“Te­ñen prio­ri­da­de os ve­ci­ños de Cervo pa­ra ac­ce­der á re­si­den­cia e ao cen­tro de día”

Al­fon­so Vi­lla­res Ber­mú­dez, al­cal­de de Cervo

La Voz de Galicia (Viveiro) - Especial1 - - News -

Al­fon­so Vi­lla­res Ber­mú­dez le­va á fron­te do Con­ce­llo de Cervo den­de o ano 2007. En­tre os pro­xec­tos des­tes anos de go­ber­nan­za, sa­lien­ta o Cen­tro de Día-Re­si­den­cia aberto en San Ci­prián en xu­llo co­mo un dos ser­vi­zos máis ne­ce­sa­rios e úti­les pa­ra a po­boa­ción do mu­ni­ci­pio, prin­ci­pal­men­te pa­ra os maio­res e as súas fa­mi­lias, que se po­den be­ne­fi­ciar dun­ha das 54 pra­zas de re­si­den­cia ou das 25 que se ofer­tan no cen­tro de día.

O pro­xec­to, na­do do im­pul­so da go­ber­nan­za lo­cal, re­ci­biu ta­mén un­ha im­por­tan­te in­xec­ción eco­nó­mi­ca da Xun­ta de Ga­li­cia, aín­da que a nor­ma­ti­va pa­ra o ac­ce­so ao mes­mo a es­ta­ble­ce­ron den­de a ca­sa con­sis­to­rial cer­ven­se, ao tra­tar­se dun ser­vi­zo mu­ni­ci­pal.

“Te­ñen prio­ri­da­de os ve­ci­ños de Cervo”, ase­gu­ra. Ese as­pec­to, xun­to coa crea­ción de em­pre­go que su­pón, son as dúas apos­tas for­tes que be­ne­fi­cian aos ve­ci­ños, ex­pli­ca o re­xe­dor.

-A pri­mei­ra idea de pór en mar­cha o pro­xec­to na­ceu do Con­ce­llo de Cervo...

Si, xa hai anos que se fa­lou do ser­vi­zo, pe­ro con­cre­ta­lo e le­va­lo adian­te le­vou o seu tem­po. É dis­tin­to ta­mén que o le­ve a ca­bo un­ha ad­mi­nis­tra­ción lo­cal que un­ha ins­ti­tu­ción máis gran­de.

Ob­via­men­te é a pri­mei­ra re­si­den­cia que abri­mos na no­sa his­to­ria e hou­bo que le­var a ca­bo moi­tas xes­tións. Ti­ve­mos que de­can­tar­nos por un­ha xes­tión in­di­rec­ta, pe­ro que es­tá sem­pre bai­xo a supervisión do Con­ce­llo de Cervo.

Es­ta­mos fa­lan­do dun ser­vi­zo pú­bli­co que vai ad­mi­nis­trar un­ha em­pre­sa, nes­te ca­so Men­sa­je­ros de la Paz, que saiu ad­xu­di­ca­ta­ria nun con­cur­so pú­bli­co. No con­cur­so pú­bli­co ha­bía un­has ba­ses e po­dían par­ti­ci­par to­das as em­pre­sas que así o qui­xe­ran.

Nes­te ca­so fi­xé­rono ca­tro e a ad­xu­di­ca­ción re­caeu en Men­sa­je­ros de la Paz. Un­ha vez em­pe­zou a fun­cio­nar, que le­va­mos ca­se mes e me­dio, ve­mos que es­tá in­do to­do co­rrec­to. É moi po­si­ti­vo ver que to­do vai ben.

-Aín­da así, pa­ra o fun­cio­na­men­to do cen­tro, hai un apor­te fi­nan­cei­ro da Xun­ta de Ga­li­cia.

Si, hai que agra­de­cer a quen fi­nan­cia que é a Xun­ta de Ga­li­cia, en con­cre­to á Con­se­lle­ría de Po­lí­ti­ca So­cial. Son 2,1 mi­llóns de eu­ros os que apor­tou a Xun­ta pa­ra a pos­ta en fun­cio­na­men­to des­te cen­tro.

Des­de o Con­ce­llo de Cervo, ade­mais, fí­xo­se un­ha apos­ta cla­ra nun te­ma moi im­por­tan­te que é o do ac­ce­so das per­soas cen­sa­das aquí. Es­te cen­tro es­tá fó­ra do Con­sor­cio Ga­le­go de Ser­vi­zos de Igual­da­de e Be­nes­tar, que le­va moi­tas das re­si­den­cias pú­bli­cas da no­sa co­mu­ni­da­de, e ten un­ha ex­pli­ca­ción.

Os que es­tán na re­de do con­sor­cio de Po­lí­ti­ca So­cial da Xun­ta ad­mi­ten as per­soas se­xan de on­de se­xan, de cal­que­ra pun­to da xeo­gra­fía ga­le­ga, aten­den­do á de­pen­den­cia que te­ñan e a se hai pra­za li­bre ou non hai pra­za li­bre. Con ese mé­to­do, é máis di­fí­cil o ac­ce­so das per­soas re­si­den­tes no mu­ni­ci­pio.

A re­si­den­cia de San Ci­prián, aín­da que é fi­nan­cia­da pola Xun­ta, es­tá fó­ra do con­sor­cio, e po­lo tan­to pui­de­mos es­ta­ble­cer as nor­mas pa­ra en­trar ne­la.

Des­de o pri­mei­ro mo­men­to a apos­ta foi que fo­ra un cen­tro e un ser­vi­zo de aten­ción a per­soas maio­res, a per­soas en si­tua­ción de de­pen­den­cia e que cu­bri­ra so­bre to­do as ne­ce­si­da­des dos no­sos ve­ci­ños. Iso tí­vo­se en con­ta in­clu­so un­ha vez se apro­ba­ron esas nor­mas de ac­ce­so.

Ne­sas nor­mas de ac­ce­so te­ñen prio­ri­da­de os ve­ci­ños de Cervo. Un­ha das nor­mas fai re­fe­ren­cia a es­tar cen­sa­do no Con­ce­llo. Atén­de­se ta­mén á an­ti­güi­da­de no po­bo. En se­gun­do lu­gar, a se se ten fa­mi­lia­res na vi­la ou ou­tros vincu­los con Cervo.

In­ten­ta­mos ir po­lo me­llor ca­mi­ño po­si­ble. Que es­tea fó­ra des­te Con­sor­cio Ga­le­go de Ser­vi­zos de Igual­da­de e Be­nes­tar non que­re di­cir que as per­soas da­quí que te­ñan ne­ce­si­da­des eco­nó­mi­cas non as te­ñan cu­ber­tas. A Xun­ta cu­bre to­das esas ne­ce­si­da­des eco­nó­mi­cas.

-Por que se es­co­lleu ese em­pra­za­men­to?

O em­pra­za­men­to ta­mén é al­go a ter en con­ta, xa que es­tá no cen­tro do po­bo pe­ro con moi­to lu­gar e es­pa­zo pa­ra pa­sear. Ten un­has vis­tas es­plén­di­das ao Can­tá­bri­co, es­tá cer­ca de ins­ta­la­cións de­por­ti­vas...

É di­cir, non é un cen­tro en­claus­tra­do no me­dio dun po­bo. Es­tá no cen­tro, pe­ro é un lu­gar moi aberto, nun­ha zo­na moi tran­qui­la, e ten o cen­tro de saú­de xus­to en­fren­te.

Bus­cou­se un­ha ubi­ca­ción moi boa pa­ra o cen­tro, xa que vai es­tar ocu­pa­do por moi­tas per­soas, e por iso se de­ci­diu que o seu lu­gar pa­ra vi­vir es­tea nun dos me­llo­res si­tios da lo­ca­li­da­de de San Ci­prián.

-Exis­te un­ha ne­ce­si­da­de des­te ti­po de cen­tros, ta­mén no Con­ce­llo de Cervo.

Es­tá cla­ro que exis­te un­ha ne­ce­si­da­de des­te ti­po de cen­tros. Ven­do a po­boa­ción, e iso que es­ta­mos nun con­ce­llo in­dus­tria­li­za­do.

Ca­se o 30 % da po­boa­ción de Cervo ten 65 anos ou máis. Foi ta­mén esa cir­cuns­tan­cia a que nos fi­xo dar o pa­so pa­ra apoiar es­ta es­tru­tu­ra e pa­ra bus­car o fi­nan­cia­men­to ne­ce­sa­rio. É un gran lo­gro e un gran ser­vi­zo.

-Cal é a ocu­pa­ción ac­tual­men­te?

Che­ga­mos ca­se ao 70 % das pra­zas ocu­pa­das. In­do ao rit­mo que vai, creo que es­ta­rán to­das cu­ber­tas ra­pi­da­men­te. Fi­xe­mos un­ha cam­pa­ña de in­for­ma­ción gran­de pa­ra os ve­ci­ños, pa­ra que ti­ve­ran su­fi­cien­te tem­po pa­ra pen­sar ben to­do, no ca­so de que­rer ac­ce­der a es­te ser­vi­zo.

É un cen­tro que imos ter aí sem­pre, que vai es­tar á dis­po­si­ción dos cer­ven­ses sem­pre.

-A pos­ta en mar­cha des­te ser­vi­zo per­mi­tiu a crea­ción de postos de tra­ba­llo. ¿Co­mo va­lo­ra es­te as­pec­to?

É moi im­por­tan­te tan­to a ofer­ta de tra­ba­llo co­mo a di­na­mi­za­ción da eco­no­mía lo­cal

É al­go moi im­por­tan­te. Así o re­flec­ti­mos ta­mén no fo­lle­to que lles re­par­ti­mos aos ve­ci­ños no seu mo­men­to.

Re­par­ti­mos esa in­for­ma­ción a to­das as ca­sas, a to­das as fa­mi­lias do mu­ni­ci­pio, pa­ra que co­ñe­ce­sen o ser­vi­zo que ha­bía. Pa­ra nós a súa aper­tu­ra é un mo­men­to cla­ve e fun­da­men­tal. Un­ha vez fi­xe­mos eses fo­lle­tos xa in­di­ca­mos nel o ser­vi­zo que se ofre­cía e ta­mén as opor­tu­ni­da­des la­bo­rais que se crea­ron no con­torno des­te cen­tro.

É moi im­por­tan­te tan­to a ofer­ta de tra­ba­llo co­mo a di­na­mi­za­ción da eco­no­mía lo­cal. Vai­se mo­bi­li­zar a eco­no­mía lo­cal de dis­tin­tos sec­to­res. É un lo­gro moi gran­de en to­dos os sen­ti­dos.

-No seu mo­men­to xa hou­bo un pro­xec­to de re­si­den­cia nes­te con­ce­llo, aín­da que cen­tra­do en aten­der a per­soas con en­fer­mi­da­des men­tais.

Ago­ra fa­la­mos des­te pro­xec­to, que é pro­pio do Con­ce­llo de Cervo, pe­ro no seu mo­men­to ta­mén lle di­mos apoio á Uni­da­de Re­si­den­cial da Aso­cia­ción de Axu­da ao En­fer­mo Men­tal A Ma­ri­ña, que se ato­pa na Sen­ra.

Se­gui­mos adian­te coa pro­pos­ta da súa di­rec­ción na­que­la épo­ca, da xa fa­le­ci­da Iris Castro, que que­ría que es­te cen­tro es­ti­ve­se en Cervo. Fi­xe­mos to­dos os trá­mi­tes ne­ce­sa­rios (ad­mi­nis­tra­ti­vos, nor­ma­ti­vos, ur­ba­nís­ti­cos...) pa­ra que ese cen­tro ta­mén saí­ra adian­te.

Ese pro­xec­to ta­mén o ti­ve­mos que ver den­de un pun­to de vis­ta de axi­li­za­ción dos trá­mi­tes de axu­das e ta­mén coas li­cen­zas, que as pa­ga­ron pe­ro lo­go ti­ve­ron un­ha sub­ven­ción, po­lo que lles saí­ron sen cus­to nin­gún.

Foi un­ha axu­da que lle pres­tou o Con­ce­llo pa­ra que es­te cen­tro es­ti­ve­ra ac­ti­vo. No mes­mo mo­men­to es­ta­ba­mos nós xa tra­ba­llan­do con es­te cen­tro de día-re­si­den­cia de San Ci­prián.

Ago­ra ve­xo eses pri­mei­ros pla­nes que ti­ña­mos de am­bos os dous cen­tros e dou­me con­ta de que o con­se­gui­mos. Con­se­gui­mos que es­tean fun­cio­nan­do am­bos. Es­tán apor­tan­do tra­ba­llo, es­tán pres­tan­do un ser­vi­zo ás per­soas.

É un exem­plo da xes­tión que fa­ce­mos, ben se­xa con ini­cia­ti­vas no­sas ou con ini­cia­ti­vas dou­tras per­soas ou aso­cia­cións. O que que­ría­mos é que saí­ran adian­te e que non que­da­ran no Con­ce­llo co­ma un pa­pel máis.

-Hai al­gún pro­xec­to máis den­de a Con­ce­lle­ría de Ser­vi­zos So­ciais e Igual­da­de?

Des­de o Con­ce­llo vai­se in­ten­tar axi­li­zar o pro­ce­so de dar axu­das de li­bran­zas vin­cu­la­das ao cen­tro de día-re­si­den­cia. É un­ha axu­da da Xun­ta de Ga­li­cia, que ade­mais po­de che­gar ata os 700 eu­ros en fun­ción do grao de de­pen­den­cia e da ca­pa­ci­da­de eco­nó­mi­ca da per­soa usua­ria. Un­ha pra­za na no­va re­si­den­cia po­de­ría saír­lles fi­nal­men­te ao re­dor de 500 eu­ros.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.