«Foi un or­gu­llo ler o pre­gón»

Car­los Váz­quez Gar­cía Pre­goei­ro O pro­fe­sor do CPI Tino Gran­dío de Gun­tín, na­tu­ral de Mon­te­rro­so, fi­xo un re­pa­so da his­to­ria lo­cal

La Voz de Galicia (Viveiro) - Especial1 - - Fiestas De Monterroso - LUIS CON­DE

Aco­mi­sión de fes­tas eli­xiu ao pro­fe­sor Car­los Váz­quez Gar­cía, na­tu­ral de Mon­te­rro­so, co­ma pre­goei­ro das fes­tas de San Mi­guel. O do­cen­te, ex­per­to en to­po­ni­mia —es­cri­biu tres li­bros so­bre es­ta cues­tión, o úl­ti­mo ver­sa so­bre a to­po­ni­mia de Lu­go— leu on­te un pre­gón no que li­gou his­to­ria e fes­ta.

—¿Que su­pu­xo pa­ra vos­te­de que o eli­xi­sen pre­goei­ro?

—Pa­ra un­ha per­soa na­tu­ral de Mon­te­rro­so é un or­gu­llo. Coi­do que non era me­re­ce­dor de que pen­sa­sen en min, por­que sem­pre é un­ha res­pon­sa­bi­li­da­de. Agra­de­zo de co­ra­zón es­ta in­vi­ta­ción.

—On­te fi­xo un pre­gón no que li­gou his­to­ria e fes­ta.

—O pre­goei­ro de­be ser un­ha per­soa que co­ñe­za a his­to­ria da co­mar­ca, e por iso é fun­da­men­tal li­gar fes­ta e his­to­ria. Ten que sa­ber de on­de vi­mos pa­ra con­se­guir un fu­tu­ro me­llor. Non se po­de dar va­lor ao que se ten se non se co­ñe­ce.

—¿Que des­ta­ca do pre­gón?

—Fi­xen un re­pa­so da his­to­ria de Mon­te­rro­so den­de a épo­ca cas­tre­xa ata a ac­tua­li­da­de, e fun si­tuan­do de for­ma fic­ti­cia o que ía su­ce­den­do en ca­da épo­ca. Fi­xen re­fe­ren­cia aos tres cas­tros que te­mos, ao cul­to aos deu­ses ro­ma­nos, á di­vi­sión pa­rro­quial ata che­gar a mi­ña fes­ta, no que re­pa­sei a mi­ña ne­nez e a ado­les­cen­cia nes­ta fer­mo­sa vi­la. Por úl­ti­mo, re­ma­tei fa­cen­do men­ción ao que me gus­ta­ría que su­ce­de­se.

—¿Que su­po­ñen as fes­tas pa­ra as vi­las e as pa­rro­quias?

—As fes­tas son fun­da­men­tais pa­ra dar­nos con­ta que per­ten­ce­mos a un­ha co­lec­ti­vi­da­de. A fes­ta da vi­la, ade­mais de ser a dos seus ha­bi­tan­tes, ten que ser a de to­do o mu­ni­ci­pio. Nas fes­ti­vi­da­des da tra­di­ción cas­tre­xa xun­tá­ban­se to­dos e co­mían a ca­rón do cas­tro por or­de de an­ti­güi­da­de, e fa­cíano to­dos xun­tos. Co­mo di­cía Gon­zá­lez Re­bo­re­do, as fes­ta é de to­dos, por­que fa­ci­li­ta a par­ti­ci­pa­ción de to­da a co­lec­ti­vi­da­de, e pa­ra to­dos, por­que den­de as co­mi­sións bús­can­se gran­des es­pec­tácu­los pa­ra que acu­da a xen­te. Coi­do que o im­por­tan­te é com­bi­nar as dúas fór­mu­las.

—¿Que des­ta­ca­ría da to­po­ni­mia lu­cen­se?

—En pri­mei­ro lu­gar te­ño que di­cir que hai un gran nú­me­ro de to­pó­ni­mos. O 65 e 70% dos mes­mos apa­re­cen re­flec­ti­dos na Ida­de Me­dia, po­lo que son de lon­ga tra­di­ción. En can­to as ca­pas to­po­ní­mi­cas, a súa ori­xe é la­tino-ro­man­ce. Á ho­ra de po­ñer no­mes ten­se en con­ta os dos lu­ga­res, so­bre to­do a par­tir do sécu­lo VII. Is­to ti­ña que ver co­mo po­der te­rri­to­rial, e os mo­nar­cas e con­des con­ce­dían te­rreos a per­soas da súa fa­mi­lia. O no­me vén da­do po­lo de vi­lla ro­ma­na. Nal­gúns ca­sos que­da­ron os no­mes de vi­lla máis o do pro­pie­ta­rio e nou­tros só o des­te úl­ti­mo. Te­ño que di­cir que os no­mes máis an­ti­gos fan re­fe­ren­cia ás au­gas e ás ele­va­cións de te­rreos.

—¿Que men­sa­xe lle tras­la­da aos lec­to­res?

—De­sé­xo­lle a to­dos os ve­ci­ños de Mon­te­rro­so e aos que nos vi­si­tan es­tes días que go­cen das fes­tas e dos ac­tos que pre­pa­rou a co­mi­sión de fes­tas. Agra­de­zo ao Con­ce­llo que me con­vi­da­se a ler o pre­gón. Foi un pra­cer e un­ha hon­ra pa­ra un­ha per­soa na­tu­ral do mu­ni­ci­pio co­ma min.

Váz­quez, ex­per­to en to­po­ni­mia

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.