«Son festexos moi com­ple­tos»

A con­ce­llei­ra des­ta­ca a xes­tión coida­do­sa e pro­fe­sio­nal co­mo se­gre­do dun bo pro­gra­ma

La Voz de Galicia (Viveiro) - Especial1 - - Fiestas patronales de monforte - LUIS CON­DE

Acon­ce­llei­ra de Cul­tu­ra, Ma­ri­na Doutón, des­ta­ca a ca­li­da­de das ac­tua­cións dos festexos des­te ano. Fai fin­ca­pé na va­rie­da­de de ac­ti­vi­da­des do pro­gra­ma e con­vi­da aos lec­to­res a go­zar do mes de agos­to.

—¿Co­mo se pre­sen­tan as fes­tas des­te ano?

—Con moi­tas ga­nas. Es­pe­ra­mos re­pe­tir o éxi­to do pa­sa­do ano. Ela­bo­ra­mos un pro­gra­ma co que pre­ten­de­mos sa­tis­fa­cer os in­tere­ses de to­dos os pú­bli­cos, e es­ta­mos se­gu­ros de que a no­sa apos­ta vai es­per­tar o in­tere­se dos mon­for­ti­nos, dos tu­ris­tas que nos vi­si­ten du­ran­te o mes de agos­to e ta­mén da xen­te dou­tras lo­ca­li­da­des ve­ci­ñas.

—¿Que no­vi­da­des te­mos con res­pec­to ao ano pa­sa­do?

—Nes­te 2017 apos­ta­mos de no­vo po­los con­cer­tos de gran for­ma­to. As no­vi­da­des máis im­por­tan­tes se­rán as ac­tua­cións de Da­vid Bustamante, Celtas Cor­tos, Juan Pe­rro e Ro­sa Cedrón. Ade­mais, te­mos or­ques­tras pa­ra to­dos os gus­tos.

—¿Co­mo se ela­bo­ra un pro­gra­ma des­tas ca­rac­te­rís­ti­cas e can­do se pe­cha?

—Ana­li­za­mos as po­si­bi­li­da­des de mer­ca­do e tra­ta­mos de com­pa­xi­nar o or­za­men­to dis­po­ñi­ble co ti­po de mú­si­ca e coa dis­po­ñi­bi­li­da­de das da­tas dos ar­tis­tas. Tra­ta­mos que o pro­gra­ma se­xa equi­li­bra­do e ta­mén do agra­do de to­dos, in­ten­ta­do dar un­ha res­pos­ta a to­dos os gus­tos mu­si­cais. Po­lo tan­to, o pro­gra­ma vai­se ela­bo­ran­do ó lon­go de to­do ano e as ac­tua­cións van­se pe­chan­do na me­di­da en que se en­cai­xan os pa­rá­me­tros que men­cio­nei an­te­rior­men­te. A ela­bo­ra­ción do pro­gra­ma non o fai un­ha úni­ca per­soa, é o re­sul­ta­do dun­ha va­lo­ra­ción con­xun­ta do equi­po de go­berno.

—Non cree que se­ría bo que se con­fec­cio­na­se un­ha co­mi­sión na que ade­mais dos re­pre­sen­tan­tes do Con­ce­llo hou­be­ra re­pre­sen­tan­tes dou­tros sec­to­res?

—Co­mo ten ma­ni­fes­ta­do o al­cal­de en di­fe­ren­tes oca­sións, se­ría po­si­ti­vo que hou­be­se un­ha im­pli­ca­ción dos sec­to­res pro­du­ti­vos da ci­da­de na or­ga­ni­za­ción das pa­tro­nais, igual que en to­dos os te­mas de in­tere­se xe­ral pa­ra o Con­ce­llo.

—¿Son as fes­tas máis ca­ras dos úl­ti­mos anos?

—Te­ñen o mes­mo cus­te que o pa­sa­do ano. Que­ro des­ta­car que pa­ra nós as fes­tas non su­po­ñen un gas­to. En reali­da­de, son un in­ves­ti­men­to que axu­dan a pro­mo­cio­nar Mon­for­te e a Ri­bei­ra Sa­cra. Hai que ter en con­ta que ta­mén axu­dan eco­no­mi­ca­men­te ó co­mer­cio e á hos­ta­le­ría, en de­fi­ni­ti­va son un re­vul­si­vo pa­ra a eco­no­mía lo­cal.

—¿Que des­ta­ca­ría do pro­gra­ma?

—To­do no seu con­xun­to, pe­ro fa­ría fin­ca­pé es­pe­cial ne­sa sen­da que co­me­za­mos o pa­sa­do ano e na que que­re­mos man­ter as ac­tua­cións de gran for­ma­to e de bal­de pa­ra to­dos.

—¿Co­mo lo­gran ter uns con­cer­tos de ca­li­da­de gra­tuí­tos?

—A re­cei­ta é un­ha xes­tión pro­fe­sio­nal e coida­do­sa. Es­ta­mos moi en con­tac­to cos re­pre­sen­tan­tes de or­ques­tras e dos di­fe­ren­tes ar­tis­tas.

—¿De que ma­nei­ra par­ti­ci­pan os ba­rrios nos festexos?

—Es­coi­tan­do ós ve­ci­ños, as su­xe­ren­cias que nos fan che­gar e, por su­pos­to, sen­do fieis ao que ti­ña­mos com­pro­me­ti­do cos cidadáns e que di­xe­mos na cam­pa­ña, e que era re­cu­pe­rar as fes­tas que his­to­ri­ca­men­te ti­vo Mon­for­te.

—¿Que ac­tua­cións te­ñen pre­vis­tas pa­ra o pú­bli­co in­fan­til?

—Te­re­mos un­ha nova edi­ción do fes­ti­val A rúa é vo­sa, gra­zas ao que po­de­re­mos ver ac­tua­cións tea­trais con mo­ni­cre­ques po­las rúas de Mon­for­te. Nal­gúns mo­men­tos se­rá co­mo ver un cir­co, e ha­be­rá ma­xia, acro­ba­cias e moi­tas ou­tras sor­pre­sas. Es­te ti­po de es­pec­tácu­los van po­der ver­se ó lon­go dos días que du­re a fes­ta. To­dos os de­ta­lles po­den con­sul­tar­se a tra­vés da pá­xi­na do Con­ce­llo.

—¿Que lle gus­ta­ría que ti­ve­ran as fes­tas a maio­res, pe­ro que por li­mi­ta­cións or­za­men­ta­rias non se po­de fa­cer?

—Pa­ra nós es­tán com­ple­tas e Ma­ri­na Doutón é a con­ce­llei­ra de Cul­tu­ra de Mon­for­te ca­da ano ire­mos ana­li­zan­do as po­si­bi­li­da­des que te­mos de me­llo­ra­las en to­dos os as­pec­tos.

—¿Que des­ta­ca­ría do car­tel anun­cia­dor?

—Que é moi ori­xi­nal, que gus­tou á ci­da­da­nía e que po­lo tan­to foi un éxi­to do xu­ra­do que ade­mais, ca­sual­men­te se­lec­cio­nou o deseño dun mon­for­tino, Eros Ma­rin­ho.

—¿O fei­to de re­pe­tir a Da­vid Bustamante coida que po­de res­tar pú­bli­co?

—To­do o con­tra­rio, nes­te mo­men­to Bustamante es­tá na ple- ni­tu­de da súa ca­rrei­ra, ten moi­ta máis proxección e po­lo tan­to es­ta­mos con­ven­ci­dos de que te­rá máis ca­pa­ci­da­de pa­ra atraer a máis pú­bli­co. Sen dú­bi­da go­za­re­mos da súa mú­si­ca e da súa ca­li­da­de ar­tís­ti­ca.

—¿Que men­sa­xe lle tras­la­da aos lec­to­res?

—Que­ro ani­mar a to­dos os mon­for­ti­nos e mon­for­ti­nas a que vaian á fes­ta, que vi­van os con­cer­tos con moi­ta le­di­cia e, en de­fi­ni­ti­va e que go­cen dun pro­gra­ma pen­sa­do pa­ra to­dos eles e pa­ra as xen­tes que nos vi­si­tan.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.