Co­mo or­ga­ni­zar un­ha pe­re­gri­na­ción?

La Voz de Galicia (Viveiro) - Especial1 - - News -

Xa é ha­bi­tual ver a per­soas, gru­pos, pa­rro­quias, co­le­xios ou fa­mi­lias peregrinando po­los ca­mi­ños que as­cen­den ao san­tua­rio de Amil. A tra­di­ción da pe­re­gri­na­ción afun­de as súas raíces no sécu­lo XVIII, co mi­la­gre da Fon­te de Ro­za­ve­lla.

Pó­de­se vir du­ran­te to­do o ano, pe­ro é no mes de se­tem­bro can­do se en­chen os ca­mi­ños de pe­re­gri­nos. Cum­prin­do as súas pro­me­sas, agra­de­cen­do ou pe­din­do, rea­li­zan du­ros tra­xec­tos pa­ra hon­rar á Nai de Deus. A di­fe­ren­za dou­tros lu­ga­res de pe­re­gri­na­ción, co­mo San­tia­go de Com­pos­te­la, non se re­qui­re un­ha me­dia de qui­ló­me­tros pa­ra com­ple­tar o per­co­rri­do. Co­mo é tra­di­cio­nal os pe­re­gri­nos saen dos lu­ga­res de cos­tu­me. A pe­re­gri­na­ción ta­mén é con­si­de­ra­da vá­li­da can­do vi­mos cun gru­po en au­to­car, coa no­sa fa­mi­lia en co­che ou ca­da un de xei­to in­di­vi­dual.

CO­MO OR­GA­NI­ZAR­NOS?

Se se tra­ta dun gru­po or­ga­ni­za­do é bo avi­sar (po­de fa­cer­se por te­lé­fono), pa­ra sa­ber os ho­ra­rios das ce­le­bra­cións (ta­mén se po­den con­sul­tar na pá­xi­na web www.san­tua­rio­los­mi­la­gros­dea­mil.com) e ul­ti­mar to­dos os de­ta­lles ne­ce­sa­rios pa­ra un­ha boa aco­lli­da. Os pe­re­gri­nos po­den so­li­ci­tar un di­plo­ma de re­cor­do. Es­te di­plo­ma que­re ser un sin­xe­lo re­co­ñe­ce­men­to a to­da un­ha his­to­ria de pe­re­gri­na­ción con sécu­los de vi­da. Por iso é tan im­por­tan­te co­mu­ni­car o desexo de vir ao san­tua­rio, pa­ra po­der coor­di­nar a en­tre­ga des­te do­cu­men­to. Pó­de­se so­li­ci­tar a ce­le­bra­ción da Eu­ca­ris­tía e sem­pre hai sa­cer­do­tes pa­ra os que desexen con­fe­sar­se.

O san­tua­rio ten un­has com­ple­tas ins­ta­la­cións que ofre­cen a po­si­bi­li­da­de de que­dar a co­mer co gru­po (ca­pa­ci­da­de ata pa­ra 230 per­soas), com­pos­tas por zo­na de es­pa­re­xe­men­to, gre­lla­das, zo­na de pic­nic e aseos. Ta­mén na con­tor­na do san­tua­rio hai va­rios ba­res. A ca­pe­la pe­ni­ten­cial ta­mén es­tá dis­po­ñi­ble se que­ren ter un­ha ce­le­bra­ción pe­ni­ten­cial.

No com­ple­xo pa­rro­quial te­ñen can­deas e ci­rios da Vir­xe dos Milagres, así co­mo re­cor­dos da Vir­xe e do san­tua­rio.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.