La Dipu­tación me­jo­ra va­rias ca­rre­te­ras de la co­mar­ca de A Te­rra Chá

O Go­berno da Depu­tación me­llo­ra as co­mu­ni­ca­cións vi­tais nes­ta zo­na da Te­rra Chá, que cons­tan­te­men­te as em­pre­gan os ve­ci­ños da Pas­to­ri­za, Mei­ra e Rio­tor­to no o seu día a día, pa­ra tra­ba­llar nas súas ex­plo­ta­cións gan­dei­ras ou pa­ra mo­men­tos de xun­tan­za en ca

La Voz de Galicia (Viveiro) - Especial1 - - Portada -

O Pre­si­den­te da Depu­tación su­bli­ñou a súa sa­tis­fac­ción: "me­llo­ra­mos es­tra­das que em­pre­gan ve­ci­ños da Pas­to­ri­za, Mei­ra e Rio­tor­to aco­tío, be­ne­fi­cian­do des­te xei­to a cen­tos de lu­cen­ses"

O Pre­si­den­te da Depu­tación, Da­río Cam­pos Conde, xun­to ao Al­cal­de da Pas­to­ri­za, Pri­mi­ti­vo Igle­sias Sie­rra, su­per­vi­sa­ron es­te luns as me­llo­ras en 11 qui­ló­me­tros de dúas es­tra­das que unen es­te mu­ni­ci­pio cos de Mei­ra e Rio­tor­to. Son ac­tua­cións que fi­nan­cia o Go­berno Pro­vin­cial con 400.200 eu­ros e que es­tán a pi­ques de re­ma­tar, pois, lo­go da lim­pe­za de cu­ne­tas e ta­xeas rea­li­za­da, es­ta­se a acon­di­cio­nar o fir­me con aglo­me­ra­do en quen­te pa­ra, pos­te­rior­men­te, re­for­zar a si­na­li­za­ción ho­ri­zon­tal e ver­ti­cal. Cam­pos e Igle­sias man­ti­ve­ron en­con­tros cos ve­ci­ños pa­ra co­ñe­cer o seu pa­re­cer so­bre as obras. Trá­tan­se da LU-P-4404 de Rio­ca­bo por Pi­ñei­ro e Al­dur­fe ás Ro­dri­gas, on­de se arran­xan ca­se 10 qui­ló­me­tros, den­de o pun­to qui­lo­mé­tri­co 0 ao 9,825. Cam­pos Conde e Igle­sias Sie­rra ex­pli­ca­ron que as me­llo­ras nes­ta vía be­ne­fi­cian di­rec­ta­men­te a un ter­zo dos ve­ci­ños da Pas­to­ri­za que a em­pre­gan aco­tío, pois son os que vi­ven nes­ta zo­na, que é ade­mais a de maior car­ga gan­dei­ra des­te Con­ce­llo chai­re­go. Hai que ter en con­ta que es­ta in­fra­es­tru­tu­ra par­te de Pa­ra­xes, o pri­mei­ro nú­cleo pas­to­ri­cen­se na­da máis saír de Mei­ra, a on­de a dia­rio aco­den os ve­ci­ños da Pas­to­ri­za; e pro­se­gue por Fon­mi­ñá, San Cos­me de Pi­ñei­ro, Guei­mon­de, Aguar­da, Ál­va­re, Bre­to­ña e ata os lí­mi­tes con Al­dur­fe, xa en Rio­tor­to. A ou­tra estrada que se es­tá a me­llo­rar é a LU-P-3006 de Mei­ra á Pas­to­ri­za. Arrán­xa­se o trei­to com­pren­di­do en­tre o pun­to qui­lo­mé­tri­co 1,920 ao 2,830, que é o úni­co que que­da­ba pen­den­te por acon­di­cio­nar pa­ra cul­mi­nar a me­llo­ra in­te­gral des­ta vía, que re­xis­tra moi­to trán­si­to ao unir o mu­ni­ci­pio pas­to­ri­cen­se co po­lí­gono in­dus­trial e o cen­tro mé­di­co de Mei­ra. Cam­pos Conde su­bli­ñou a súa “sa­tis­fac­ción” po­lo arran­xo des­tas es­tra­das con di­ta ache­ga de 400.200 eu­ros que de­ci­diu fa­cer o Go­berno da Depu­tación no mar­co do seu Plan In­te­gral da re­de via­ria pro­vin­cial. “Me­llo­ra­mos co­mu­ni­ca­cións vi­tais nes­ta zo­na da Te­rra Chá, que cons­tan­te­men­te as em­pre­gan os ve­ci­ños da Pas­to­ri­za, Mei­ra e Rio­tor­to pa­ra o seu día a día, pa­ra tra­ba­llar nas súas ex­plo­ta­cións gan­dei­ras ou pa­ra mo­men­tos de xun­tan­za en cal­que­ra des­tes mu­ni­ci­pios, que son exem­plo de con­vi­ven­cia ve­ci­ñal”.

O exe­cu­ti­vo pro­vin­cial fi­nan­ciou con 400.000 eu­ros 10 kms na estrada LU-P-4404 e os 900 mts que es­ta­ban­pen­den­tes na LU-P-3006. As obras con­sis­ten na lim­pe­za de cu­ne­tas e ta­xeas, acon­di­cio­na­men­to do fir­me e o re­for­zo da si­na­la­ción.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.