O sol de me­dia­noi­te

Amo­sar a pai­xón po­lo as­tro rei con­vi­ve nas fes­tas de Gui­ti­riz coa hon­ra ao pa­trón da vi­la

La Voz de Galicia (Viveiro) - Especial2 - - Fiestas En Guitiriz - XO­SÉ AN­TÓN CASCUDO

As ori­xes da fes­ta que ho­xe en día co­ñe­ce­mos co­mo San Xoán afún­den­se no prin­ci­pio dos tem­pos, xur­diu sen dú­bi­da po­la fas­ci­na­ción que exer­cían os enig­má­ti­cos me­ca­nis­mos que pro­pi­cia­ban o pa­so das te­bras á luz (e vi­ce­ver­sa) na­que­les an­te­pa­sa­dos no­sos que aín­da non eran ca­pa­ces de ca­mi­ñar to­tal­men­te er­gui­dos.

O sols­ti­cio de ve­rán sig­ni­fi­ca­ba o trán­si­to a un­ha cli­ma­to­lo­xía máis be­nig­na on­de a na­tu­re­za ofre­cía a me­llor ver­sión de si mes­ma: opu­len­cia nun mun­do de pri­va­cións.

Sen evi­den­cias cien­tí­fi­cas aque­les pri­mei­ros ho­mí­ni­dos tra­ta­ron de ex­pli­car o cos­mos apli­can­do cri­te­rios as­tro­ló­xi­cos, es­ta­ble­cen­do un­ha re­la­ción coa reali­da­de en múl­ti­ples ni­veis, trans­fi­gu­rán­doa en pin­tu­ras ru­pes­tres e mi­ti­gan­do os me­dos a tra­vés de cruen­tos sa­cri­fi­cios ou me­dian­te o es­bo­zo das pri­mei­ras ora­cións. Nes­tes ri­tuais que com­par­ten nu­me­ro­sas cul­tu­ras se­me­lla exis­tir un ne­xo co­mún, a pre­sen­cia do lu­me, tal­vez por­que des­de que foi do­mes­ti­ca­do a súa po­se­sión sig­ni­fi­ca­ba a su­per­vi­ven­cia, tra­tá­ba­se po­lo tan­to dun ben sa­gra­do.

Mi­llei­ros de anos des­pois, de­sas ex­pe­rien­cias abi­sais ape­nas con­ser­va­mos o ton ce­ri­mo­nial; as ne­ce­si­da­des e o te­mor an­te o des­co­ñe­ci­do mu­da­ron en es­pec­tácu­lo lú­di­co. E co­mo ani­mais de cos­tu­mes fi­xas, que adoi­ta­mos rea­li­zar as cou­sas por mí­me­se, re­súl­ta­nos na­tu­ral con­ti­nuar un­ha tra­di­ción aín­da que se­xa rein­ter­pre­tan­do con­ti­nen­te e con­ti­do.

Por iso aí se­gui­mos a ca­rón da fo­guei­ra, chei­ran­do a fu­me e a sar­di­ña asa­da, es­for­zán­do­nos por sal­tar as la­pas máis al­tas pa­ra es­pan­tar os ma­los au­gu­rios. Por­que en reali­da­de tam­pou­co nos di­fe­ren­cia­mos tan­to da­que­les ar­tis­tas das ca­ver­nas que ex­pre­sa­ban os seus an­he­los máis pro­fun­dos.

No pre­sen­te o sols­ti­cio do ve­rán ta­mén mar­ca un pun­to de in­fle­xión, per­deu­se a re­la­ción ín­ti­ma de sécu­los co ci­clo dos tra­ba­llos e dos días das so­cie­da­des agra­rias, e o ri­to do lu­me no­vo en­tron­ca cos há­bi­tos ad­qui­ri­dos po­los rit­mos de vi­da do no­so tem­po: as pa­rén­te­ses que nos brin­da a con­di­ción de asa­la­ria­dos, ou a con­clu­sión do ano aca­dé­mi­co. En de­fi­ni­ti­va, ne­sa de­rra­dei­ra se­ma­na de xu­ño to­do se pre­pa­ra pa­ra que a luz anegue os es­ce­na­rios que eli­xi­mos pa­ra go­zar do no­so lecer.

En Gui­ti­riz, des­pois de es­ce­ni­fi­car a pai­xón po­lo as­tro rei, pro­se­gue a fes­ta du­ran­te va­rias xor­na­das máis, hon­ran­do o no­me do pa­trón da vi­la. E co­mo gran par­te des­tas ma­ni­fes­ta­cións no res­to de Ga­li­cia, o San Xoán evo­lu­cio­nou (apoia­do po­la me­llo­ra das vías de co­mu­ni­ca­ción e a xe­ra­li­za­ción no uso do au­to­mó­bil) des­de un­ha fes­ti­vi­da­de ba­sea­da nos fas­tos re­li­xio­sos, nas me­ren­das cam­pes­tres e na mú- sica de rai­ga­me po­pu­lar, ca­ra un­ha ce­le­bra­ción máis fa­mi­liar, e qui­zais ta­mén máis asép­ti­ca, mar­ca­da en gran me­di­da po­la mú­si­ca en­la­ta­da das or­ques­tras e a ofer­ta de ocio des­do­bra­da en­tre a ver­be­na e os nu­me­ro­sos lo­cais noc­tur­nos.

Pa­ra a xe­ra­ción que me­drou a ca­ba­lo en­tre os oi­ten­ta e os no­ven­ta (da cal for­mo par­te con orgullo) o San Xoán cons­ti­tuía un­ha ci­ta ile­lu­di­ble, pois si­na­lá­ba­nos o ini­cio de lon­gos me­ses de es­tío.

Se ti­ve­se que des­cri­bir as ima­xes e as sen­sa­cións so­no­ras que gar­do na me­mo­ria da­que­les anos que­da­ría coa cu­rio­si­da­de que me sus­ci­ta­ba na in­fan­cia co­mo a xen­te vi­vía os seus mo­men­tos de es­pe­re­xe­men­to, de for­ma es­pe­cial o bai­le e o flir­teo (e men­tres re­me­mo­ro is­to ecoa nos meus oí­dos a fu­sión de sons do cam­po da fes­ta, que hi­bri­da­ban a tra­di­ción do pa­so­do­bre e do cha­cha­chá con rá­fa­gas de mú­si­cas con arre­cen­do a sin­te­ti­za­dor); o pu­dor da ne­nez dei­xou pa­so á abrup­ta con­quis­ta da li­ber­da­de ado­les­cen­te, e a un trán­si­to á xu­ven­tu­de mar­ca­do po­la noc­tur­ni­da­de e cer­ta alei­vo­sía, coa ban­da so­no­ra de em­ble­má­ti­cos lo­cais co­mo o Soa e o Deivy.

E in­va­ria­ble­men­te, ano tras ano, sem­pre nos sor­pren­día a mes­ma es­tam­pa, á noi­te máis cur­ta su­ce­día un in­men­so amen­cer.

Por cer­to, vol­ve o ve­rán, e xa es­tá o amor flo­tan­do no ai­re. Saian á rúa, non desapro­vei­ten a oca­sión.

Se­gui­mos a ca­rón da fo­guei­ra, chei­ran­do a fu­me e a sar­di­ña asa­da

O pu­dor da ne­nez dei­xou pa­so á abrup­ta con­quis­ta da li­ber­da­de

FO­TO SU­SO PE­NA

As sar­di­ñas asa­das son par­te im­pres­cin­di­ble da fes­ta coa que se re­ci­be o ve­rán

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.