O Go­berno da Depu­tación apoia aos pi­lo­tos de Ra­li con axu­das de 137.000 eu­ros

A con­ce­sión das axu­das re­xe­ra­se en ba­se a cri­te­rios ob­xec­ti­vos e so­ciais. Te­ra­se en con­ta o pal­ma­rés, o rán­king ofi­cial e a par­ti­ci­pa­ción en pro­bas fe­de­ra­das

La Voz de Galicia (Viveiro) - Especial1 - - PORTADA -

A de Lugo foi a pri­mei­ra Depu­tación en Es­pa­ña que no 2016 pu­xo en mar­cha un­ha pro­gra­ma­ción de axu­das di­ri­xi­da a pi­lo­tos de ra­li. Es­te ano, o Go­berno da Depu­tación re­edi­ta­rá es­ta pro­gra­ma­ción, in­cre­men­tan­do os seus fon­dos ata os 50.000 eu­ros. Son axu­das de con­co­rren­cia com­pe­ti­ti­va, ás que po­de­rán op­tar to­dos aque­les pi­lo­tos da pro­vin­cia, fe­de­ra­dos e que, ao lon­go de 2016, par­ti­ci­pa­ran nun mí­ni­mo de dúas pro­bas das se­guin­tes com­pe­ti­cións: Cam­pio­na­to Na­cio­nal 2016, nas mo­da­li­da­des de ra­lis de as­fal­to, ra­lis de te­rra e mon­ta­ña; Cam­pio­na­to Au­to­nó­mi­co Ga­le­go, nas mo­da­li­da­des de ra­lis de as­fal­to e mon­ta­ña; e Co­pas Pro­mo­ción. As sub­ven­cións te­ñen un­ha con­tía mí­ni­ma de 400 eu­ros e má­xi­ma de 7.000 eu­ros. Con es­tas axu­das po­de­rán su­fra­gar gas­tos fe­de­ra­ti­vos da ac­ti­vi­da­de com­pe­ti­ti­va, gas­tos de ins­cri­ción pa­ra com­pe­ti­cións ou pro­bas ofi­ciais, gas­tos po­la com­pra ou alu­guer do vehícu­lo de com­pe­ti­ción, gas­tos de trans­por­te do vehícu­lo e ma­te­rial de com­pe­ti­ción, así co­mo gas­tos da ad­qui­si­ción de pneu­má­ti­cos do vehícu­lo. Ade­mais, a con­ce­sión des­tas axu­das re­xe­ra­se en ba­se a cri­te­rios ob­xec­ti­vos e so­ciais, pois te­ra­se en con­ta o pal­ma­rés, o rán­king ofi­cial e a par­ti­ci­pa­ción en pro­bas fe­de­ra­das, e va­lo­rá­ron­se po­si­ti­va­men­te as so­li­ci­tu­des de pi­lo­tos con ca­pa­ci­da­des di­fe­ren­tes, as de mu­lle­res pi­lo­to e as de pi­lo­tos con ida­des com­pren­di­das en­tre os 18 e os 30 anos.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.