A tri­bo pre­rro­ma­na da cos­ta lu­cen­se

La Voz de Galicia (Viveiro) - Especial1 - - Los Primeros Castrexos -

A Aso­cia­ción Tir Na n’Òg é un­ha agru­pa­ción de re­crea­ción his­tó­ri­ca cas­tre­xa cen­tra­da en re­vi­vir o pa­sa­do do po­bo Na­ma­rino, un­ha tri­bo pre­ro­ma­na da cos­ta lu­cen­se.

Tir Na n’Òg é un­ha das aso­cia­cións máis lon­xe­vas do Ar­de Lu­cus, ce­le­bran­do o seu dé­ci­mo aniver­sa­rio es­te ano. Foi fun­da­da por un gru­po de ami­gos de en­tre 17 e 22 anos que le­va­ban va­rios anos par­ti­ci­pan­do na fes­ta. De fei­to, va­rios so­cios fun­da­do­res re­ci­bi­ron o Ci­vis Ho­no­ris por ter mon­ta­do o pri­mei­ro cam­pa­men­to do Ar­de Lu­cus. A aso­cia­ción foi fun­da­da pa­ra par­ti­ci­par de ma­nei­ra máis ac­ti­va nes­ta fes­ta. Co­me­zan­do de ce­ro e cun­ha agru­pa­ción for­ma­da com­ple­ta­men­te por es­tu­dan­tes, a aso­cia­ción ti­vo un­ha ori­xe humilde a ba­se do tra­ba­llo dos so­cios e as súas fa­mi­lias pa­ra fa­cer to­do a man. Des­pois de moi­to tra­ba­llo con­so­li­dan­do un­has ba­ses, os so­cios de­ci­di­ron cam­biar de di­rec­ción e ca­mi­ñar pou­co a pou­co ca­ra á re­crea­ción his­tó­ri­ca.

Du­ran­te o seu quin­to Ar­de Lu­cus o seu tra­ba­llo foi in­ter­rom­pi­do can­do un in­cen­dio le­vou por dian­te as súas es­tru­tu­ras e prac­ti­ca­men­te to­do o ma­te­rial que ti­ñan. Moi­tos dos so­cios per­de­ron per­ten­zas per­soais, in­cluín­do ob­xec­tos que ti­ñan per­ten­ci­do aos seus an­te­pa­sa­dos. O in­cen­dio su­pu­xo un gran es­trés pa­ra os so­cios, que se­gui­ron adian­te con to­das as ac­ti­vi­da­des pro­gra­ma­das pa­ra as que aín­da ti­ñan ma­te­riais dis­po­ñi­bles. Ca­be des­ta­car a xe­ne­ro­si­da­de dou­tras aso­cia­cións, que se im­pli­ca­ron pa­ra axu­dar a Tir Na n’Òg, com­par­tin­do a súa co­mi­da e be­bi­da ne­se Ar­de Lu­cus, fa­cen­do un­ha co­llei­ta de fon­dos e in­clu­so dei­xan­do que usa­ran as súas es­tru­tu­ras du­ran­te os anos vin­dei­ros. Gra­zas a es­ta axuda in­men­sa e es­pe­cial­men­te á te­na­ci­da­de dos Na­ma­ri­ni, a aso­cia­ción se­guiu a par­ti­ci­par no Ar­de Lu­cus e con­ti­nuou a me­llo­rar e a ofre­cer ac­ti­vi­da­des ca­da vez máis car­ga­das de his­to­ria.

Se al­go ca­rac­te­ri­za á aso­cia­ción é o es­pí­ri­to de me­llo­ra e tra­ba­llo du­ro dos seus so­cios. To­dos os as­pec­tos da re­crea­ción son con­ti­nua­men­te re­vi­sa­dos po­los Na­ma­ri­ni, o que im­pli­ca fa­cer un­ha in­ves­ti­ga­ción da li­te­ra­tu­ra pu­bli­ca­da so­bre no­vos acha­dos ou in­ter­pre­ta­cións. Nes­te sen­so te­ñen ca­bi­da des­de in­ves­ti­ga­cións so­bre a ce­rá­mi­ca cas­tre­xa ata a xe­né­ti­ca das ove­llas cria­das na épo­ca.

Os so­cios sem­pre es­tán dis­pos­tos a apren­der no­vas ha­bi­li­da­des. Os Na­ma­ri­ni te­ñen apren­di­do des­de a preparación de ali­men­tos e cer­ve­xa de ma­nei­ra his­to­ri­ca­men­te co­rrec­ta, á fa­bri­ca­ción de per­fu­mes ro­ma­nos se­guin­do a re­cei­ta ori­xi­nal, o te­ci­do en tear ver­ti­cal de ma­nei­ra to­tal­men­te ar­te­sa­nal, a fa­bri­ca­ción de re­des de pes­ca e in­clu­so de bar­cas de pes­ca fei­tas de vim­bio e pel. Pre­ci­sa­men­te es­tas bar­cas té­ñen­se con­ver­ti­do nun se­lo dis­tin­ti­vo da aso­cia­ción, non só en Lu­go se­nón in­clu­so no ám­bi­to in­ter­na­cio­nal da re­crea­ción his­tó­ri­ca.

Os so­cios es­tán ago­ra a in­cluír ou­tro as­pec­to da vi­da na épo­ca cas­tre­xa: a gue­rra. Pa­ra is­to prac­ti­can com­ba­te com­pe­ti­ti­vo non co­reo­gra­fia­do con ar­mas «Battle Ready» se­guin­do o exem­plo de agru­pa­cións dou­tros paí­ses das que al­gúns Na­ma­ri­ni son so­cios. Ata o mo­men­to, Tir na n’Òg é a úni­ca aso­cia­ción de Lu­go ca­paz de ofre­cer es­te ti­po de com­ba­te no la­do cas­tre­xo.

O co­lec­ti­vo re­co­lle a ma­nei­ra de vi­vir do po­bo Na­ma­ri­ni, tri­bo da Ma­ri­ña de Lu­go.

Un fras­co de per­fu­me ela­bo­ra­do por es­ta aso­cia­ción

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.