«Pa­sei aí moi­tos ve­ráns»

Al­ve­lo re­cuer­da con ca­ri­ño su es­tan­cia en la pa­rro­quia de San Ma­me­de de Torre

La Voz de Galicia (Viveiro) - Especial1 - - Entrevista - LUIS CONDE

Oex­fut­bo­lis­ta do Cel­ta, Jo­sé Ma­nuel Al­ve­lo, se­rá o en­car­ga­do de ler ma­ñá o pre­gón da Fes­ta do Cal­do de Ósos. Re­cor­da con aga­ri­mo os ve­ráns que pa­sou de neno na pa­rro­quia de San Ma­me­de de Torre, lu­gar no que na­ceu o seu pai. Sín­te­se hon­ra­do con esta in­vi­ta­ción, e avan­za que no tex­to re­co­lle­rá, pre­ci­sa­men­te a súe re­la­ción con Taboada.

—¿Qué su­pón para vos­te­de ler o pre­gón?

—É un­ha hon­ra, pe­ro ao mes­mo tem­po un­ha res­pon­sa­bi­li­da­de. Te­ño que di­cir que é a pri­mei­ra vez que ac­túo de pre­goei­ro. O fei­to de que os meus avós e o meu pai se­xan de Taboada foi cla­ve para que me con­vi­da­ran.

—¿Era vos­te­de asi­duo a Taboada?

—Ata os de­za­seis anos pa­sei prac­ti­ca­men­te to­dos os ve­ráns alí. Lo­go, o fei­to de in­cor­po­rar­me ao Cel­ta e de ter que ades­trar xa máis se­ria­men­te li­mi­tou a mi­ña pre­sen­za en Taboada, pe­ro sem­pre man­ti­ven os víncu­los co mu­ni­ci­pio.

—Vai exal­tar vos­te­de o pra­to es­tre­la do mu­ni­ci­pio, ¿xa o pro­bou?

—Si pro­beino al­gun­ha vez tan­to aí co­mo aquí en Vi­go. Re­cor­do que na épo­ca da matanza, o meu avó traía chou­ri­zos e a cos­te­la, e aquí fa­cia­mos o cal­do de ósos. É un pra­to que re­co­men­do, so­bre to­do no in­verno, que é can­do fai máis frío.

—¿Co­mo se­rá o pre­gón?

—Tra­ta­rei de fa­cer un re­pa­so po­la mi­ña in­fan­cia, di­cin­do den­de on­de ve­ño, e re­pa­sar os la­zos que me unen a Taboada. Non me que­ro es­ten­der moi­to.

—Co­mo ex­fut­bo­lis­ta do Cel­ta, ¿co­mo ve o equi­po esta tem­po­ra­da?

—Es­tano fa­cen­do ben. A pe­sar de que co­me­za­ron al­go ti­tu­bean­tes, ago­ra asen­ta­ron e o xo­go do equi­po é bo. De to­dos os xei­tos, hai que di­cir que te­ñen mar­xe de me­llo­ra, por­que es­ta­mos fa­lan­do de xen­te xo­ve, que irá me­dran­do co pa­so dos par­ti­dos. Lo­go, te­mos un fut­bo­lis­ta que mar­ca as di­fe­ren­zas, co­mo é Ia­go As­pas, do que hai que go­zar men­tres es­tea aquí.

—¿Sor­pren­de­ríao que Ia­go non es­ti­ve­se na lis­ta de Lo­pe­te­gui para o mun­dial de Ru­sia?

—Sor­pren­de­ría­me moi­to, por­que es­ta­mos fa­lan­do do má­xi­mo go­lea­dor es­pa­ñol do cam­pio­na­to, con 15 tan­tos. Lo­go, xo­gar xa é ou­tra cou­sa, aín­da que te­ño que di­cir que po­de­ría ser ti­tu­lar tran­qui­la­men­te.

—¿Hai di­fe­ren­zas en­tre o fút- bol que se prac­ti­ca­ba na súa épo­ca e o ac­tual?

—O fút­bol ac­tual é dis­tin­to, máis rá­pi­do. Da­que­la era máis len­to, por­que os cam­pos eran peo­res. É ver­da­de que ás ve­ces vól­ve­se abu­rri­do con tan­to to­que, pe­ro es­tá cla­ro que fa­la­mos dun fút­bol máis pro­fe­sio­nal.

—¿Hai tan­ta fi­de­li­da­de as co- res co­mo an­tes?

—Para na­da. Sal­vo en ca­sos pun­tuais, ago­ra per­deu­se o ro­man­ti­cis­mo no fút­bol. Os xo­ga­do­res es­tán pou­co tem­po nos equi­pos.

—¿Que lle di aos lec­to­res?

—Con­ví­doos a go­zar dun­ha mag­ní­fi­ca fin de semana en Taboada, on­de se­rán moi ben re­ci­bi­dos.

FO­TO M. MORALEJO

El ex­fut­bo­lis­ta del Cel­ta, Jo­sé Ma­nuel Al­ve­lo, es­ta­rá ma­ña­na en Taboada

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.