Dio­ce­se: Pilar Lou­ri­do

Pilar Lou­ri­do. Pe­da­go­ga y miem­bro del Ser­vi­cio dio­ce­sano de MCS

La Voz de Galicia (Viveiro) - Especial1 - - Portada -

Fa­ra­gu­llas: Félix Vi­lla­res Mou­tei­ra

Xo­sé Ma­nuel Car­ba­llo Fe­rrei­ro, le­va ape­li­dos ben ga­le­gos. A súa fi­gu­ra é re­fe­ren­te na Dio­ce­se de Mon­do­ñe­do-Ferrol pa­ra un gran­de nú­me­ro de per­soas coas que comparte a vi­da des­de a súa vo­ca­ción co­mo sa­cer­do­te, a súa pai­xón po­la ca­te­que­se, o seu don co­mo ilu­sio­nis­ta e a súa gran­de­za hu­ma­na den­de a en­fer­mi­da­de. Es­ta per­so­na­li­da­de po­lié­dri­ca e as súas vo­das de ou­ro co­mo sa­cer­do­te, lé­va­nos no­va­men­te a con­ver­sar con él. DU­MIO: Cincuenta anos de sa­cer­do­te ru­ral. ¿Is­to apor­ta un plus á túa vo­ca­ción?

XO­SÉ MA­NUEL: cu­ras no ru­ral en Es­pa­ña, e máis con­cre­ta­men­te en Galicia, so­mos a maio­ría e eu son un máis ¿Por que o des­ta­co? Lí­bre­me no­so Señor de pre­ten­der des­ta­car­me a min por ri­ba de ou­tros. Sei que non se dan as mo­ti­va­cións qui­mi­ca­men­te pu­ras, pe­ro can­do em­pe­cei a apa­re­cer nos me­dios e co­me­za­ron a fa­cer­me “fa­mo­si­llo”, qui­xen aso­ciar o mun­do ru­ral ó meu no­me pra axu­dar­lles a me­drar na au­to­es­ti­ma ós des­pre­za­dos de sem­pre. O meu pri­mei­ro pro­gra­ma en Ra­dio Po­pu­lar de Lu­go, aló po­lo 1976 cha­mou­se “A voz do la­bre­go” e ha­bía la­bre­gos e la­bre­gas que le­va­ban o tran­sis­tor e ás 12 pa­ra­ban pra es­coi­tar. No ru­ral le­vo des­de o 1973. Agra­de­zo que me res­pec­ta­sen esa op­ción os dis­tin­tos bis­pos. Non é un plus. Foi un­ha ben­di­ción e no meu ca­so, po­der vi­vir coa familia non é xe­ne­ro­si­da­de, se­nón egoís­mo.

DU­MIO: Deus deu­lle o don do ilu­sio­nis­mo, do tea­tro e con iso fa­cer ca­te­que­ses, anun­cio do Evan­xeo…

XO­SÉ MA­NUEL: Deus va­lén­do­se das me­dia­cións que qui­xo deu­nos a to­dos uns “ta­len­tos”, que ca­da un pon co­mo po­de ó ser­vi­zo dos de­mais. O pri­mei­ro li­bro de ilu­sio­nis­mo que El qui­xo que che­ga­se ás mi­ñas mans, es­cri­bí­rao o Pa­dre Wen­ces­lao Ciu­ró, que fo­ra sa­le­siano e ó que co­ñe­cín en Ma­drid o cur­so que es­ti­ven aló, 67-68, che­gan­do a ser moi amigos. No pró­lo­go di­cía que esa ar­te po­día ser­vir pra atraer os ne­nos á ca­te­que­se. A min, o mes­mo ca o tea­tro, e ou­tros in­ven­tos, va­leu­me pra fa­cer ca­te­que­se máis ben de mo­zos e adul­tos. A mes­ma men­sa­xe trans­mi­ti­da por min mes­mo che­ga­ba me­llor di­ta nun es­ce­na­rio ca de­trás do al­tar e no es­ce­na­rio can­do abrín a pa­ra­ugas xa es­ta­ban mo­lla­dos. O mes­mo po­do di­cir do tea­tro e dos con­tos. Un auditorio maio­ri­ta­ria­men­te de co­mu­nis­tas aplau­diu­me en Lu­go un­ha ho­mi­lía, por­que lle fi­xen di­cir a un bu­rri­ño, que que­ría es­tu­dar pra ca­ba­lo, o que eu que­ría di­cir­lles de Dios. É cues­tión de bus­car en­vol­tu­ras atraen­tes pró re­ga­lo da Boa No­va que que­re­mos ofre­cer. Ta­mén pui­de­ra en­ca­drar­se en no­vas for­mas ou mé­to­dos pra un­ha no­va evan­xe­li­za­ción. DU­MIO: Fa­lan­do de ca­te­que­se, a túa apor­ta­ción ao equi­po in­ter­dio­ce­sano de Galicia, fa­la dun sa­cer­do­te con vi­sión máis alá da súa pa­rro­quia…

XO­SÉ MA­NUEL: As lin­des de pa­rro­quias ou dio­ce­ses non son de dereito divino. Ó Es­pí­ri­to non se lle po­den po­ñer can­ce­las, nin ás on­das nin a in­ter­net. Res­pe­to as lin­des e qué­ro­lle a ra­biar á no­sa dio­ce­se, pe­ro o in­ter­cam­bio é en­ri­que­ce­dor. Do Equi­po de Ca­te­que­se de Galicia re­ci­bín (re­ci­bi­mos na no­sa Dio­ce­se) moi­tí­si­mo máis do que din. Ou­tra cou­sa é o que deu Ma­no­lo Ci­lle­ro que, sen­do bai­xo de es­ta­tu­ra, foi un xi­gan­te. DU­MIO: Nes­te mo­men­to, ¿có­mo fas po­si­ble a túa ta­re­fa pas­to­ral e a en­fer­mi­da­de?

XO­SÉ MA­NUEL: Nes­te mo­men­to te­ño ou­tro gran re­ga­lo de Dios. Fí­xo­mo hai dous anos pra sa­tis­fac­ción mi­ña e ben das pa­rro­quias. É Javier Rodríguez Cou­ce, o ver­da­dei­ro cu­ra, das seis pa­rro­quias que eu ti­ña en­co­men­da­das, e ago­ra na prác­ti­ca, ta­mén das ca­tro de Je­sús Mui­ne­lo. O pri­mei­ro fa­vor per­soal que me fi­xo can­do veu foi ir­me com­prar al­ba, es­to­la e ca­su­lla mo­ra­das pra en­te­rrar­me, pois na­quel mo­men­to, hai dous anos, ti­ña plena con­vic­ción de que mo­rría e fal­tou moi pou­co. Pe­din­lle que fo­sen ba­ra­ti­ñas, por­que se no xuí­zo te­ñen que co­ñe­cer­me po­la rou­pa, mal asun­to. Non mo­rrín, me pa­re­ce, e ata lle per­dín o me­do á mor­te, te­mo un pou­co o co­mo, pe­ro non su­fro po­lo que po­do pen­sar que se­rá e, se ca­dra non é. Vol­veu a pa­sar­me o ano pa­sa­do ve­la cer­ca e non sei por que dé­ron­me ou­tra pró­rro­ga. Esa ex­pe­rien­cia mi­ña xa axu­dou al­go a ou­tros. A al­ba es­treei­na na catedral na des­pe­di­da de Don Ma­nuel. A ca­su­lla per­ma­ne­ceu em­pa­que­ta­da ata o pri­mei­ro domingo de co­res­ma que a es­treou Don Luís no Via­cru­cis de San­ta Lo­caia e non se vol­ve­rá a usar. Non lle di­xen na­da, pra que non lle dese por non po­ñe­la. Eu ti­ña moi­to in­tere­se, por­que pen­sei: “Se ca­dra, se che­go ulin­do a bis­po, igual te­ño re­bai­xa”. Ta­mén se en vez de ate­nuan­te é agra­van­te… pe­ro hai que arris­car­se. Vol­ven­do ó ca­so, al­go de pas­to­ral pró­xi­ma po­do fa­cer gra­cias ó bo en­ten­de­men­to con Javier. Dí­xo­me un ve­ci­ño de Ra­mil: “Ver co­mo se dan a paz, xa é un­ha pre­di­ca­ción”. Lo­go, Don Ma­nuel dei­xou­me di­to: “Des­can­sa, pe­ro es­cri­be y no pier­das el sen­ti­do del hu­mor ni el crí­ti­co”. Sem­pre que me man­da­ron o que que­ro fa­cer fun moi obe­dien­te; e por ou­tro la­do, non que­ría apear do tren ata a úl­ti­ma es­ta­ción. DU­MIO: Un con­se­llo, una men­sa­xe pa­ra os cu­ras más no­vos…

XO­SÉ MA­NUEL: Bre­ve­men­te, ós no­vos di­ría­lles: “¡Áni­mo, ra­pa­ces. Va­le a pe­na! Igual non sa­be­mos moi ben o que dei­xa­mos (e non me re­fi­ro ó ce­li­ba­to que é re­vi­sa­ble e xa tar­da a re­vi­sión); pe­ro se sa­be­mos o que co­lle­mos, com­pen­sa moi­to. E un con­se­lli­ño: can­do vos gus­te o que te­des que fa­cer di­ci­de: “¡Gra­cias a Dios!” e can­do non vos gus­te di­ci­de: “Dios, axú­da­me pra que me gus­te o que te­ño que fa­cer”.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.