Dez co­rais e or­feóns po­rán son ás Le­tras en Lu­go

Ade­mais de mú­si­ca, ha­be­rá dan­za, lec­tu­ras pú­bli­cas e li­bros de re­ga­lo

La Voz de Galicia (Viveiro) - Especial1 - - Actos de hoxe - LAU­RA LÓ­PEZ

Dez co­rais e or­feóns lu­cen­ses po­ñe­rán son ás Le­tras Ga­le­gas es­ta tar­de en Lu­go. Trá­ta­se dun con­cer­to que dis­co­rre­rá a par­tir das 18.30 en­tre Bis­po Agui­rre e a Pra­za Maior, se­guin­do o pa­seo li­te­ra­rio. Ac­tua­rá o Co­ro San An­to­nio, Or­feón Xoán Mon­tes, Can­tar De­las, Co­ral Hos­pi­tal Xe­ral-Cal­de, Con­xun­to Vo­gal Lugh, Co­ral Ecos do Mi­ño, Co­ral Po­li­fó­ni­ca Xol­da, Co­ro da Aso­cia­ción de Ami­gos do Ca­mi­ño de San­tia­go na pro­vin­cia de Lu­go, Or­feón Lu­cen­se e So­lo Vo­ces. In­ter­pre­ta­rán obras de Cu­rros En­rí­quez, Cas­te­lao, Ma­nuel Ma­ría, No­vo­ney­ra, Ma­nuel Ma­ría...

Non se­rá a úni­ca ac­tua­ción da xor­na­da de ho­xe. Pre­via­men­te, ás 12.00 na Pra­za Maior, a Ban­da Mu­ni­ci­pal ofre­ce­rá un con­cer­to, e un­ha ho­ra máis tar­de ha­be­rá un fes­ti­val de dan­za tra­di­cio­nal dos ne­nos dos co­le­xios de Lu­go.

Por ou­tra ban­da, o ve­llo cár­ce­re aco­lle­rá un­ha lec­tu­ra pú­bli­ca, Di­cin­do o in­di­ci­ble, po­lo Día In­ter­na­cio­nal dos Mu­seos. Se­rá de 10.30 a 13.45 e de 18.00 a 20.00. Ade­mais, ás 20.30 te­rá lu­gar un­ha in­ter­ven­ción es­pa­cial de teatro e dan­za so­bre Car­los Ca­sa­res. Se­rá na Pra­za da Soi­da­de, Rúa Ar­man­yá, Pra­za do Campo, Bis­po Ba­sul­to e Pra­za de San­ta Ma­ría.

A maio­res, os que vi­si­ten al­gún dos ca­tro mu­seos da pro­vin­cia (Mu­seo Pro­vin­cial, do Mar, San Paio de Nar­la e Pa­zo de Tor), re­ci­bi­rán un li­bro de re­ga­lo. En to­tal, a Depu­tación re­ga­la­rá máis de mil obras en ga­le­go.

Ta­mén a Bi­blio­te­ca No­dal se su­ma ao Día das Le­tras cun­ha mos­tra bi­blio­grá­fi­ca so­bre a obra de Car­los Ca­sa­res.

ALBERTO LÓ­PEZ

Can­tar De­las é un dos gru­pos que ac­tua­rá es­ta tar­de po­las rúas de Lu­go.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.