Axen­da

La Voz de Galicia (Viveiro) - Especial2 - - Portada -

VIXILIA DE ORA­CIÓN PO­LA PAZ

O día 3 de xu­llo, cúm­pre­se un mes do aten­ta­do en Lon­dres, no que en­tre ou­tras per­soas per­día a vi­da Ig­na­cio Eche­ve­rría, que du­ran­te a súa infancia vi­viu en As Pon­tes. Con tal mo­ti­vo, ce­le­bra­ra­se un­ha Vixilia de ora­ción po­la paz, na que par­tin­do da me­mo­ria do va­len­te ac­to de en­tre­ga de Ig­na­cio, se vai orar para que ce­se to­da vio­len­cia no mun­do e mes­mo que to­do odio se­xa su­pe­ra­do po­lo per­dón e a re­con­ci­lia­ción. A Vixilia co­me­za­rá ás 21:00h na Igre­xa de No­sa Se­ño­ra da Luz do Po­boa­do das Vei­gas de As Pon­tes, pre­si­di­da po­lo Bis­po da dio­ce­se, P. Luis Angel de las Heras,

XORNADA DE RES­PON­SA­BI­LI­DA­DE NO TRÁ­FI­CO

Co gallo da fes­ta de San Cris­to­vo (10 de xu­llo), pa­trono dos au­to­mo­bi­lis­tas, vai ter lu­gar o do­min­go dous de xu­llo a Xornada de Res­pon­sa­bi­li­da­de no Trá­fi­co, nes­te ano 2017, co le­ma “Loa­do Se­xas ta­mén, meu Se­ñor, po­los me­dios de trans­por­te”. Or­ga­ni­za a De­le­ga­ción dio­ce­sa­na de Pas­to­ral da Es­tra­da.

CAM­PA­MEN­TO DIO­CE­SANO

Un ano máis o Co­lec­ti­vo Cam­pa­men­to Dio­ce­sano de Mon­do­ñe­do-Fe­rrol, coa co­la­bo­ra­ción da De­le­ga­ción dio­ce­sa­na de Infancia e Xu­ven­tu­de, or­ga­ni­za un­ha quen­da de cam­pa­men­to que vai ter lu­gar do vin­te e un ó trin­ta e un de xu­llo no mar­co do Se­mi­na­rio San­ta Ca­ta­ri­na de Mon­do­ñe­do. Es­ta quen­da es­tá aber­ta ós na­ci­dos e na­ci­das en­tre 1999 e 2008. Cóm­pre si­na­lar que es­ta quen­da de cam­pa­men­to es­ta­se a or­ga­ni­zar des­de o ano 1978.

DÍA DE SAN­TIA­GO

A fes­ta de San­tia­go, que se ce­le­bra, co­mo to­do o mun­do sa­be, o día vin­te e cin­co de xu­llo, é un­ha das máis tra­di­cio­nais de Ga­li­cia. Es­te Após­to­lo é o pa­trono de duas­cen­tas se­ten­ta e se­te pa­rro­quias en to­do o no­so país. É a ter­cei­ra ad­vo­ca­ción con máis pa­rro­quias, des­pois da Vir­xe María (791) e San Pe­dro (322)

FES­TA DE NO­SA SE­ÑO­RA

O quin­ce de agos­to ce­lé­bra­se a fes­ta da Asun­ción da Vir­xe María ós ceos, fes­ta co­ñe­ci­da po­pu­lar­men­te co­mo o Día de No­sa Se­ño­ra. Pó­de­se afir­mar, sen me­do a equi­vo­car­se, que ese día Ga­li­cia ar­de en fes­tas po­los ca­tro cos­ta­dos.

FES­TA DE NO­SA SE­ÑO­RA DOS RE­ME­DIOS EN MON­DO­ÑE­DO

O San­tua­rio, en Mon­do­ñe­do, de No­sa Se­ño­ra dos Re­me­dios vai aco­ller o día dez de se­tem­bro a fes­ta da pa­tro­na de dio­ce­se de Mon­do­ñe­do-Fe­rrol. Co­mo é ben sa­bi­do, ca­da ano fai a ofren­da un dos con­ce­llos dos an­ti­gos Par­ti­dos Xu­di­ciais da dio­ce­se. Es­te ano tó­ca­lle ó con­ce­llo de Mon­do­ñe­do. Moi­tos son os ro­mei­ros, que se ache­gan ó san­tua­rio min­do­nien­se, pro­ce­den­tes da Ma­ri­ña, da Te­rra Chá e mes­mo de As­tu­rias. Du­ran­te os no­ve días an­te­rio­res ten lu­gar a no­ve­na que é moi con­cu­rri­da.

ROMARÍA DE SAN COSME DA MONTAÑA

Co­mo é tra­di­cio­nal, ca­da vin­te e se­te de se­tem­bro, a igre­xa pa­rro­quial de San Mar­ti­ño de Gal­gao aco­lle a cen­tos de ro­mei­ros, que, des­de dis­tin­tos pun­tos Ga­li­cia e mes­mo de As­tu­rias, aco­den a hon­rar a San Cosme para dar­lle gra­cias po­lo fa­vo­res re­ci­bi­dos e para re­ci­bir no­vas gra­cias. Ó lon­go da ma­ñá ce­le­bra­ran­se va­rias mi­sas. Es­ta é un­ha romaría que foi can­ta­da por va­rios poe­tas: Lei­ras Pul­pei­ro, Per­nas Nie­to...

DÍA DO DOMUND

O pe­núl­ti­mo do­min­go de ou­tu­bro, es­te ano o día vin­te e dous, ce­lé­bra­se a Xornada do Domund na que se re­cor­da o de­ber mi­sio­nei­ro dos cren­tes. O le­ma des­te ano é: “Se va­len­te, a mi­sión es­pé­ra­te”. Or­ga­ni­za a De­le­ga­ción dio­ce­sa­na de Obras Mi­sio­nais Pon­ti­fi­cias.

Newspapers in Spanish

Newspapers from Spain

© PressReader. All rights reserved.