«A fei­ra na­ceu co ob­xec­ti­vo de po­ñer o butelo no ma­pa»

O re­xe­dor da Fon­sa­gra­da des­ta­ca o re­co­ñe­ce­men­to que ten es­te pro­du­to tan­to en Ga­li­cia co­mo nas ca­pi­tais de pro­vin­cia do nor­te de Es­pa­ña

La Voz de Galicia (Viveiro) - Especial1 - - Feira Do Butelo - LUIS CON­DE

Oal­cal­de da Fon­sa­gra­da, Ar­ge­lio Fernández, des­ta­ca a im­por­tan­cia do butelo co­mo un pro­du­to que di­na­mi­za a eco­no­mía do mu­ni­ci­pio. Fai fin­ca­pé na tras­cen­den­cia que ten a fei­ra que to­dos os anos se ce­le­bra por es­tas da­tas, e na que se da­rá ci­ta nu­me­ro­so pú­bli­co. —¿Co­mo se pre­sen­ta a Fei­ra do Butelo?

—Con moi­ta ani­ma­ción, e máis se o tem­po nos acom­pa­ña. Con­ta­mos que pa­sen po­la Fon­sa­gra­da es­ta fin de se­ma­na un­has 15.000 per­soas, que vi­rán de to­da Ga­li­cia, As­tu­rias, País Vas­co, Can­ta­bria e Cas­te­la e León. —¿Con que ob­xec­ti­vo na­ceu o cer­ta­me?

—Na­ceu hai 21 anos coa in­ten­ción de po­ñer no ma­pa un pro­du­to tan ex­qui­si­to co­mo o butelo, que xa ten un re­co­ñe­ce­men­to te­rri­to­rial im­por­tan­te. Co pa­so dos anos, aos de­ri­va­dos do co­cho fó­mos­lle en­ga­din­do ou­tros. Que­re­mos que es­te cer­ta­me gas­tro­nó­mi­co se­xa un­ha des­cul­pa pa­ra co­mer un bo co­ci­do, que es­ta fin de se­ma­na pre­pa­ran to­dos os res­tau­ran­tes do mu­ni­ci­pio por un pre­zo de 25 eu­ros. —¿Que pe­cu­lia­ri­da­des pre­sen- ta o butelo? —É un pro­du­to que le­va cos­te­la e pe­les do co­cho, todo ade­re­za­do con pe­men­to, allo e sal. Ten un pro­ce­so de ma­ce­ra­ción de dous a tres días. Hai que ama­sa­lo un­ha vez ao día. Lo­go, em- bú­te­se nos ca­be­ros do co­cho, e o butelo fai­se no seu es­tó­ma­go. Es­ta­mos fa­lan­do dun pro­ce­so de ela­bo­ra­ción to­tal­men­te tra­di­cio­nal. En to­das as ca­sas da Fon­sa­gra­da se fai o butelo. —Po­lo que co­men­ta ten moi- ta acep­ta­ción in­clu­so fó­ra de Ga­li­cia. —Ten moi­to mer­ca­do. Po­do di­cir que en to­das as ca­pi­tais de pro­vin­cia do nor­te de Es­pa­ña pó­de­se ato­par butelo da Fon­sa­gra­da. In­clu­so en In­gla­te­rra. Des­pois da Gue­rra Ci­vil ha­bía na Fon­sa­gra­da uns 18.000 ha­bi­tan­tes e den­de aque­la bai­xa­mos a 3.600. Es­ta re­ce­sión de­mo­grá­fi­ca foi de­bi­da en par­te á emi­gra­ción, e to­dos os que mar­cha­ron im­plan­ta­ron o con­su­mo des­te em­bu­ti­do alá on­de fo­ron. —¿Can­do se­rá de­cla­ra­do o cer­ta­me co­mo Fes­ta de In­tere­se Tu­rís­ti­co? —A do­cu­men­ta­ción xa es­tá pre­sen­ta­da, pe­ro aín­da non te­mos con­tes­ta­ción. Xa fi­xe­mos a so­li­ci­tu­de na edi­ción nú­me­ro 15, pe­ro ne­se in­tre esi­xi­ron que o cer­ta­me ti­ña que su­mar vin­te, e aí es­ta­mos. —¿A quen lle en­tre­gan o Butelo de Ou­ro?

—Nes­ta oca­sión se­rá pa­ra Oli­ve­rio Ál­va­rez, un­ha per­soa en­tra­ña­ble e que man­ti­vo o ofi­cio de fe­rrei­ro ata os no­sos días. Ten un­has mans ma­ra­bi­llo­sas, e máis que ma­zar no fe­rro pa­re­ce que es­cul­pe. Foi fa­bri­can­te de trom­pas de bi­rim­baos e adi­cou­se á for­ma­ción.

ÓS­CAR CELA

El al­cal­de de A Fon­sa­gra­da, Ar­ge­lio Fernández, con un butelo.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.