¿Co­mo vi­vían as tri­bos galaicas?

La Voz de Galicia (Viveiro) - Especial1 - - La Vida Cotidiana -

A aso­cia­ción cul­tu­ral Mer­ce­na­rios Ga­lai­cos na­ce en Lu­go no ano 2013, xus­to ao re­ma­tar a dé­ci­mo se­gun­da edi­ción do Ar­de Lu­cus. A idea de crear a aso­cia­ción xur­de dun gru­po ini­cial moi re­du­ci­do, de no­ve per­soas, que bo­ta­ban en fa­lla na fes­ta a pre­sen­za do po­bo cas­tre­xo, dos no­sos an­ter­gos pre­rro­ma­nos, e ta­mén a es­ca­sa par­ti­ci­pa­ción da fes­ta fó­ra das mu­ra­llas, po­lo que de­ci­di­ron le­var a ca­bo un pro­xec­to que ía su­po­ñer po­ñer en va­lor cer­tos pun­tos da his­to­ria dos no­sos an­ter­gos, da cul­tu­ra cas­tre­xa e a aper­tu­ra do Ar­de Lu­cus a ou­tras zo­nas de Lu­go fó­ra do cas­co his­tó­ri­co, to­do elo cun con­ti­do cul­tu­ral e ri­gor his­tó­ri­co.

A ima­xe que te­mos dos ga­lai­cos é a dun po­bo illa­do, que ata a che­ga­da dos ro­ma­nos, non ti­vo vin­cu­la­ción co res­to das cul­tu­ras da zo­na me­di­te­rrá­nea. Na­da máis lon­xe da reali­da­de, xa que a pre­sen­za de va­len­tes e ague­rri­dos ho­mes da no­sa te­rra nos exér­ci­tos de Car­ta­go, non dei­xa de se­ren un­ha mos­tra das an­ti­gas co­ne­xións mer­can­tís dos ga­lai­cos cos fe­ni­cios.

Es­tes gue­rrei­ros eran mer­ce­na­rios, con­tra­ta­dos en­tre ou­tros po­lo gran Aní­bal e os seus va­len­tes car­ta­xi­ne­ses, e eran ga­lai­cos, po­lo que o no­me da Aso­cia­ción es­ta­ba cla­ro: Mer­ce­na­rios Ga­lai­cos.

A pre­sen­ta­ción ofi­cial da aso­cia­ción por par­te do Con­ce­llo foi no ano 2014, o pri­mei­ro ano de Mer­ce­na­rios Ga­lai­cos par­ti­ci­pan­do ac­ti­va­men­te no Ar­de Lu­cus, e mon­tan­do o cam­pa­men­to. Foi un ano de du­ro e abun­dan­te tra­ba­llo, xa que foi un­ha ta­re­fa ar­te­sa­nal, fei­to to­do coas mans dos so­cios e so­cias e par­tin­do de ce­ro.

A aso­cia­ción fi­xo obra­doi­ros de coi­ro, ma­dei­ra, ar­mas... mos­tran­do á po­boa­ción a for­ma de vi­da do po­bo cas­tre­xo, a súas ves­ti­men­tas, as súas vi­ven­das (pa­llo­zas) cren­zas, cos­tu­mes...

Ao re­ma­te dese pri­mei­ro Ar­de Lu­cus, a aso­cia­ción to­ma a de­ci­sión de tro­car o seu cam­pa­men­to e fa­ce­lo in­te­gra­men­te de ma­dei­ra, o que su­pu­xo un­ha im­por­tan­te me­llo­ra e a po­si­bi­li­da­de de ofre­cer aos vi­si­tan­tes un maior nú­me­ro de ac­ti­vi­da­des.

Da­que­la, Mer­ce­na­rios Ga­lai­cos ti­ña xa 98 aso­cia­dos, o cal fai de­les un­ha das aso­cia­cións de Ar­de Lu­cus máis nu­me­ro­sas, e con­ta con den­de ne­nos e ne­nas de ape­nas 5 me­ses ata so­cios de 60 anos, cun­ha im­por­tan­te par­ti­ci­pa­ción ac­ti­va tan­to de ho­mes co­mo de mu­lle­res.

Ca­da ano au­mén­tan­se o nú­me­ro de ac­ti­vi­da­des e vai­se afon­dan­do en dis­tin­tos as­pec­tos da cul­tu­ra cas­tre­xa, que que­ren dar a co­ñe­cer á po­boa­ción: den­de mos­tras de tra­ba­llo con ferro, ta­lle­res de es­pa­das pa­ra ne­nos, re­pre­sen­ta­cións de vo­das e en­te­rros cas­tre­xos, ri­tuais de ini­cia­ción, ir­man­da­des con ou­tras aso­cia­cións co­mo os Mer­ce­na­rios Ibe­ros, vi­si­tas guia­das…

No Ar­de Lu­cus do 20017 re­creou­se no cam­pa­men­to un­ha má­moa a ta­ma­ño ca­se real e ti­vo lu­gar a pre­sen­ta­ción da moe­da ofi­cial cas­tre­xa do Ar­de Lu­cus, ini­cia­ti­va que te­rá con­ti­nui­da­de es­te ano e con­fían que ta­mén os se­guin­tes da­da a boa aco­lli­da que ti­vo. A moe­da des­ta edi­ción é un po­tín de Re­mi, fun­di­do en bronce, acu­ña­do en­tre os anos 80 e 20 a.C. po­los po­bos cel­tas de­no­mi­na­dos Re­mi, que ha­bi­ta­ban a Ga­lia Co­ma­ta.

Por ou­tra ban­da, a ac­ti­vi­da­de da Aso­cia­ción non se li­mi­ta uni­ca­men­te á par­ti­ci­pa­ción no Ar­de Lu­cus, xa que ao lon­go de to­do o ano, lé­van­se a ca­bo dis­tin­tas ac­ti­vi­da­des, co­mo son a par­ti­ci­pa­ción en ou­tras fes­tas de re­crea­ción his­tó­ri­ca (Vi­cus Spa­co­rum en Vi­go, Car­ta­xi­ne­ses e Ro­ma­nos en Car­ta­xe­na...), ac­ti­vi­da­des no pro­gra­ma Lu­cus Cul­tu­ral, que se ce­le­bra nos dis­tin­tos ba­rrios de Lu­go, con re­crea­cións da Fes­ta do Bel­tai­ne, xo­gos po­pu­la­res, ce­le­bra­ción de par­ti­dos de Har­pas­tum…, e ac­ti­vi­da­des que xa son un clásico en Mer­ce­na­rios Ga­lai­cos, co­mo é a ce­le­bra­ción do Sa­maín, ac­ti­vi­da­de aber­ta e di­ri­xi­da fun­da­men­tal­men­te aos máis pe­que­nos, ou a co­la­bo­ra­ción con co­lec­ti­vos e en­ti­da­des que tra­ba­llan na in­clu­sión so­cial dos máis des­fa­vo­re­ci­dos.

Acu­ñan a moe­da cas­tre­xa, sen­do a des­te ano un po­tín do po­bo Re­mi

FO­TO ÓS­CAR CE­LA

Es­ta aso­cia­ción, que na­ce hai cin­co anos, xa che­gou ao cen­to de mem­bros e te­ñen co­mo ob­xec­ti­vo re­cu­pe­rar e po­ñer en va­lor os cos­tu­mes e a vi­da co­tiá dos cas­tre­xos. Pa­ra iso non só fan re­crea­ción his­tó­ri­ca du­ran­te a fes­ta lu­cen­se —cun cam­pa­men­to moi vi­si­ta­do na Hor­ta do Se­mi­na­rio por ter nu­me­ro­sas ac­ti­vi­da­des— se­nón que ta­mén pro­mo­ven obra­doi­ros du­ran­te o res­to do ano. No co­lec­ti­vo hai mem­bros de di­fe­ren­tes xe­ra­cións.

FO­TO ÓS­CAR CE­LA

Re­crea­ción dun­ha má­moa a ta­ma­ño real, on­de es­ce­ni­fi­ca­ron o pa­sa­do ano o en­te­rra­men­to dun dos mem­bros da tri­bu ga­lai­ca.

FO­TO ÓS­CAR CE­LA

Du­ran­te o Ar­de Lu­cus ce­le­bran bo­das cas­tre­xas.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.