, o ou­tono. / Un pa­so adian­te e ou­tro atrás, Ga­li­cia!», es­cri­biu o gui­ti­ri­cen­se Xo­sé Ma­ría Díaz Cas­tro. Quen sa­be o que a For­tu­na nos ten de­pa­ra­do? Re­cor­da­mos o anó­ni­mo mon­xe dun es­que­ci­do mos­tei­ro que, fre­cuen­tan­do ta­ber­nas, can­ta­ba no sécu­lo XIII: «Oh, For­tu­na,/ se­me­llan­te á lúa/tes con­di­ción va­ria­ble,/sem­pre me­dran­do ou min­guan­do;/vi­da de­tes­ta­ble,/ ago­ra man­cas/lo­go san­das/os sen­ti­dos cun xo­go cruel,/a po­bre­za/o po­der/de­rre­tes co­ma xeo»’ Ho­xe o poe­ma mu­si­ca­do fai tre­mer ao es­coi­ta­lo.

Só os que ve­ñan tras no­sa, es­tu­do­sos e cu­rio­sos do pra­cer es­té­ti­co li­te­ra­rio, di­rán ca­les son os ver­sos que trans­mi­ten go­zo por ser co­ñe­ci­dos.

FO­TO ALBERTO LÓ­PEZ

Car­ba­llo de Lu­xís, na pa­rro­quia de Pa­cios (Cas­tro de Rei), can­ta­do por Xo­sé Cre­cen­te Ve­ga nun co­ñe­ci­do poe­ma

FO­TO SU­SO PE­NA

Pon­te Ga­fín, en Gui­ti­riz, pa­ra­xe ci­ta­da por Díaz Cas­tro nun dos poe­mas de «Nim­bos»

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.