¿Co­mo vi­vían os ro­ma­nos de Lu­cus?

La Voz de Galicia (Viveiro) - Especial1 - - La Vida Cotidiana -

Cae­tra Lu­cen­sium é un­ha aso­cia­ción de re­cons­tru­ción his­tó­ri­ca cen­tra­da fun­da­men­tal­men­te no im­pe­rio ro­mano en to­da as súas épo­cas, sen des­car­tar a cul­tu­ra cas­tre­xa.

Na­ce co­mo aso­cia­ción no ano 2010, e des­de en­tón non pa­rou de cre­cer. O no­me do co­lec­ti­vo foi to­ma­do dun­ha moe­da co­ñe­ci­da co­mo Cae­tra ou Mo­ne­ta-Cas­tren­sis, que, se­gun­do di­ver­sas fon­tes de in­for­mación, foi acu­ña­da en Lu­cus Au­gus­ti du­ran­te o pe­río­do com­pren­di­do en­tre os anos 25 e 23 a.C.

O ele­men­to que de­fi­ne e lle dá no­me á moe­da apa­re­ce re­pre­sen­ta­do no re­ver­so, e non é ou­tro que o ca­rac­te­rís­ti­co es­cu­do re­don­do in­dí­xe­na, sím­bo­lo do seu ar­ma­men­to e, po­lo tan­to, un­ha mos­tra de iden­ti­da­de dos po­bos ga­lai­cos.

Na co­lec­ción do Mu­seo Pro­vin­cial de Lu­go con­sér­van­se de­zaoi­to moe­das da cae­tra: tre­ce ases e cin­co du­pon­dios. As súas ti­po­lo­xías son si­mi­la­res: an­ver­so coa ca­be­za de Augusto e re­ver­so an­epi­grá­fi­co coa cae­tra, ás ve­ces acom­pa­ña­da de ar­mas co­ma a lan­za (so­li­fe­rra), a es­pa­da (fal­ca­ta ibé­ri­ca), ou o pu­ñal (pu­gio ro­mano).

Des­de a súa fun­da­ción apos­ta­ron po­la par­ti­ci­pa­ción das per­soas que for­man par­te da aso­cia­ción en di­ver­sos obra­doi­ros que sir­van pa­ra con­fec­cio­nar o ma­te­rial que des­pois se­rá usa­do nas di­fe­ren­tes ac­ti­vi­da­des que rea­li­zan ao lon­go do ano.

Pro­mo­ción no ex­te­rior

Nes­tes oi­to anos de exis­ten­cia, par­ti­ci­pa­ron en nu­me­ro­sos even­tos de re­crea­ción de Ga­li­cia, no Es­ta­do e mes­mo en Eu­ro­pa, acu­din­do a lu­ga­res e ce­le­bra­ción tan dis­pa­res co­mo As Pon­tes, Cam­bre, Xinzo da Limia, Vi­go, Mon­te­fu­ra­do, a fes­ta de As­tu­res e Ro­ma­nos en As­tor­ga, Ca­ca­be­los, as Gue­rras Cán­ta­bras de Can­ta­bria, Si­tTi­bi Te­rra Le­vis en Úbe­da, Ar­te et Mar­te en León, Car­ta­xi­ne­ses e Ro­ma­nos en Car­ta­xe­na… Fo­ra de Es­pa­ña acu­di­ron a Portugal pa­ra o Aqua Fla­viae de Cha­ves, a Bra­ga, Vi­la­pou­ca de Aguiar, e en Fran­cia par­ti­ci­pa­ron nos Gran­des Xo­gos Ro­ma­nos de Ni­mes. Con to­do is­to fi­xe­ron ta­mén un­ha gran­de pro­mo­ción de Lu­go e da fes­ta do Ar­de Lu­cus.

Cae­tra Lu­cen­sium for­ma un­ha gran fa­mi­lia que des­de a súa fun­da­ción di­vul­ga as­pec­tos da épo­ca ro­ma­na que pa­ra moi­tas per­soas eran des­co­ñe­ci­dos. Fo­ron a pri­mei­ra aso­cia­ción que fa­bri­cou in si­tu un­ha moe­da en Lu­go, ex­pli­can­do to­do o pro­ce­so des­de a fun­di­ción do me­tal ata o mes­mo mo­men­to de acu­ñar e con­se­guir a moe­da.

Ta­mén fo­ron os pio­nei­ros na es­cri­tu­ra ro­ma­na, crean­do o pri­mei­ro cen­so da fes­ta do Ar­de Lu­cus, o que fi­xo que a par­tir de en­tón nu­me­ro­sas per­soas non só se ca­rac­te­ri­za­sen de épo­ca du­ran­te a fes­ta, se­nón que ta­mén adop­ta­sen un no­me co­mo os que ha­bía no Lu­cus Au­gus­ti. Por iso no Ar­de Lu­cus é doa­do co­ñe­cer a Ci­ce­ro, Fla­bio, Atia, Cal­pur­nia...

Fan di­vul­ga­ción his­tó­ri­ca con obra­doi­ros en co­le­xios, mu­seos, e mes­mo fo­ron quen de le­var a ca­bo a re­pre­sen­ta­ción dun­ha cru­ci­fi­xión, dun ri­tual de Mi­tra. Pu­xe­ron a fun­cio­nar di­ver­sos apa­re­llos da épo­ca co­ma un tear ro­mano, mos­tra­ron os se­gre­dos da ma­qui­lla­xe e pei­tea­do na an­ti­ga Ro­ma e ata ache­ga­ron os mis­te­rios da en­xe­ñe­ría ro­ma­na que dei­xou as súas pe­ga­das con pon­tes e acue­du­tos, re­pro­du­cin­do pa­ra iso ma­te­rial de agri­men­su­ra usa­do na épo­ca.

A saú­de nos tem­pos de Ro­ma

Te­ñen un apar­ta­do cen­tra­do no coida­do da saú­de en Ro­ma; mos­tran­do co­mo eran os ins­tru­men­tos de me­di­ci­na, co­mo cor­ta­ban ósos, fa­cían tre­pa­na­cións, su­tu­ra­ban… e des­de o ano pa­sa­do as per­soas que lles vi­si­ta­ron sa­ben o que é un­ha va­le­tu­di­na­ria, un hos­pi­tal de cam­pa­ña que re­crea­ron no seu cam­pa­men­to do Ar­de Lu­cus e gra­zas a o que os vi­si­tan­tes sou­be­ron co­mo se­pa­ra­ban aos di­fe­ren­tes en­fer­mos ou co­mo con­se­guían que non hou­be­se co­rren­tes de ai­re que lles afec­ta­sen.

Con­tan cun­ha xa fa­mo­sa cau­po­na (es­ta­ble­ce­men­to de co­mi­das), on­de non só é po­si­ble ver pro­du­tos e ali­men­tos em­pre­ga­dos na épo­ca, se­nón que se po­de chei­rar e ver co­mo pre­pa­ran o pan, ou os gui­sos, tras­la­dan­do no tem­po aos vi­si­tan­tes con só pe­char os ollos e es­coi­tar o ruído dos mor­tei­ros.

Un­ha das re­crea­cións mais com­ple­xas e que mais sor­pren­deu foi a cons­tru­ción dun­ha an­ti­ga bom­ba hi­dráu­li­ca, que se usa­ba tan­to en mi­ne­ría co­mo na cap­ta­ción de au­ga, pa­ra o que re­pli­ca­ron un­ha que se ato­pa no Mu­seo Ar­queo­ló­xi­co Na­cio­nal, re­crean­do ao mes­mo tem­po o cor­po de vi­xíes (bom­bei­ros) e ex­pli­can­do o seu fun­cio­na­men­to.

Co­la­bo­ran con ou­tras aso­cia­cións do Ar­de Lu­cus e dan a co­ñe­cer xun­to con dúas de­las, un xo­go da épo­ca si­mi­lar ao rug­bi que é o har­pas­tum. Na noi­te do ven­res da fes­ta pó­de­se des­cu­brir co­mo era es­te xo­go e ani­mar ao equi­po pre­fe­ri­do.

Es­ta ac­ti­va aso­cia­ción es­ta­se a cen­trar nos úl­ti­mos anos o mun­do dos gla­dia­do­res, ofre­cen­do no Ar­de Lu­cus e, en moi­tos ou­tros even­tos, non só os com­ba­tes se­nón o por­que dos gla­dia­do­res e to­do o seu fas­ci­nan­te mun­do. Ho­xe xa son fa­mi­lia­res pa­ra moi­tos lu­cen­ses e vi­si­tan­tes pa­la­bras co­mo re­tia­rio, se­cu­tor, ho­plo­ma­co, tra­cio, sum­ma­ru­dis... e co seu bo fa­cer, con­se­gui­ron que a fa­ma gla­dia­do­res de Lu­cus Au­gus­ti che­gue a ca­se to­dos os con­fíns do im­pe­rio.

Es­te ano o cam­pa­men­to da Cae­tra Lu­cen­sium re­crea­rá as pa­re­des dun­ha rúa de Ro­ma, que ben po­de­ría ser Pom­peia ou, por que non, Lu­cus Au­gus­ti, mes­mo coas súas pin­ta­das.

Ta­mén es­tá a desen­vol­ver un pro­xec­to de re­cu­pe­ra­ción de di­fe­ren­tes ins­tru­men­tos de per­cu­sión da épo­ca, pa­ra mos­trar co­mo era a súa fa­bri­ca­ción e en que ám­bi­to se usa­ba ca­da un de­les.

Cae­tra Lu­cen­sium ta­mén fai un im­por­tan­te es­for­zo pa­ra ache­gar o Ar­de Lu­cus e que to­dos os co­lec­ti­vos so­ciais da ci­da­de po­dan go­zar des­ta mag­ní­fi­ca fes­ta, e así po­lo seu cam­pa­men­to pa­sa­ron per­soas da ON­CE, ADACE, AU­XI­LIA, ou a Or­ga­ni­za­ción de Xor­dos, cos que com­par­ten o seu gus­to e di­ver­ti­men­to.

Fo­ron pio­nei­ros na es­cri­tu­ra ro­ma­na e en po­ñer no­mes de Lu­cus Au­gus­ti

Nos úl­ti­mos anos es­tan­se a cen­trar no mun­do dos gla­dia­do­res

Dan a co­ñe­cer o xo­go do «har­pas­tum», si­mi­lar ao rug­bi

FO­TO ÓS­CAR CE­LA

O co­lec­ti­vo con­ta cun­ha an­ti­ga bom­ba hi­dráu­li­ca, ba­sea­da nun­ha que hai no Mu­seo Ar­queo­ló­xi­co Na­cio­nal.

FO­TO ÓS­CAR CE­LA

Ex­trac­ción dun den­te.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.