Cul­tu­ra

Fé­lix Villares Mou­tei­ra

La Voz de Galicia (Viveiro) - Especial2 - - Portada -

Do mar po­la ore­la mi­rei­na pa­sar, na fron­te un­ha es­tre­la, no bi­co un can­tar.

Así co­me­za o poe­ma, ti­tu­la­do A Ro­sa­lía, que lle de­di­cou Ma­nuel Cu­rros En­rí­quez á Can­to­ra do Sar co gallo do seu pa­sa­men­to. O de­rra­dei­ro ver­so de­sa es­tro­fa, “no bi­co un can­tar”, dá­lle no­me a un­ha ac­ti­vi­da­de li­te­ra­ria, mu­si­cal e ta­mén tu­rís­ti­ca que or­ga­ni­zan o Consello da Cul­tu­ra Ga­le­ga e a Con­se­lle­ría de Cul­tu­ra, Educación e Or­de­na­ción Uni­ver­si­ta­ria da Xun­ta de Ga­li­cia, coa co­la­bo­ra­ción nes­ta edi­ción do Con­ce­llo de Mon­do­ñe­do. O pa­sa­do día dous de xu­ño ce­le­brou­se a V edi­ción de No bi­co un can­tar que ti­vo lu­gar no mar­co in­me­llo­ra­ble da Pra­za da Ca­te­dral de Mon­do­ñe­do. Co­mo se di no fo­lle­to edi­ta­do para es­te fin: “Acó­lle­nos ho­xe un­ha das se­te ca­pi­tais do an­ti­go Reino de Ga­li­cia, a som­bra do Bos­que de Sil­va, a can­ti­ga ri­sei­ra da Fon­te Ve­lla, o si­len­cio in­mó­bil da Pon­te do Pa­sa­tem­po, o fluír que vai e non re­gre­sa do ba­rrio dos Muí­ños, es­ta ´´cun­qui­ña de­lei­to­sa on­de to­do fro­le­ce, e to­do medr´´, ri­ca en pan, en au­ga e en la­tín, que é Mon­do­ñe­do”. As an­te­rio­res edi­cións de No bi­co un can­tar ti­ve­ron lu­gar en San­tia­go de Com­pos­te­la on­de can­ta­ron os ver­sos de Ro­sa­lía de Cas­tro; en Ce­la­no­va, os de Cu­rros En­rí­quez; en Cam­ba­dos, os de Ra­món Ca­ba­ni­llas, e en Cangas, os dos poe­tas me­die­vais. Nes­ta edi­ción can­ta­ron aos poe­tas min­do­nien­ses: Al­va­ro Cun­quei­ro, No­rie­ga Varela, Díaz Já­co­me, Lei­ras Pul­pei­ro e Aqui­lino Igle­sia Al­va­ri­ño, para re­ma­tar con Ro­sa­lía de Cas­tro. De Ál­va­ro Cun­quei­ro in­ter­pre­ta­ron o poe­ma Quen poi­de­ra na­mo­ra­la mu­si­ca­do por Luís Emi­lio Ba­ta­llán; de No­rie­ga Varela, As fro­li­ñas dos to­xos con mú­si­ca de Eduard Tol­drá; de Díaz Já­co­me, mu­si­ca­do por A. Paz Val­ver­de, O neno dor­mía; de Ma­nuel Lei­ras Pul­pei­ro, con mú­si­ca de Ni­co Casal, o poe­ma ¡Non o sei!; de Aqui­lino Igle­sia Al­va­ri­ño, Ne­niae, mu­si­ca­do ta­mén por Ni­co Casal, por úl­ti­mo, Maio lon­go de Ro­sa­lía de Cas­tro, con mú­si­ca de Xosé Val­do­mir. Cóm­pre si­na­lar que as dúas pezas com­pos­tas por Ni­co Casal en­tre­áron­se ese día en Mon­do­ñe­do. Os prin­ci­pais in­tér­pre­tes fo­ron os pre­to de cin­co­cen­tos ne­nos e ne­nas per­ten­cen­tes aos CMUS Pro­fe­sio­nais da Co­ru­ña, Fe­rrol, Lugo, Ou­ren­se, Pon­te­ve­dra, San­tia­go de Com­pos­te­la, Vi­go e Vi­vei­ro, ao Co­ro An­ge­les de Com­pos­te­la da Es­co­la­nía da Ca­te­dral de San­tia­go de Com­pos­te­la, ao Co­ro de ne­nos da Or­ques­tra Sin­fó­ni­ca de Ga­li­cia e á es­co­la de mú­si­ca municipal “O Pa­lla­re­go” de Mon­do­ñe­do. Acom­pa­ña­ron ós ne­nos e ás ne­nas o quin­te­to Her­cu­les Brass for­ma­do por Ale­jan­dro Vázquez (trom­pe­ta), Víc­tor Ma­nuel Vi­la­ri­ño (trom­pe­ta), Ja­vier Gon­zá­lez (trom­pa), Es­te­ban Méndez (trom­bón) e Rodrigo Ro­drí­guez (tu­ba). Nes­ta oca­sión ac­tuou co­mo con­vi­da­do Pa­blo Fer­nán­dez Guz­mán (trom­pa). Eles sós to­ca­ron un­has pezas: Ga­lliard Bat­ta­glia de S. Scheudt, To­ca­ta e Fu­ga en Re m, J. S. Bach e Fan­fa­rria Rhap­to­sod­ya Nº 1 de P. Du­kas/J. Vi­cei­ro. To­dos bai­xo a di­rec­ción de Ma­xi­mino Zu­ma­la­ve, ac­tuan­do co­mo man­te­do­ra Rosa Anei­ros. Ese día dous de xu­ño po­de­mos di­cir que Mon­do­ñe­do con­ver­teu­se na ca­pi­tal ga­le­ga da mú­si­ca e da poe­sía. Co­mo se di no fo­lle­to de pre­sen­ta­ción do con­cer­to: “A súa poe­sía dei­xa­ra­nos na bo­ca un sa­bor do­ce co­ma o pan e fres­co co­mo a au­ga. Por­que, xao­ra, es­ta­mos en Mon­do­ñe­do. Aquí, on­de o ga­ti­pe­dro, a prin­ce­sa Xi­la, Sin­bad, Uli­ses, Mer­lín e Ores­tes pa­sean fa­lan­guei­ros can­da cre­gos, fei­ran­tes, men­ci­ñei­ros e ou­tra xen­te de aquí e de aco­lá. Ta­mén eles sentirán os cen­tos de ne­nos e ne­nas can­tar nun­ha soa voz para lo­grar que Ga­li­cia du­re mil pri­ma­ve­ras máis”. E así foi. A pró­xi­ma edi­ción de No bi­co un can­tar vai ter lu­gar o pri­mei­ro ven­res do mes de xu­ño de 2018 en Be­tan­zos.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.