«Moi­tos non nos co­ñe­cían an­tes de ha­ber Moex­mu»

La Voz de Galicia (Viveiro) - Especial2 - - Mostra Exposición En Muimenta -

Da­niel Po­llán cre que a fei­ra dá tra­ba­llo, pe­ro non su­pón un­ha es­pe­cial di­fi­cul­ta­de po­la es­tru­tu­ra de or­ga­ni­za­ción que se foi crean­do. «Con [José Ma­nuel] Rus co­mo xe­ren­te, é moi doa­do; teno to­do or­ga­ni­za­do: cha­man os ex­po­si­to­res, chá­maos el... Nós re­par­ti­mos a lo­ta­ría, os fo­lle­tos... Es­te ano, pa­ra as obras no re­cin­to fei­ral, ti­ve­mos tra­ba­lla­do­res do Con­ce­llo. O di­fí­cil non é a fei­ra; o di­fí­cil é le­var a or­ga­ni­za­ción», di.

—Can­to lle deu a Mui­men­ta a fe­ria?

—Moi­ta xen­te non co­ñe­cía Mui­men­ta. A xen­te no­va (so­rrí) si a co­ñe­cía po­la [Dis­co­te­ca] Her­mo. Os días an­te­rio­res á fei­ra hai un mo­ve­men­to que non é ha­bi­tual; e na fei­ra, xa ves: a to­pe. O ma­lo é non po­der fa­cer máis ac­ti­vi­da­des. Ago­ra imos fa­cer a Fes­ta da Fi­lloa; al­gún ano fí­xo­se a fei­ra do co­che usa­do... To­do o que se­xa dar vi­da a un­ha vi­la é fa­vo­ra­ble.

—Can­do se co­me­zou a fei­ra, hai xa máis de trin­ta anos, po­día­se ima­xi­nar que se aca­da­ría es­te ni­vel?

—Non. Fa­lou­se cun­has ca­sa co­mer­ciais, mon­tá­ron­se uns pen­de­llos e pou­co máis. Pe­ro ti­vo tan­to éxi­to que se aca­bou por com­prar os te­rreos e a Xun­ta fi­xo as na­ves do gan­do. Nin­guén pen­sa­ba nis­to, por su­pos­to.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.