Cultura Félix Vi­lla­res Mou­tei­ra

Félix Vi­lla­res Mou­tei­ra

La Voz de Galicia (Viveiro) - Especial1 - - Portada -

Oper­ga­mi­ño máis an­ti­go, que se con­ser­va no Arquivo da Catedral de Mon­do­ñe­do, é do secu­lo IX. En con­cre­to, ten a da­ta de 4 de agos­to do ano 871. E un per­ga­mi­ño que mi­de 28,5 por 40,00 cen­tí­me­tros, es­cri­to en le­tra vi­si­gó­ti­ca cur­si­va. Hai uns anos foi res­tau­ra­do en Ma­drid po­lo Ins­ti­tu­to Na­cio­nal de Res­tau­ra­ción. Trá­ta­se dun­ha im­por­tan­te doa­zón de ca­sas, vi­las, pu­ma­re­gas, li­bros ecle­siás­ti­cos, etc. que fai o pres­bí­te­ro don Be­le­sa­rius, en no­me e por en­car­go do seu fi­na­do ir­mán maior, don Cres­co­nius, ta­mén sa­cer­do­te, á Ba­sí­li­ca de San Mar­ti­ño, bis­po; San­tia­go, após­to­lo, e San­ta María Vir­xe, sen­do bis­po de Mon­do­ñe­do don Ru­de­sin­do. Don Ru­de­sin­do I foi bis­po de Mon­do­ñe­do en­tre os anos 871 e 907 can­do a sé es­ta­ba en San Mar­ti­ño de Mon­do­ñe­do. Foi su­ce­sor de Sa­ba­ri­co I, que foi o pri­mei­ro bis­po nes­ta sé, no ano 864. Es­te per­ga­mi­ño re­fí­re­se á ac­tual pa­rro­quia de San Mar­ti­ño de Be­le­sar (con­ce­llo de Vi­lal­ba). O per­gameo apa­re­ce asi­na­do po­lo bis­po don Ru­de­sin­do; por don Be­li­sa­rio; po­los aba­des Ju­liano, Ho­no­ra­to, Ati­le, Al­vi­to e Froi­la; po­los pres­bí­te­ros Bo­ni­za, Ceho­ve­rie­do, Ar­mi­ro, Tun­ge­ma­rio, Fre­dul­fo, Sen­da­mi­ro e Er­me­ri­co, e po­las tes­te­mu­ñas Ren­de­ri­co, Del­fio, Au­sia e Ar­se­mun­do. A doa­zón fai­se a prol des­ta Igre­xa e de “nos­tris fra­tri­bus et so­ro­ri­bus” (os no­sos ir­máns e ir­más), que po­la or­de­na­ción de Deus per­sis­ten xun­ta­men­te con nós bai­xo a pre­di­ta re­gla (re­gu­la) de fe e xus­ti­za. Is­to pui­de­ra ser sim­ple­men­te a ir­man­da­de de fieis cris­tiáns, a con­gre­ga­ción pa­rro­quial da­quel te­rri­to­rio; pe­ro é máis pro­ba­ble que fo­se un­ha Co­mu­ni­da­de de ir­máns e ir­más (é di­cir, un mosteiro dú­pli­ce) que es­tán bai­xo a pre­di­ta re­gla. Na­quel tem­po os mos­tei­ros dú­pli­ces eran bas­tan­te fre­cuen­tes.

O do­cu­men­to di que es­ta ba­sí­li­ca fo­ra fun­da­da pre­to do río “in te­rri­to­rio La­te­ra”. Trá­ta­se do río La­bra­da que é afluen­te do La­dra. Es­ta ba­sí­li­ca foi fun­da­da an­tes da da­ta do do­cu­men­to por­que xa exis­tía a co­mu­ni­da­de de ir­máns e ir­más e en­tre eles os dous pres­bí­te­ros Cres­co­nio (xa fi­na­do) e Be­li­sa­rio que é pre­ci­sa­men­te quen dá o no­me á es­ta pa­rro­quia.

Po­de cha­mar a aten­ción que es­ta ba­sí­li­ca es­tea de­di­ca­da en se­gun­do lu­gar a San­tia­go após­to­lo, des­pois de San Mar­ti­ño bis­po e an­tes da Vir­xe María. O cul­to a San­tia­go in­ten­si­fi­cou­se no sécu­lo IX ó ser des­cu­ber­to o seu sar­te­go, pe­ro real­men­te xa vi­ña de an­tes. O tí­tu­lo principal de San Mar­ti­ño, bis­po, non de­be sor­pren­der ten­do en con­ta que es­ta ba­sí­li­ca per­ten­cía a an­ti­ga sé de San Mar­ti­ño de Mon­do­ñe­do e que San Mar­ti­ño de Du­mio foi o que es­ten­deu por to­da Galicia o cul­to a San Mar­ti­ño de Tours ó que es­tán de­di­ca­das duas­cen­tas trin­ta e cin­co pa­rro­quias, vin­te e dúas de­las na dio­ce­se de Mon­do­ñe­do-Ferrol.

Des­te do­cu­men­to fo­ron fei­tas dúas trans­cri­cións: un­ha, por Fran­cis­co Ma­yán Fernández e pu­bli­ca­da cun tra­ba­llo de Fran­cis­co Rei­go­sa “In­tere­san­te Di­plo­ma del s. IX” no to­mo V do Bo­le­tín de la Co­mi­sión Pro­vin­cial de Mo­nu­men­tos Históricos y Ar­tís­ti­cos de Lu­go (1953) e ou­tra fei­ta por Enrique Cal Pardo en pu­bli­ca­da en 1999 no li­bro Co­lec­ción Di­plo­má­ti­ca Me­die­val do Arquivo da Catedral de Mon­do­ñe­do. Am­bas trans­cri­cións e mais o tra­ba­llo de Fran­cis­co Rei­go­sa vi­ron de no­vo a luz no li­bro San Mar­ti­ño de Be­le­sar:

me­mo­ria e futuro, pu­bli­ca­do en 2005.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.