Opinión: - Antonio Rodríguez Ba­san­ta - Fernando Ba­rrio Ba­rrio

Antonio Rodríguez Ba­san­ta, Di­rec­tor de Du­mio

La Voz de Galicia (Viveiro) - Especial1 - - Portada -

Ce­le­bra­mos es­te vin­dei­ro domingo da As­cen­sión do Señor, a Xor­na­da Mun­dial das Co­mu­ni­ca­cións So­ciais bai­xo o le­ma “Co­mu­ni­car a esperanza e a con­fian­za nos no­sos tem­pos”. Non é que un se­xa pe­si­mis­ta ou abun­de no re­cur­so fá­cil de car­gar as tin­tas nun­ha so­cie­da­de e nuns tem­pos nos que to­dos es­ta­mos su­per­in­for­ma­dos, sen tem­po pa­ra so­pe­sar se­re­na­men­te to­do que nos presentan os me­dios e as re­des so­ciais. Pe­ro se­gu­ra­men­te, ho­xe máis ca nin­gún ou­tro tem­po pa­sa­do, ne­ce­si­ta­mos sa­ber des­cu­brir e va­lo­rar as “boas no­vas” que ta­mén exis­ten aín­da que non se­xan no­ti­cia.

Afir­man os ex­per­tos que a Igre­xa é co­mu­ni­ca­ción. Que o anun­cio for­ma par­te da súa na­tu­re­za. Que o Evan­xeo do que é e so­mos de­po­si­ta­rios e he­ral­dos, é un ben que non po­de gar­dar pa­ra si e que a so­cie­da­de, cons­cien­te ou in­cons­cien­te­men­te, ne­ce­si­ta co­ñe­cer, por­que “o ben sem­pre ten­de a co­mu­ni­car­se”, afir­ma o pa­pa Fran­cis­co na ex­hor­ta­ción “Evan­ge­lii Gau­dium”.

Non é fá­cil ho­xe en día “ven­der” in­for­ma­ción re­li­xio­sa no “mer­ca­do” das co­mu­ni­ca­cións. As verdades cer­tas e per­ma­nen­tes non te­ñen, alo­me­nos de en­tra­da, boa aco­lli­da. Pri­ma moi­tas ve­ces o mu­da­ble, o efí­me­ro; aqui­lo que o pa­pa emé­ri­to Be­ne­dic­to XVI tan­to re­pe­tía no seu ma­xis­te­rio: o re­la­ti­vis­mo mo­ral e dou­tri­nal.

Ta­mén é ver­da­de que nós, des­de a Igre­xa nos costa co­mu­ni­car e mes­mo can­do o fa­ce­mos non sem­pre acer­ta­mos. Por ou­tra ban­da hai quen nos acu­sa di­cin­do que can­do co­mu­ni­ca­mos es­ta­mos adou­tri­na­do ou fa­cen­do pro­pa­gan­da do no­so. Sen em­bar­go a di­men­sión re­li­xio­sa do ser hu­mano for­ma par­te da vi­da, da his­to­ria e da cultura, des­de sem­pre. Non te­ría­mos por que acom­ple­xar­nos, apos­tan­do sem­pre po­la ver­da­de, mes­mo nos ca­sos máis di­fí­ci­les e com­pro­me­ti­dos. Pa­ra un co­mu­ni­ca­dor cren­te na­da de­be­ría im­pe­dir que pre­va­le­za a ver­da­de, aín­da que se co­rra o ris­co de ser mal in­ter­pre­ta­do ou ter­xi­ver­sa­do. A ex­pre­sión que apa­re­ce na pro­fe­cía de Isaías e que acom­pa­ña o le­ma des­ta Xor­na­da “non te­mas, por­que eu es­tou con­ti­go” (43, 5), te­ría que apor­tar­nos con­fian­za e se­re­ni­da­de á ho­ra de co­mu­ni­car. Hai un­ha “ora­ción do co­mu­ni­ca­dor” que ato­pei en­tre os pa­peis e que re­sul­ta su­xe­ren­te e opor­tu­na pa­ra os no­sos días. Di así:

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.