As co­rais vi­si­tan Ta­boa­da

O cen­tro cívico foi es­ce­na­rio o pa­sa­do sá­ba­do dun fes­ti­val mu­si­cal

La Voz de Galicia (Viveiro) - Especial1 - - Letras galegas - LUIS CON­DE

O Con­ce­llo de Ta­boa­da op­tou po­la mú­si­ca co­mo ac­ti­vi­da­de cen­tral do Día das Le­tras Ga­le­gas. Non obs­tan­te, os res­pon­sa­bles mu­ni­ci­pais adian­ta­ron a ce­le­bra­ción des­ta xor­na­da, e o pa­sa­do sá­ba­do ti­vo lu­gar no cen­tro cívico de Ta­boa­da un fes­ti­val mu­si­cal no que par­ti­ci­pa­ron as co­rais po­li­fó­ni­cas de Ta­boa­da e Fon­te do Sou­to, de Cu­lle­re­do.

As dúas agru­pa­cións de­lei­ta­ron ao nu­me­ro­so pú­bli­co asis­ten­te cun am­plo e va­ria­do re­per­to­rio de ca­li­da­de. O al­cal­de de Ta­boa­da, Ra­mi­ro Mou­re, su­bli­ña que o fei­to de ce­le­brar es­te fes­ti­val res­pon­de a un­ha tra­di­ción de hai moi­tos anos.

«Á xen­te gús­ta­lle moi­to es­te ti­po de ac­tua­cións, e por iso de­ci­di­mos dar­lle con­ti­nui­da­de. Foi un ac­to moi en­tra­ña­ble, que es­per­tou moi­ta ex­pec­ta­ción», su­bli­ña Ra­mi­ro Mou­re.

So­bre o Día das Le­tras Ga­le­gas, o re­xe­dor co­men­ta: «É un día pa­ra go­zar da no­sa li­te­ra­tu­ra e dos no­sos es­cri­to­res, e en­xal­zar a fi­gu­ra de Car­los Ca­sa­res».

Na co­mar­ca de Chan­ta­da ta­mén se ce­le­bra­ron ou­tras ac­ti­vi­da­des que ti­ve­ron co­mo pro­ta­go­nis­tas aos cen­tros de en­sino. No IES La­ma das Quen­das re­ci­bi­ron a pa­sa­da se­ma­na a vi­si­ta das poe­tas Al­dao­la­do, que fi­xe­ron un es­pec­tácu­lo poé­ti­co­mu­si­cal, orien­ta­do fun­da­men­tal­men­te aos alum­nos de 4º ESO e de 1º de Ba­cha­re­la­to. Es­te es­pec­tácu­lo en­mar­cou­se den­tro da Se­ma­na da Poe­sía.

Mú­si­ca en Bó­ve­da

A con­ce­lle­ría de Cul­tu­ra de Bó­ve­da pro­gra­mou va­rias ac­ti­vi­da­des co ga­llo do Día das Le­tras Ga­le­gas. O pa­sa­do do­min­go nes­te mu­ni­ci­pio do sur lu­cen­se ce­le­bra­ron o fes­ti­val fol­cló­ri­co. Ás seis da tar­de ac­tua­ron no pa­vi­llón mu­ni­ci­pal de Bó­ve­da os se- guin­tes gru­pos: Es­co­la de Dan­za de Bó­ve­da, Co­le­xio No­vo, Co­le­xio dos Es­co­la­pios, Ca­sino Ate­neo de Mon­for­te, Gru­po de dan­za Os Le­ma­vos, Co­le­xio Ama­ro Re­fo­jo de Ve­rín e Ban­da de Gai­tas do Con­ce­llo de Bó­ve­da.

On­te no cen­tro so­cio­cul­tu­ral de Bó­ve­da pú­xo­se en es­ce­na Fi­li­pa dos Con­tos, no que se fi­xo un­ha via­xe po­los dis­tin­tos con­tos tra­di­cio­nais e po­lo re­per­to­rio in­fan­til de Car­los Ca­sa­res, ame­ni­za­dos con mú­si­ca de gui­ta­rra.

A co­ral po­li­fó­ni­ca Fon­te do Sou­to, de Cu­lle­re­do, foi a agru­pa­ción con­vi­da­da es­te ano

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.