A vi­da co­tiá dos ro­ma­nos tra­la con­quis­ta

La Voz de Galicia (Viveiro) - Especial1 - - La Historia -

«La Cen­tu­ria, de­cu­ria, le­gio, scu­tum…» moi­tos son os ter­mos con víncu­los bé­li­cos que re­la­cio­na­mos can­do nos re­fe­ri­mos aos ro­ma­nos, pe­ro moi­tos mais son, ou fo­ron, ou­tros alleos a ese mun­do de gue­rra e que ho­xe moi­tos de nos des­co­ñe­ce­mos (ta­bu­lae, im­plu­vium, ac­tua­ri, apo­di­te­rium…).

Pax ro­ma­na xur­de pa­ra dar­lle pu­lo ao co­ñe­ce­men­to e a fa­mi­lia­ri­da­de con to­dos es­tes ter­mos, pa­ra ache­gar de ver­da­de a cul­tu­ra ro­ma­na e por su­pos­to pa­ra axu­dar a en­ten­der a eses «ro­ma­nos» co­mo un po­bo ci­vi­li­za­do que ás ve­ces foi eclip­sa­do po­lo fei­to de ter un dos maio­res po­ten­ciais mi­li­ta­res da his­to­ria. É es­ta vi­sión a que co­mo Aso­cia­ción Cul­tu­ral pa­ra a Di­vul­ga­ción e Re­crea­ción His­tó­ri­ca máis in­tere­sa a Pax Ro­ma­na.

O seu pro­xec­to vai en­ca­mi­ña­do a di­fun­dir as ta­re­fas e cos­tu­mes que mar­ca­ron e de­fi­ni­ron á ci­da­da­nía da épo­ca, in­cluín­do as cos­tu­mes so­ciais, or­ga­ni­za­ción po­lí­ti­ca, cren­zas re­li­xio­sas, téc­ni­cas ar­qui­tec­tó­ni­cas e de en­xe­ñe­ría, sis­te­ma edu­ca­ti­vo, mo­ne­ta­rio, pre­fe­ren­cias pa­ra o ocio, gas­tro­no­mía, ves­ti­men­ta, coida­do per­soal e da saú­de, sen por su­pos­to es­que­cer ó exer­ci­to, un ali­cer­ce bá­si­co da súa or­ga­ni­za­ción e cul­tu­ra.

O no­me da aso­cia­ción xur­de da Pax Ro­ma­na ou Pax Au­gus­ta (27 a.C. / 180 d.C.), co­mo pe­río­do ca­rac­te­ri­za­do po­lo de­sen­vol­ve­men­to cul­tu­ral e eco­nó­mi­co, a pa­ra­li­za­ción dos en­fron­ta­men­tos bé­li­cos e o en­ten­de­men­to en­tre os po­bos do im­pe­rio.

Os obra­doi­ros de Pax Ro­ma­na, se ben son cer­ta­men­te re­cen­tes no tem­po, xa te­ñen en­ti­da­de pro­pia no Ar­de Lu­cus. En­tre eles po­de­mos des­ta­car o Act­va­riI (es­cri­bán), que xun­to cos seus axu­dan­tes representarán aque­les as­pec­tos máis des­ta­ca­dos da co­mu­ni­ca­ción es­cri­ta du­ran­te o apo­xeo da cul­tu­ra ro­ma­na.

Amó­sa­se den­de a fa­bri­ca­ción do pa­pel (fei­to de pa­pi­ro) e o em­pre­go dou­tros so­por­tes ba­se pa­ra a ela­bo­ra­ción de tex­tos (ce­ra, ma­dei­ra, chum­bo,..), ata o uso das tin­tas e as ma­te­rias pri­mas em­pre­ga­das na súa ela­bo­ra­ción, e as fe­rra­men­tas de es­cri­tu­ra co­mo o sty­lus, as duc­tus, os ca­la­mos. Co­mo non, sen es­que­cer a pre­sen­ta­ción dos dis­tin­tos ti­pos ti­po­grá­fi­cos (ca­pi­ta­lis, mo­nu­men­ta­lis, un­cial) e as si­tua­cións nas que ca­da un de­les fo­ron em­pre­ga­dos xa que ca­da ti­po­gra­fía ti­ña un uso en do­cu­men­tos ofi­ciais, con­tra­tos pri­va­dos, acor­dos po­lí­ti­cos, en­si­nan­za… mos­trán­do­se do­cu­men­tos fac­sí­mi­les.

Ou­tro dos obra­doi­ros de Pax Ro­ma­na é o de acu­ña­ción de moe­das, cun pro­ce­so ma­nual e ar­te­sa­nal. Par­tin­do da idea de que Lu­cus Au­gus­ti foi a ce­ca na que se acu­ñou a moe­da co­ñe­ci­da co­mo Cae­tra, in­clui­ra­se a fun­di­ción do me­tal bru­to ata cam­biar o seu es­ta­do a li­qui­do, e un­ha vez aca­da­do es­te pri­mei­ro ob­xec­ti­vo se­gui­rá o pro­ce­so de ob­ten­ción do cos­pel e a súa trans­for­ma­ción final na moe­da, que ca­da ano ten un mo­ti­vo di­fe­ren­te. É de des­ta­car que o pú­bli­co po­de­rá fa­cer a súa pro­pia moe­da.

Ade­mais, hai obra­doi­ros de Pax Ro­ma­na per­mi­ten ao vi­si­tan­te ex­pe­ri­men­tar o pe­so da ar­ma­du­ra do le­xio­na­rio, e apren­der so­bre o seu ar­ma­men­to e cos­tu­mes, co­ñe­cer o pro­ce­so da ela­bo­ra­ción de xa­bón ar­te­sa­nal, co­ma un­ha es­cu­sa pa­ra sa­ber máis da hi­xie­ne ro­ma­na.

De­sen­vol­ven obra­doi­ros pa­ra en­si­nar co­mo era o día a día de Lu­cus Au­gus­ti

O gru­po apro­vei­ta a Pax Ro­ma­na pa­ra cen­trar­se na vi­da co­tiá ou nas re­la­cións cos po­bos con­qui­ta­dos.

FO­TO Ó.C.

Acu­ñan moe­da ro­ma­na.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.