«Te­mos un car­tel de ca­li­da­de»

O re­xe­dor de Mon­te­rro­so des­ta­ca a apos­ta que fan po­las atrac­cións mu­si­cais e po­las tra­di­cións

La Voz de Galicia (Viveiro) - Especial1 - - Fiestas De Monterroso - LUIS CON­DE

Mi­guel Ri­co go­za­rá das fes­tas de San Mi­guel por primeira vez co­mo al­cal­de de Mon­te­rro­so. O ano pa­sa­do foi o má­xi­mo res­pon­sa­ble de or­ga­ni­za­las en ca­li­da­de de con­ce­llei­ro de Cul­tu­ra, pe­ro nes­ta oca­sión deu­lle o re­le­vo a Bea­triz Car­ba­llo. O re­xe­dor des­ta­ca a ca­li­da­de e a va­rie­da­de dun pro­gra­ma de ac­tos, ao que o Con­ce­llo ache­ga­rá 23.000 eu­ros. Ri­co ta­mén fai un re­pa­so das ac­tua­cións que se es­tán le­van­do a ca­bo no mu­ni­ci­pio.

—¿Co­mo se pre­sen­tan os fes­te­xos de San Mi­guel?

—Moi ani­ma­dos e in­tere­san­tes po­lo car­tel que ofer­ta­mos. O fei­to de que coin­ci­dan coa fin de se­ma­na fa­rá que se ache­gue máis xen­te a Mon­te­rro­so, al­go que xa pui­de­mos ver on­te coa lec­tu­ra do pre­gón. Ade­mais, as pre­vi­sións apun­tan que te­re­mos bo tem­po.

—¿Que des­ta­ca­ría do pro­gra­ma des­te ano?

—A va­rie­da­de, xa que a con­ce­llei­ra de Cul­tu­ra, Bea­triz Car­ba­llo, e a co­mi­sión que pre­si­de ela­ce­do­ra bo­rou un pro­gra­ma de ca­li­da­de e adap­ta­do a to­dos os pú­bli­cos. O que pre­ten­de­mos é con­ten­tar a to­dos. Man­te­mos a tra­di­ción das ban­das de música, al­go que gus­ta á xen­te maior. Apos­ta­mos po­los ne­nos, cun fes­ti­val o do­min­go po­la tar­de, e lo­go es­tán as or­ques­tras e o con­cer­to do gru­po As­ta­rot. De to­dos os xei­tos te­ño que di­cir que es­te ano hai un­ha in­no­va­ción, que é o con­cer­to de rock que ofre­ce­rá a ban­da de An­tas de Ulla. Por úl­ti­mo non que­ro es­que­cer­me dos fo­gos de ar­ti­fi­cio, que re­cu­pe­ra­mos des­pois de moi­tos anos.

—¿Cal é a ache­ga do Con­ce­llo?

—O Con­ce­llos des­ti­na ás fes­tas de Mon­te­rro­so un to­tal de 25.000 eu­ros, dos que 2.000 fo­ron pa­ra San Cris­to­vo e os 23.000 res­tan­tes van pa­ra o San Mi­guel. Ten­do en con­ta que o or­za­men­to as­cen­de a 32.000 eu­ros, coi­do que a no­sa ache­ga é im­por­tan­te.

—Vos­te­de afron­ta por primeira vez co­mo al­cal­de es­tes fes­te­xos, ¿co­mo va­lo­ra es­tes me­ses ao fron­te do Con­ce­llo?

—É un­ha ex­pe­rien­cia en­ri­queun e in­tere­san­te, e pa­ra a xen­te que for­ma par­te do equi­po de go­berno e pa­ra os tra­ba­lla­do­res mu­ni­ci­pais só te­ño ver­bas de agra­de­ce­men­to, por­que fan que es­te la­bor se­xa máis le­va­dei­ro.

—¿En que obras es­tán tra­ba­llan­do na ac­tua­li­da­de?

—Nos úl­ti­mos me­ses le­va­mos a ca­bo obras de as­fal­ta­do nas pa­rro­quias do mu­ni­ci­pio, pe­ro aín­da non re­ma­ta­mos. Es­ta ac­tua­ción, a que des­ti­na­mos uns 50.000 eu­ros, in­clúe­se nun pro­gra­ma de obras pa­rro­quiais. Pro­xi­ma­men­te con­ti­nua­re­mos con es­tas ac­tua­cións, por­que con­si­de­ra­mos que man­ter en con­di­cións as es­tra­das mu­ni­ci­pais é fun­da­men­tal.

—¿En que si­tua­ción se ato­pan as obras de am­plia­ción da re­si­den­cia de maio­res?

—Es­pe­ra­mos que es­tean re­ma­ta­das a me­dia­dos do mes que vén. Con es­ta am­plia­ción con­ta­re­mos con vin­te e cin­co pra­zas pa­ra per­soas de­pen­den­tes. Es­te ser­vi­zo úne­se ás de­zaoi­to pra­zas de cen­tro de día, das que es­tán ocu­pa­das oi­to. O in­ves­ti­men­to que fai a Depu­tación as­cen­de a to­tal de 250.000 eu­ros.

—¿Que ac­tua­cións te­ñen pre­vis­to a cur­to e me­dio pra­zo?

—Nas vin­dei­ras se­ma­nas pro­ce­de­re­mos á re­no­va­ción do alu­mea­do do po­lí­gono in­dus­trial e ao pe­che do pun­to lim­po, dúas ac­tua­cións que son ne­ce­sa­rias. Xa te­mos ad­xu­di­ca­das por va­lor de 90.000 eu­ros as obras de arran­xo da es­tra­da que con­du­ce ao en­torno do cam­po de fút­bol. Que­ro des­ta­car ta­mén que re­ma­ta­mos as obras da pis­ci­na.

—¿Ten al­gún so­ño pa­ra o que res­ta de man­da­to?

—Nós non fa­la­mos de gran­des obras. O prio­ri­ta­rio é o man­te­men­to de ser­vi­zos, cen­trán­do­nos en cues­tións so­ciais e in­fraes­tru­tu­ras.

—¿Que men­sa­xe lle tras­la­da aos lec­to­res?

—Con­ví­doos que ve­ñan a go­zar es­ta fin de se­ma­na das fes­tas de Mon­te­rro­so. Se­rán re­ci­bi­dos por uns ve­ci­ños moi hos­pi­ta­la­rios.

FO­TO LOIS

Mi­guel Ri­co es el al­cal­de de Mon­te­rro­so

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.